No paraíso dos paraísos!
Os anos pasan aínda que aquel neno emigrante da aldea de Tines [Vimianzo] non esquece a súa grande alegría cando identificou a man do seu pai abaneando no peirao do porto de Montevideo. O desembarco tivo lugar o 27 de novembro de 1958 logo dunha viaxe que non foi doada xa que o vello “Cabo de Hornos” ía perdendo forzas. Na longa singradura de 20 días perdín moito peso e non foi ata chegar a Santos que puiden recuperarme un pouco grazas ao meu tío Xosé de Romarís que subiu a bordo cunhas saborosas bananas brasileiras. Hoxe os plátanos canarios semellan case insípidos en comparanza coa máxica forza enerxética de aqueles fermosos cores amarelos.
Antes de baixar do barco fixen un percorrido visual por todas e cada unha das edificacións que rodeaban o porto. Axiña comprobei que o sol americano era moito máis forte que o da aldea xa que ninguén levaba abrigo. O meu pai e quen o acompañaba –despois souben que era o seu amigo Ramón de Castromil-- levaban camisas de manga curta. A miña nai dicía que aquí non ía necesitar zocos xa que chove pouco e non hai lama nos camiños que ademais son de pedra. Pois, certamente semellaba que a cousa pintaba ben. Aínda estaba no barco pero moi convencido de que os meus pais escolleran aquela cidade para que eu puidese correr máis lixeiro.
O apartamento que alugara o meu pai na rúa Pantaleón Artigas e Ipiranga no barrio de Aires Puros, estaba ben. Non era grande pero tiña moita luz e na beirarúa contaba coa sombra protectora dunhas árbores chamadas paraísos. Alí foi onde artellei o meu novo espazo e sistema de vida. Todo canto vía era novo e todo canto oía era diferente. Na cociña un aparello chamado “primus” encendía sen leña. A tarde enteira xogando ata a noitiña que era cando volvía o meu pai do traballo. Arredor das cinco facíase a pausa obrigada para o “refuerzo” de pan con mortadela. Aquel Montevideo era estupendo.
O primeiro domingo en terras riopratenses coincidiu cunha data histórica no Uruguai: a celebración de eleccións nacionais. Por suposto que non me enterei do asunto electoral nin de que o Partido Nacional gañara despois de nove décadas de gobernos do Partido Colorado. Para min foi o domingo no que ingresei como socio de pleno dereito na xenerosa República Oriental do Uruguai. Un lugar moi especial, cheo de felicidade, no que os nenos fan pozos na praia de Buceo e corren polo Parque Rodó e aplauden aos murguistas nos tablados. Quero agradecer a Mercedes Vázquez Rama que foi quen me abriu as portas do novo país coa súa cordial hospitalidade.
O matrimonio Vázquez-Rama tiña a súa casa propia na rúa Santa Ana a uns dez minutos do noso apartamento. O máis direto para chegar era baixar ata Propios e logo ir pola rúa Tudurí. Mercediñas nacera en Vimianzo e tamén viñera nun barco. Quedei marabillado con ela. Atendía todo o que decía e gustábame todo o que facía. O seu caderno escolar non tiña unha mancha e os debuxos eran moi bos. Mercediñas utilizaba unha técnica –descoñecida para min-- que consistía en premer máis ou menos o lapis para obter unha ou outra intensidade de cor. Foi quen me informou de que na escola tería que aprender a cantar o himno nacional.
A nova amiga tiña a experiencia adquirida en dous anos de residencia e non quería que eu chegase a escola sen saber quen era Artigas. Foi a quen lle escoitei por primeira vez a palabra heroe para definir a don Xosé. Calei a boquiña a pesar de non entender o seu significado. O único que me quedou claro foi que Artigas era amigo dos indios e que o deixaron morrer lonxe no esquecemento. Na merenda confirmei que desembarcara no mellor lugar do mundo. Mercediñas trouxo para beber unha auguiña quente e para comer unhas rodelas de pan cunha crema de cor beixe por encima. A bebida e a comida eran descoñecidas pero non preguntei nada.
A auga quente botábase nunhas herbiñas e chupábase por unha caniña metálica chamada bombilla. Era o mate doce e sabía ben. Pero a emoción máis forte recibína cando levei a boca un anaco de pan. Quedei fondamente sorprendido por un moi saboroso doce de leite segundo lle chamou Mercediñas. Aquela delicia deixaba moi en segundo plano ao chocolate que a avoa Concepción mercaba na feira de Baio. Volvín sorríndo para o apartamento. O meu pai falaba de erguerse cedo para ir a traballar en “Casa Ponti”. Pensei na miña boa sorte xa que na aldea non había nin mate nin doce de leite nin “primus” para cociñar. O paraíso dos paraísos estaba alí na beira do Río da Prata.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata.
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).