Máquina eléctrica Mixta de Carré
Da man de Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, trataremos de amosar, parte do rico patrimonio que se conserva da Fundación Fernando Blanco, patrimonio que funde maioritariamente as súas raíces a finais do século XIX, pouco despois da inauguración do Colexio- Instituto no 1886.
Cada semana publicaremos a fotografía e descrición dunha peza da colección. Pezas que terán un nexo de unión: a nostalxia e a lembranza dun centro innovador e pioneiro en materia educativa e cultural, así como tamén o recordo dunha institución que marcaría o devir de Cee e da comarca.
Máquina eléctrica Mixta de Carré
- Inventor: Ferdinand Carré (1824 - 1900)
- Cronoloxía: 1890 - 1891
- Clasificación: Obxectos educativos / Instrumentos científicos / Sección: Calor e Traball
Descrición e funcionamento
As máquinas eléctricas son instrumentos destinados a producir electricidade mediante un traballo mecánico.
O disco de vidro electrízase positivamente e obra por inducción, a través do outro disco, sobre un peine metálico que provoca que o disco de caucho se cargue negativamente. Un novo xogo de induccións mutuas permite que o gran conductor superior se cargue negativamente.
Esta máquina é capaz de provocar chispas de máis de 15 cm. entre o conductor superior e a cabeza dunha variña metálica lateral móbil, unida ó peine inferior.
Esta máquina, ideada por Carré, é unha combinación da antiga de
frotamento coa máis moderna de Holtz, e componse de dous discos (un de vidro e o outro de caucho endurecido), que xiran en sentidos contrarios.
O disco de vidro xira lentamente ao mover a manivela, e electrízase por frotamento entre dúas almofadas de crina. O de caucho, (de vidro na actualidade), que se solapa co de vidro, xira moito máis rápido mediante unha correa sen fin que vai da roda grande a un pequeno tambor.
Sobre dúas columnas de vidro sitúase un gran conductor que comunica co peine superior.
A máquina vai montada sobre unha base de madeira na que asentan dous pés soporte de vidro con base de madeira. Presenta dúas bólas metálicas de 3 cm de diámetro nas cabezas do conductor grande.
O inventor
Ferdinand Carré (Moislains, 1824 – Poncet, 1900) foi un enxeñeiro francés que inventou e fabricou unha serie de aparatos relacionados coa refrixeración fundamentalmente.
En 1850 desarrollou o primeiro refrixerador de absorción, usando auga e ácido sulfúrico. Ferdinand continuou a obra do seu irmán Edmond, e en 1858 desarrollou unha máquina que utilizaba auga como absorbente e amoníaco como refrixerante. A súa máquina de absorción foi patentada en Francia en 1859, e nos EEUU en 1860.
En 1862 exhibiu a súa máquina de facer xeo na Exposición Universal de Londres, a cal baseaba o seu deseño nun sistema de gas- vapor.
En 1876 equipou o barco “Paraguay” cun sistema de refrixeración por absorción, permitindo asi o primeiro transporte intercontinental de carne conxelada.
Ferdinand Carré tamén levou a cabo importantes investigacións no campo da electricidade.
A máquina eléctrica mixta de Carré da Fundación formou parte da exposición “Xulio Verne. Unha viaxe pola Galicia extraordinaria”, organizada polo Museo do Mar de Vigo, celebrada no 2005-2006; mostra que ofrecía ós visitantes unha visión novedosa da historia galega de finais do século XIX a través do mundo idealizado por Verne na súa prolífica obra.
- Darío Areas Domínguez. Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo.
Tesouros da Fundación
Novas relacionadas
- Novedosas becas da Fundación e o IES Fernando Blanco.
- Máis escolares de Cee que coñecen o seu pasado.
- Un museo para 125 anos máis.
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).