sábado. 10.05.2025
El tiempo
09:04
16/02/11

Imos camiño da Habana?

Imos camiño da Habana?
Se don Luís Seoane di que a proposta para solicitar formalmente a devolución do Centro Galego da Habana é xusta será que estivo dándolle voltas ao tema porque sempre razoa o que vai dicir. Antes no “Tortoni” esbardallaba moito pero aquí enriba está sendo a voz da sensatez desque foi elixido director da Radio do Ceo por acordo unámime dos membros da Asemblea Celestial da Emigración Riopratense. Para falar do asunto convidou a tres emigrantes [dous galegos e un arxentino] que foron escollidos polo seu coñecemento do terreo e da experiencia migratoria. Eles son: Xosé Baña Pose, Lorenzo Varela Vázquez e Ernesto Guevara de la Serna. A rolda de intervencións segue a orde cronolóxica do nacemento. - Baña: Sendo o máis vello tócame abrir o debate. Coido que é máis ben unha conversa cordial entre amigos namorados da illa de Cuba. A miña participación supoño está pensada para que fale daqueles tempos nos que a emigración galega foi un piar fundamental no desenvolvemento cubano. Hai un libriño sobre as miñas andainas emigrantes que fixo un rapaz da Piroga [Bamiro- Vimianzo] apelidado Rei Lema e que recomendo para que lle botedes unha ollada porque recolle abondante documentación dos primeiros anos do século XX. A miña primeira viaxe foi cando Cuba aínda era colonia española en decembro de 1889. Era un mozo xalleiro moi espelido [non estou esaxerando nada] da pequena aldea de Varilongo que aínda non cumprira os 18 anos. Os meus pais tiñan boas terras e eu vivía ben pero quixen aprender máis e poder ler libros que me enchesen a cachola de coñecementos. - Varela: Creo que don Luís non me escolleu porque nacera no barco “La Navarre” cando fixo a súa entrada no porto da Habana en 1916. Tampouco penso que fosen os meus primeiros catro meses de vida na capital cubana antes de que os meus pais volvesen a Monterroso ou a miña posterior pequena estadía alí en 1941. Sei que estou aquí pola loita nas frontes de batalla na Guerra Civil e por estar afiliado ao Partido Comunista. En Bos Aires fun un emigrante feliz pero nunca esquecín aqueles meus fermosos montes de Fufín. A miña firmeza ideolóxica foise esvaecendo pero sempre considerei que os ideais comunistas axudan a ser mellor persoa. Claro que unha cousa son os ideais e algo ben diferente a posta en práctica do lido nos manuais políticos. Quero axudar para que o Centro Galego volva aos seus donos. Estamos diante dunha obra colectiva que se debe protexer e non apropiarse dela coma se fose a sede dunha empresa multinacional ao servizo do imperialismo. - Guevara: Bueno, compañeros. No tengo nada claro que pueda ayudar en algo pero lo intentaré porque creo que fue una gran cagada la expropiación del Centro Gallego de La Habana. Ustedes conocen mi trayectoria y saben bien que tuve mis discusiones con Fidel sobre diferentes aspectos de la implantación de una economía centralizada. Algunos dicen que me borré porque era un indisciplinado. Puede ser cierto pero a lo mejor se equivocan y la cosa sucedió al revés. Yo también fui emigrante y acabé mis días lejos de las plantaciones de yerba mate que tenían mis viejos en Misiones. Digo lo del mate porque pocos saben que lo que de verdad añoro es haber sido chacarero allá en el noreste argentino. A lo mejor estamos en un buen momento para que Fidel nos escuche. Tendremos éxito si lo convencemos de que ninguna revolución es tal si el nuevo gobierno se apropia del esfuerzo colectivo de una comunidad generosa como es el caso de la gallega. El “gayego” Castro es un hombre culto que estará haciendo autocrítica al final de su ciclo y sabrá reconocer que no tiene nada de revolucionario el robo o utilización del sudor ajeno. - Baña: Alégrame escoitar que coincidimos todos nun feito histórico que se debe de recoñecer en vez de penalizalo. A obra da emigración galega en Cuba debería ser motivo dun galardón da UNESCO polo seu achegamento ao desenvolvemento social e cultural da humanidade. En Cuba foi onde Galicia actuou por vez primeira sen ningún freo por parte dos caciques ou dos cregos. Na Habana traballamos en liberdade e así foi que destacamos con obras moi valiosas para o mantemento da identidade e da saúde. Cando na miña parroquia o horizonte era todo de monte na capital cubana tiña diante dos ollos fermosos edificios. Cheguei sabendo pouco pero alí nas clases do Centro Galego fun un dos mellores alumnos. Aquela formación foi a que me permitiu opinar diante do egrexio Curros. Quero recordar unha medida humanitaria que foi creación orixinal do meu veciño Xosé López Pérez que naceu de casualidade en Madrid pero que tiña as orixes na aldea de Artón en Zas. No ano 1900 o goberno cubano establece un campamento para os emigrantes que non teñan quen os reclame. Naquel lugar chamado “Triscornia” - unha especie de campo de concentración- vivían en condicións lamentables. En 1903 López Pérez que era secretario do Centro Galego ocórreselle a boa idea de inscribir aos emigrantes como socios antes de embarcar. Así foi que evitou o sufrimento dos nosos irmáns que sendo membros dunha entidade xurídica estaban protexidos. Hai que facerlle un monumento ao Xosé que ben o merece. - Varela: A verdade é que os intelectuais axiña perdemos o norte. Escoitando a Baña decátome que os verdadeiros revolucionarios foron aqueles emigrantes que na Habana ergueron un templo da solidariedade. Foron verdadeiros pioneiros na instalación dun sistema propio de saúde e todo iso sen esquecer as raíces. Non sei pero coido que a tan famosa Revolución Cubana quédase nunha anécdota. Non esqeuzamos que se os irmáns Castro tiveron educación universitaria foi porque un galego de Láncara o fixo posible. Supoño que Fidel é home agradecido. Digo que o supoño pero non o podo afirmar xa que nos últimos anos en Cuba desapareceron os ideais que alumeaban na Sierra Maestra. Non acepto que se encarcere por delictos de opinión xa que a palabra nunca debe ser silenciada. Sería poism na miña opinión, unha reparación honrosa que se devolvese o Centro Galego antes de que sexa un presidente electo o que o faga. Non hai que ter diante a bóla de cristal para ver que dentro de poucos anos Cuba deixará de estar atada. - Guevara: Con ustedes dos he aprendido mucho. Por un lado un sabio emigrante y por otro un viejo comunista que escribía poemas. Una pena, che, que cuando tuve mando en la isla no sabía nada de los gallegos. Era un joven médico criado en una realidad muy distinta que de un día para otro se encontró con la posibilidad de curar a una sociedad entera. ¿Me entienden lo que quiero decir? Andaba en una nube. Ahora cuando miro para atrás me doy cuenta de la cantidad de metidas de pata que tuve. Puntualizo que mis errores fueron todos en el plano político porque en el sentimental siempre fui fiel a los sentimientos. A mi el corazón no me engañó, ni tampoco el gil francés de Regis Debray. Hice lo que hice porque lo sentía. Ahora siento que es de justicia que el Centro Gallego de La Habana vuelva a sus dueños. Es una obligación moral que debería de mitigar la ofensa que recibieron los esforzados hombres y mujeres que cruzaron el mar para quitarse el frío arrimados a una ilusión de progreso. Estoy a las órdenes para lo que puedan necesitar.
  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)

Colaboracións anteriores dende Lonxe de Montevideo

Comentarios