Hoxe: O pendente (Ponteceso, 1991)
- Ramón, temos que falar moi en serio.
- Que pasa? Quen morreu?
- Viches a Monchiño?
- Si, muller, como non ía a velo se comemos xuntos...
- E non te fixaches?
- En que?
- En que levaba un pendente na orella!
- Como un pendente? Un pendente de muller?
- E logo hainos de home?
- Xa, coño. Pois non, non me fixei.
- E que facemos agora?
- Tranquila, Fina. Xa sabes que é unha moda. Levan pendente ata os actores e escritores.
- Si, e os drogadictos tamén. A saber con quen andará o noso Monchiño. Xa o notaba eu raro e hoxe, o do pendente. Ai, Deus querido!
- Non esaxeres, Fina, que estás facendo unha traxedia dun ariño na orella.
- Ti tómao a risa, que así empezou o fillo de Petra e mira como acabou...
- Pero que terá que ver un rapaz sen pai e coa nai alcohólica con Moncho?
- Xa, que ti cres que todos os drogadictos son fillos da miseria...
- Pero Fina, unha cousa é a droga e outra é a moda.
- Pois a droga está de moda tamén. Ou non les as estatísticas sobre os mozos que se drogan, case a metade ou algo así...
- Como vai ser a metade, muller? Sería unha enquisa nas cárceres!
- Ramón, eu xa o notei raro hai días. Nunca se pechara na habitación e agora si. E esa música tan rara...
- Ó mellor habería que ollar no seu cuarto.
- Xa o fago a diario, pero non atopei nada estraño. Só dúas revistas porcas e un almanaque de mulleres.
- Pois logo tranquila que non debe ser nada.
- Si, home, como se non soupese el que podo rastrexa-lo seu cuarto de arriba a abaixo. Non ía ter as xiringas a vista...
- Pero que bruta eres, Fina! Pasas de un pendente a unha xiringa coma nada! Que terá que ver!
- Meu Monchiño, con catorce aniños. Co tranquilos que estabamos cando ía ó colexio. Pero claro, no instituto, quen o controla?
- Sabes ben que o de Ponteceso é un dos de mellor sona. E o neno semella sensato. Atopaches tabaco ou mistos na habitación?
- Non, paréceme que non fuma.
- Pois bo sinal.
- Que fará os venres e sábados, que chega ás tantas cando o ano pasado había que botalo da casa?
- Imos ver: anda con Paco, con Toñito, e ...con quen máis?
- O chama moito un tal Eduardo.
- Víchelo algunha vez?
- Non, pero por como fala nótase moi maduro. Non como Toñito, que só pensa nos cómics. E Paco ben sei eu que é boa xente. Coñecemos ós pais e diríannos algo de notar cousas raras.
- Teño que falar con Moncho.
- Pero non lle rifes, que sabes o xenio que ten.
- E por que ei de rifarlle? Por unha merdiña de ferro na orella?
- Falando do rei de Roma...
- Ola!
- Boas, Moncho.
- Pero que pachanga estades a ver?
- Nin caso lle faciamos.
- Séntate, que vou á cociña a prepara-la cea.
- Vale, teño fame.
- Imos ver, Moncho, queres contarme algo?
- Contarche? Non. O que?
- Túa nai nótate algo raro últimamente. E ese pendente que levas...
- Ale, o pendente! Xa mo dicían os amigos...
- E falando de amigos, o Eduardo ese, coñecémolo?
- Non sei. É moi bo tío. Estudia terceiro de BUP e gústalle moito a música.
- A música, claro, normal. Pero, escoitala ou tocala?
- As dúas cousas. Ten un grupo, e quero entrar nel.
- E os outros do grupo, que idade teñen?
- Hai de todo. Dezasete, quince, dezanove,..
- Dezanove?
- Si. O máis vello, Pepe. Toca a guitarra.
- Pero ti non regulas, rapaz. Acabas de cumplir catorce anos e andando con xente de dezanove.
- Só os vexo cando ensaiamos, non andamos xuntos.
- Ou sexa, que xa ensaias con eles.
- Si, no local do videoclube.
- E o pendente, é o emblema do grupo?
- Non, home, cada un vai como lle peta. Temos unha rapada e todo!
- Unha muller?
- Si, Xoana.
- Ben, ben, ben. Vou tranquilizarme a ver como cho digo. Moncho, ti non te decatas que non che conveñen esas compañías. Es moi novo, e con xente tan feita non aprenderás nada bo. Empézase pola música, logo ven a bebida, os porros, outras drogas,...
- Jó, pai, que esaxerado eres! Nin que tódolos músicos andasen drogados polo mundo...
- Todos non, pero moitos si, fillo. Jimmy Hendrix, Janis Joplin, os Rolling... Xente que rematou moi mal e que sen embargo son imitados por toda a fauna roqueira.
- Pero home...
- Que non, Moncho. Vaite esquecendo do grupo. Ti tes que centrarte nos estudios e dentro duns anos farás o que queiras.
- Non fago dano a ninguén!
- A ti mesmo: esos ambentes son sempre viciosos e rematarías por estraga-la túa vida entre miles de vatios e berros heavis.
- Heavis?
- Faime caso e agradecerasmo sempre. E cando...
- É un grupo folk.
- Como?
- Que é un grupo folk. Toco o tambor e non temos guitarras eléctricas nin berramos.
- Ah!
- Menudo conto estabas a inventar.
- Home, non sei... Como dixeches grupo e falabas de guitarras...
- Ai, ás veces eres peor que nai, que xa é dicir. Voume para a cociña a cear.
- Espera, Moncho, que están con Luar na galega...
- E a min que? Paso.
- Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)
Relatos anteriores
- Hoxe: O espello (Cee, 1925).
- Hoxe: Todo (Corcubión, 1.961).
- Hoxe: Coma un pano (Coristanco, 1.984).
- O trofeo (Berdeogas, 1943).
- Hoxe: Tocando (Toba, 1966) .
- Hoxe: “Perder ou perder” (Carballo, 1964) .
- Hoxe: A primeira (Cee, 1970).
- Hoxe: Sabas (Carballo, 1986).
- Hoxe: A carreira (Zas, 1956).
- Hoxe: Prexuizo (Carballo, 1.997).
- Hoxe: Tómbola (Muxía, 1979) .
- Hoxe: Ven (Buxantes, 1922).
- Hoxe: Amigos (Corcubión, 1.965) .
- Hoxe: A rata vermella (Pereiriña, 1933) .
- Hoxe: Póker (Ponte do Porto, 1977) .
- Hoxe: O pitoniso (Trasufre, 1985).
- Hoxe: Elías (Carballo, 1.987).
- Hoxe: Na procesión (Fisterra, 1963).
- Hoxe: A última (Malpica, 1968).
- Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935).
- Hoxe: A semana (Zas, 1947).
- Hoxe: Os formidables de Nantón (Cabana, 1954).
- Hoxe: Comida (Arou, 1946).
- Hoxe: A porta (Camariñas, 1.944).
- Hoxe: A pequena (Frixe, 1.908):
- Hoxe: No fondo (Suarriba, 1.955).
- Hoxe: Un neno carbón (Corcubión, 1.926).
- Hoxe: Dúas irmás (Malpica, 1.951).
- Hoxe: A caixa (Berdoias, 1.957).
- Hoxe: A radio (Corcubión, 1.953).
- Hoxe: Sambaxada (Cee, 1.976).
- Hoxe: Tres días (Muxía, 1.949).
- Hoxe: O baile dos vampiros (Corcubión, 1.992) .
- Hoxe: Touliña (Camelle, 1.948).
- Hoxe: Un diaño por Fisterra (Fisterra, 1.913).
- Hoxe: O Regalo: (Corme, 1.9/opinion//hoxe-tres-dias-muxia-1-949/20100929171621098995.html) .
- Hoxe: Ego te absolvo (Carballo, 1.975) .
- Hoxe: Tuno de Oficio (Santiago de Compostela, 1.982).
- Hoxe: Regateo (Moraime, 1.950).
- Hoxe: O Macao (Baio, 1.988).
- Hoxe: Na Escola (Cabana, 1.971) .
- Hoxe: O último desfile de San Cristóbal: (Corcubión, 1.989).
- Hoxe: O álbum (Fisterra, 1.932).
- Hoxe: Xenerosidade e entrega (A Coruña, 1.994).
- Hoxe: O mozo de onte (Cee, 1.936).
- Hoxe: coMISIÓN SUICIDA (Corcubión, 1.972).
- Hoxe: A espera (Agualada, 1.981).
- Hoxe: Vertixinoso (Carballo, 1.974).
- Hoxe: Afogo (Laxe, 1.967) .
- Hoxe: A frecha (Corcubión, 1.969).
- Hoxe: Gloria (Ponteceso, 1.937).
- Hoxe: Un día de furia (Cee, 1.990).
- Hoxe: O Sabio (Lira, 1.978).
- Hoxe: Propulsión (Cee, 1.998).
- Hoxe: A decisión (A Coruña, 1.901).
- Hoxe: Desencontros na primeira fase (Muxía
-Fisterra, 1.973)
. - Hoxe: O poeta II (Redonda, 1.980).
- Hoxe: A voz (Carballo, 1.995).
- Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941).
- Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Hoxe: Sen perdón (Baio, 1.996).
- Hoxe: Unha foto (Ponte de Porto, 1.934).
- Hoxe: Sindo o bebedor (Cee, 1.983) .
- Hoxe: O monstro de Quilmas (Quilmas, 1.930).
- Hoxe: A burla (Laxe, 1.960).
- Hoxe: A illa do tesouro (Ézaro, 1.958).
- Hoxe: Carioca (Corcubión, 1.993).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).