sábado. 15.03.2025
El tiempo
09:00
21/02/11

Miopía común

Xente que non pode ver o que pasa lonxe, xente que por non ver os perfiles, difumina as manchas de cores, e as confunde cun todo inapreciable. Xente que mira cinco minutos unha imaxe, e inmediatamente vai na procura dos resultados futbolísticos, ou das discrepancias faranduleiras. A miopía común, sófrena todos aqueles que nos arrastran a ignorancia, que nos amarran cando queremos movernos, e critican o que hai máis alá de catro metros, porque a falta de visión, provócalles inseguridade. É unha enfermidade cada vez máis estendida entre os que vivimos no arrogante primeiro mundo, entre os "aleccionadores", e entre os desinteresados suxeitos da sociedade actual. A miopía común, sófrena aqueles que presenciaron o acontecido en Exipto como unha anécdota informativa, como unha noticia incomprensiblemente reiterada en xornais nacionais. A miopía común, ten cura, aínda que para sandala, os miopes deben comezar a cultivarse, a exercer a vista, e acostumar o ollo a mirar máis alá das “fronteiras” próximas. Porque o que sucede nun pais, explícanos os cambios mundiais que se están experimentando. Non é fácil comprender que o de Exipto é unha luz de esperanza, é difícil entender, que un occidental tome de exemplo humano unha gran masa árabe. Un miope non ve, que na “Revolución branca” gañou a paz, non ve que, por moi intransixentes que sexan os islámicos, nesta loita houbo espazo para todos, musulmáns e cristiáns. O que sufre miopía, xamais entenderá que Exipto reafirmou o que moitos pensaban, que coa paz, e a unión, si se pode conseguir a liberdade. Pero un miope non o entende, porque non lle importa a liberdade, mentres lle dean traballo, a costa de silencio. Un miope non aprecia que, na Costa da Morte, tamén se poderían facer as cousas de outra maneira, e non o visualiza, porque cree que está só, e porque menospreza a capacidade da minoría disposta a traballar por unha comarca mellor. Un miope síntese unha pulga entre a palla, e aplaca a súa conciencia conformista con ese sentimento paralizante. Felices sexan os miopes comúns, e valentes os de vista san que sen dubida, volverán a ver o mundo con outros ollos grazas, aos humanos do outro continente… Atentos estaremos aos seus veciños próximos, pois aínda que comezaron con peor sorte que os exipcios, poderán asentar o inicio dun gran cambio a nivel mundial… Felices sexan os miopes comúns… e valentes os da vista san...
  • Susana Alvite (susanaalvite[arroba]quepasanacosta.gal).
  • Os Soliloquios da Denosiña

    Novas relacionadas

    Fonte

    Comentarios