JMJ
09:30 19/08/11
Emilé Zola (Francia. 1840-1902) foi un dos máis grandes escritores da literatura francesa, mente preclara e referente dunha parte da historia política do país galo no século XIX. Coñecido por obras como “La Jauría” ou “Germinal”, o que nembargantes o trae hoxe a estas liñas é a súa implicación, como denunciante público na prensa, no vergoñento Caso Dreyfus.
Desde 1897, Zola implicouse no denominado Caso Dreyfus, un militar francés de orixe xudeu (o antisemitismo non é só patrimonio da Alemaña nazi) culpado falsamente por espía. O novelista intervén no debate dada a campaña antisemita, e apoia a causa dos xudíos franceses. Escribe varios artigos, onde figura a frase "a verdade está en camiño e ninguén a deterá". Pero o asunto salta polos aires cando publica no popular xornal L'Aurore o seu famoso “Yo acuso”, unha carta ao Presidente da República francesa no ano 1898.
Era a primeira síntese do proceso, onde se manifestaban claramente os abusos cometidos para acusar a un inocente só en base a que era xudeu e sen probas claras e leuse en todo o mundo. A reacción do goberno foi inmediata, como sempre para mal. Un axitado proceso por difamación (con gran violencia, centenares de testemuños, incoherencias e ocultacións por parte da acusación) condeou a Zola a un ano de cárcere e a unha multa de 7.500 francos. Zola exilouse en Londres, pero a opinión pública obrigou o seu regreso. Só en xuño daquel 1898, coa finalización do proceso, puido regresar ao seu país. Zola adquiriu unha grande dimensión social e política, pero tivo grandes problemas económicos e foi posto na picota por medios moi influíntes. Nunca se arrepentiu de apoiar a un inocente, e hoxe merece da admiración da maioría ata o punto de que os seus restos mortais descansan no Pavillon de Franceses Ilustres en Paris. Morreu na súa casa supostamente asasinado por alguén que tapou a chimenea dunha estufa. Sempre gañan os mesmos.
Toda esta lembranza á figura de Zola e ao que significou o seu posicionamento a carón do débil, non da maioría, ven ao caso da celebración estes días da Xornada Mundial da Xuventude, mellor dito da xuventude católica, apostólica e romana, da outra non, en Madrid. Coa connivencia do Partido ¿Socialista? no Goberno (é dicir, coma sempre, de Santander e BBVA) a Igrexa católica, esa que defende que morran en Somalia millóns de nenos de fame por, entre outras cousas, a ausencia de medidas de control da natalidade, esa que firmou pactos cos maiores xenocidas da historia, foran ou non estes católicos, esa que prefire a morte “en cristo” de alguén a que aborte en defensa da súa saude e tras recomendación médica, en definitiva, a inventora das Cruzadas, a Inquisición, as bulas papais etc, etc… celebra en Madrid que, a pesar dos pesares, a crise non é cristiana.
De pouco vale que digamos o que sexa, que escribamos o que nos pareza, que pataleemos, berremos, riamos nerviosamente ou nos poñamos todos farrucos se, para unha inmensa maioría, a organización máis sanguinaria da historia (sen paliativos) representa os dictados dunha relixión como a cristiana. Unha relixión que nada ten que ver coa Igrexa católica nin con nada remotamente parecido a esta secta paramilitar de ascendente fascista e clasista.
¿Era cristiano o individuo que decidiu, en plena borrachera, que seguro que molaba acelerar e arremeter co seu coche contra unha multitude? Atropelou a oito, non morreu ninguén e santas pascuas. Pero, ¿quen pode dicirlle nada? ¿O tenente de alcalde de Cee, por exemplo? ¿Pode el dicirlle algo a alguén en esta materia? Por extensión, ¿como pode o líder dunha organización capaz de aceptar a existencia da pederastia nas súas filas, aceptala, encubrila e defendela nada a ninguen sobre nada? É dicir, estes días en Madrid, ¿cal é exactamente a mensaxe que a Igrexa Catolica S.A. pretende trasmitir aos xóvenes? “Abusaos los unos a los otros como yo os he abusado”, ¿cal é a mensaxe? “en verdad, en verdad os digo; mio es el reino de los bancos”.
Como tantas outras veces non vemos as cousas salvo cando nos petan no nariz con elas e ás veces nin así. Estas últimas semanas observamos a represalia evidente do alcalde de Cee na figura de Miro Villar, escritor e mestre de Cee a quen non se convida a participar na Feira do Libro de Cee porque se negou a rirlle as grazas, recoller un premio das súas mans e do que dixo verdades bastantes máis evidentes que as que digo eu aquí semana si, semana tamén. Repito Cee tantas veces por se a estas alturas ninguén atopou a necesidade ou os méritos para convocar a este escritor a participar na Feira do Libro da súa vila natal. Comparacións aparte, a Zola tamén deixaron de chamalo, naquel convulso final do século XIX.
Volvendo a Francia, hai unha frase que atopei hai uns dias que resume dun xeito fantástico este tempo de estupidez profunda onde os telediarios pasan de informar sobre o esmorecemento da bolsa a o porqué da hambruna en África ou ao JMJ como se tal cousa, sen deterse nas sinerxias que fan lamentable que se reúnan en Madrid, nun país laico (aconfesional non significa nada en absoluto. Ou se é relixioso ou laico. Non hai máis) un número enorme de repoludos, ben mantidos e fantásticos cristianos mentres en Somalia morren milleiros de musulmáns de fame. Alguén se preguntará aínda polo porqué de tanta tensión, terrorismo e morte nas rúas das opulentas capitais europeas. Pero retomando, dicía Voltaire “Proclamo en voz alta a liberdade de pensamento... e morra o que non pense coma min”.
Eu non quero ser católico. Se creo ou non en Deus, Alá ou Buda é asunto meu e exclusivamente meu. Non preciso recinto público algún para exercer a miña fe, se é que teño algunha, nin recursos públicos ningúns para rezar a ningún ídolo da miña única necesidade espiritual. ¿Por qué teño que respetar que outros, non todos non, outros nada máis si necesiten desta parafernalia?. Penso que teñen campo abondo para rezar en Castela e caben tantos como son e máis. Por miralo dende outro punto de vista, se maña o Emir de Bután visita España e 300.000 musulmáns, que os hai, piden que se corte o centro de Madrid durante seis dias, ¿deixámolo?. Ja. E ollo con dicirme que se a tradición católica española, etc,etc... España estivo oito seculos sendo musulmana e leva seis baixo o estricto control da cruz latina. Coidado coas tradicións que as carga o diaño.
Hoxe en Madrid “demócratas” e “liberais” de risa “que respetan por igual a todo o mundo” rezan a un único Deus na Porta do Sol gobernando os socialistas. Se Gila erguera a cabeza…
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- “Agallas”.
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- “Aínda que pareza mentira…”.
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo….
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo….”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.