Hoxe: Sabas (Carballo, 1986)
O vestidiño verde cinguido. ¡Aí! Lucindo tipo, que ben pode. Esta Maribel vai aprendendo. Xa tiña ganas de voltar con ela ó motel. E hoxe voulle dicir de pasar da porno. Sempre quedamos mirando para a tele como parvos e logo éntranos a presa. Esta vez faremos nós a peli. As pernas, moreniñas. E os peitos...¿Moreniños? Díxome que fora uns días a Barrañán, pero non sei se sería á nudista.
- ¿E que tal na praia, moito mirón?
- ¿Mirón? Ah, non. Estiven na normal, a que non é nudista, vaia.
Brancos pero duriños... que é o importante. Xa chegamos ó hotel. Vaia, está pechado o portalón de entrada. Obras. Haberá que ir por atrás. A ver se non atopamos coche ningún saíndo. ¡Merda! Antes o digo...Pero ese coche...¿Non é o de Enrique? E quen vai ó seu carón... ¡¡É Marisa!! Vou pasar rápido. Está mirando para aquí. Seguro que nos viron. ¡Mecaguen, que mala sorte! ¿Pero qué facía Marisa aquí con Enrique? ¿Que coño ía facer! O mesmo que todos. Incrible, co seu propio cuñado.
- ¿Que che pasa, Moncho? ¿Pensas quedar no coche?
- ¿Pero é que non os viches?
- ¿A quen? ¿Os do coche verde?
- ¡Era Marisa, miña muller! ¡E ía con Enrique, o marido de Ana!
- ¿Ana, a túa cuñada?
- Si. Os cornos quedan en familia. ¡Mecaguen...!
- ¿Nos viron?
- Creo que si. Polo menos ela, que el estaba atento ao volante.
- ¿E que vas facer?
- Non o sei. Teño a cabeza coma un bombo.
Seguro que ma leva pegando hai tempo. E co Enriquiño, que parecía tonto. Sempre tiveron moita confianza. O día da voda de Luis, aqueles bailes agarrados...¡que parvo fun!
- Voltamos, Maribel, que non teño o corpo para festas.
- Vale.
¡Nin nunha película pasa esto! Atopa-la túa muller nun picadeiro. A ver que di. Dirá que eu tamén. Pero o meu é un ligue sen importancia con unha do traballo. ¿Quen non tivo algún? Non sinto nada por ela. Só quero desfogarme cun corpo novo: é puro desexo. Pero o dela, co seu cuñado, ten que ser algo serio. ¡Se non vale nada! E agora que o penso, aínda temos falado os dous que non podíamos imaxina-lo que lle vira Ana para casar con el. A pobre Ana, como se entere...Teño as de gañar. Unha caniña ó aire contra un escándalo familiar. Pola conta que lle ten non creo que diga nada. Fará que non nos víu. Pero eu si que llo vou dicir. E xa me ocuparei de que mo aclare todo. ¿E se quere cortar?¡ Pois nos separamos e fóra! Non. A nena. O piso. O conto na boca de todo o mundo... E na empresa enteraríanse do meu con Maribel; non gustaría nada... A ver se por culpa dunha quentura estrago a miña vida. Mellor irei de suave. "Marisa, temos que sincerarnos". Si. Meterlle o susto no corpo. Que cada un recoñeza os seus pecados e a partir de cero seguimos xuntos. "Pola nena, non creo que debamos tomar outras medidas, Marisa". Eu quéroa ben...ou xa non sei, despois disto.¡ Pódese queixar da vida que lle dín! Aínda que quizáis foi só unha travesura ...Xa chego a casa. Está ela. A rapaza irá na piscina. Máis vale así por se hai romería.
- ¡¡Maletas feitas!! ¡¡As miñas cousas!! ¿Pero de que vai esta tía?
- Marisa, ¿que coño fas?
- Aínda o preguntas, mamalón?
- ¿Pero toleaches? ¡Se ti recolles a miña roupa, eu tería que queimarte a túa!
- ¿Queimarme a miña? Mira, vaite dunha puñeteira vez que xa falaremos no avogado.
- ¡Pero terás cara! Ou sexa, que ti metendo cornos a pares e non pasa nada; e eu...
- ¿Cornos a pares? ¡Serás miserable! ¿Non crerás que estaba alí con Enrique para facer gasto no motel?
- Non, que íades tomar unha fanta as seis da tarde...
- Para que o saibas, funlle axudar no traballo.
- ¿Axudalo a desface-la cama, non?
- ¡Serás anormal? Ana estaba con algo de febre e pedíume que botara unha man a Enrique coas vendas do día.
- E despois do traballo houbo premio, ¿eh?
- O traballo foi vender no motel manteis e sabas; eu axudáballe a estender e recoller as mostras, animal.
- ¿E dende cando vende Enrique sabas?
- Xa fai tres meses que colleu unha representación. Téñocho dito algunha vez, pero claro, ti estarías pensando na túa moneca... - Non te pases, Marisa...
- ¿Quen era? ¿A de prácticas, aquela que comentabas era tan desperta?
- Era Maribel, e só íamos a tomar algo.
- Si, unha fanta...
- Marisa, temos que tranquilizarnos. Non convén que a filla...
- ¡Eu sei o que lle convén á filla! E dende logo non é un pai salido e sinvergonza.
- Pero muller...
- Nada, nada! Colle as cousas e vaite. Xa te chamarán dende o bufete de Félix Ruiz.
-----------------------------------------------
- Despacho de avogados Ruíz e Andrade, dígame.
- Quixera falar con Félix Ruíz, por favor.
- ¿De parte de quen?
- De Marisa Penas.
- Si, agora lle paso.
- ...
- ¡Ola, ruliña! Xa te ía chamar eu. ¿Quedamos coma sempre, no apartamento ás sete?
- Non, Félix; quedamos antes, as seis, que hoxe temos que falar de negocios.
- ¿E logo?
- Xa che contarei.
- Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)
Relatos anteriores
- Hoxe: A carreira (Zas, 1956).
- Hoxe: Prexuizo (Carballo, 1.997).
- Hoxe: Tómbola (Muxía, 1979) .
- Hoxe: Ven (Buxantes, 1922).
- Hoxe: Amigos (Corcubión, 1.965) .
- Hoxe: A rata vermella (Pereiriña, 1933) .
- Hoxe: Póker (Ponte do Porto, 1977) .
- Hoxe: O pitoniso (Trasufre, 1985).
- Hoxe: Elías (Carballo, 1.987).
- Hoxe: Na procesión (Fisterra, 1963).
- Hoxe: A última (Malpica, 1968).
- Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935).
- Hoxe: A semana (Zas, 1947).
- Hoxe: Os formidables de Nantón (Cabana, 1954).
- Hoxe: Comida (Arou, 1946).
- Hoxe: A porta (Camariñas, 1.944).
- Hoxe: A pequena (Frixe, 1.908):
- Hoxe: No fondo (Suarriba, 1.955).
- Hoxe: Un neno carbón (Corcubión, 1.926).
- Hoxe: Dúas irmás (Malpica, 1.951).
- Hoxe: A caixa (Berdoias, 1.957).
- Hoxe: A radio (Corcubión, 1.953).
- Hoxe: Sambaxada (Cee, 1.976).
- Hoxe: Tres días (Muxía, 1.949).
- Hoxe: O baile dos vampiros (Corcubión, 1.992) .
- Hoxe: Touliña (Camelle, 1.948).
- Hoxe: Un diaño por Fisterra (Fisterra, 1.913).
- Hoxe: O Regalo: (Corme, 1.9/opinion//hoxe-tres-dias-muxia-1-949/20100929171621098995.html) .
- Hoxe: Ego te absolvo (Carballo, 1.975) .
- Hoxe: Tuno de Oficio (Santiago de Compostela, 1.982).
- Hoxe: Regateo (Moraime, 1.950).
- Hoxe: O Macao (Baio, 1.988).
- Hoxe: Na Escola (Cabana, 1.971) .
- Hoxe: O último desfile de San Cristóbal: (Corcubión, 1.989).
- Hoxe: O álbum (Fisterra, 1.932).
- Hoxe: Xenerosidade e entrega (A Coruña, 1.994).
- Hoxe: O mozo de onte (Cee, 1.936).
- Hoxe: coMISIÓN SUICIDA (Corcubión, 1.972).
- Hoxe: A espera (Agualada, 1.981).
- Hoxe: Vertixinoso (Carballo, 1.974).
- Hoxe: Afogo (Laxe, 1.967) .
- Hoxe: A frecha (Corcubión, 1.969).
- Hoxe: Gloria (Ponteceso, 1.937).
- Hoxe: Un día de furia (Cee, 1.990).
- Hoxe: O Sabio (Lira, 1.978).
- Hoxe: Propulsión (Cee, 1.998).
- Hoxe: A decisión (A Coruña, 1.901).
- Hoxe: Desencontros na primeira fase (Muxía-Fisterra, 1.973) .
- Hoxe: O poeta II (Redonda, 1.980).
- Hoxe: A voz (Carballo, 1.995).
- Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941).
- Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Hoxe: Sen perdón (Baio, 1.996).
- Hoxe: Unha foto (Ponte de Porto, 1.934).
- Hoxe: Sindo o bebedor (Cee, 1.983) .
- Hoxe: O monstro de Quilmas (Quilmas, 1.930).
- Hoxe: A burla (Laxe, 1.960).
- Hoxe: A illa do tesouro (Ézaro, 1.958).
- Hoxe: Carioca (Corcubión, 1.993).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).