Venres. 03.05.2024
El tiempo
21:48
06/11/10

Naufraxio no río Xallas

Naufraxio no río Xallas
Continuamos coa proposta chea de salitre, con sabor a un mar de ausencias que nos ofrecen Xusto Fisterra e Manuel M. Caamaño dende as súas bitácoras. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa. Hoxe, Muros, Manuel M. Caamaño cóntanos unha nova historia salgada dalgún home de pedra en barco de pau.

Naufraxio no río Xallas

Sempre pensamos nos naufraxios como feitos épicos ocorridos en alta mar, afastados da costa e entre terribles temporais. Aquí vós deixo unha pequena mostra de que se pode naufragar e morrer afogado case a porta da casa, coma quen di... O día 28 de xaneiro de 1902 no teatro real de Madrid celebrouse unha función . O mellor e mais florido da aristocracia e da burguesía madrileña lucía as súas mellores galas para acudir ao evento e practicar de paso as relacións sociais. Sempre esta ben remexerse en certos ambientes , pois nunca se sabe se as amizades poden servir algún día. Acudiron a o evento personalidades da vida política nacional coma o señor don Eugenio Montero Ríos e da realeza , pois a gala era presidida pola infanta Doña Isabel Francisca de Asis e Borbón "La Chata". E, a que ben aquí todo isto? Todo ben a conto de que esa gala era en favor das vítimas da catástrofe do Pindo. Que, que catástrofe? Pois o luns 6 de xaneiro de 1902 a barcaza que facía o paso entre as vilas do Pindo e do Ezaro a través do río Xallas, envorcou e foi a pique causando a morte de vinte e tres persoas , case todas dos concellos de Muros e Carnota. A barcaza facía a pequena travesía navegando por dentro da barra da desembocadura do Xallas , como a un 50 metros de terra cando envorcou. A meirande parte dos mortos eran mulleres e nenos que non foron capaces de chegar á veira a nado, sendo arrastrados pola corrente cara ao mar. Din que o río ía medrado por mor das intensas chuvias que se produciran nos días anteriores. A consecuencia deste sinistro pediuse insistentemente por parte dos veciños da comarca a construción dunha ponte que cruzase o río e unise as dúas vilas, pero aínda houbo que esperar varios anos para a súa construción fose consumada. E na gala de Madrid , que recadaron? Pois non o sei , pero o que si me supoño é que o pasaron unha chea de ben.

Máis información

A cara máis íntima do Naufraxio

Novas relacionadas

Máis artigos sobre Naufraxios

Homenaxes

Fonte

Comentarios