Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX) – 11. As veciñanzas de 1708
No ano 1708 elabóranse dúas veciñanzas fiscais a petición da Coroa. A primeira delas é coñecida como o Vecindario de 1708 e a segunda é o Padrón Calle-Hita feito un pouco despois xa que as autoridades desconfiaban dos resultados do primeiro reconto. Para o noso estudio temos que dicir que o Padrón apenas se conserva para a nosa comarca e cando esto ocurre, os seus datos como no caso da xurisdicción de Fisterra, son deficientes. Pola contra, os datos do Vecindario, teñen certos visos de aproximarse á realidade, ó comprar os seus datos cos outros que temos e corresponderse coa propia liña evolutiva da poboación. Ambalas dúas fontes hai que encadralas dentro dos movementos de reformas impulsados pola nova dinastía dos Borbóns. A falta de cartos para sufragar as campañas militares nas que se ve metida a Coroa fai necesario coñecer o número de poboadores e a súa capacidade económica, quedando excluídos de inscribirse os eclesiásticos. Centrándonos no Vecindario, temos que dicir que a súa orde de elaboración foi dada en Madrid o 7 de nadal de 1707, mentras que o día 30 dese mesmo mes o Marqués de Risbourg, gobernador e capitán xeral do Reino de Galicia transmitía a orde os distintos concellos e xurisdiccións. No noso caso as ordes serán expedidas polo concello de Santiago por estar encadrados dentro da súa provincia. No caso do coto de Moraime e Buxantes a orde expresaba nos seguintes termos:
- Don Franco Antonio bega Crun Regidor perpetuo de la Ciudad de Sgo Justicia y Alcalde ordinario mas antiguo della y su jurisdiçion dha a su mrd la Justicia Ordinaria del coto de Morayme y bujantes sepa como herresibido Carta Orden de su Exª el Exmo Señor Marques de Risburg Gobernador y capitán General deste rreyno su fha de treinta de Diziembre del año pasado de Mill setecios y siete a que aconpaña otra copia de orden del señor Gobernador del consejo de hazienda de si Magd (que Dios guarde) que quiere tener presto con la maior yndividualidad las poblaciones de que se conpone cada probincia y partido y los vezinos que actualmte tiene cada lugar a cuio fin me encarga se aga la mas exacta aberiguazon con la brebedad que sea posible lo qual participo a Vmd para que ynmediatamente sededique a ella Açi por lo que tocante a ciudades como de todos los partidos y lugares que se comprehenden en ese reyno baliendose para ello de los libros de la Administraçion de rentas y personas que las manejan....
O alcalde de Santiago escribe en 4 de xaneiro de 1708 (o mandado de facenda está dado en Pontevedra a 20 de nadal de 1707), pedindo rapidez no traballo e avisando que de non cumplir coa orde poderíanse levar a cabo medidas sancionadoras, o mesmo tempo que se incentiva a súa pronta e celosa elaboración: “...remitiendo dentro de de seys dias siguientes deque la reciva relación autentica çierta y verdadera de los vezinos que actualmente tiene cada lugar y feligresia delas que se compone el distrito de su jurison......que pasado dho termino se despacharan menistros contra dha justicia y partidos omissos y se proçedera a lo mas que convenga por convenir asi al real serviçio de su magd...... le dara recibo desu entrega y por su trabajo dos reales y otros dos que senalo al presente servidor por su trabajo derechos de papel e ynprenta”.
No caso das parroquias que hoxe forman o concello de Cee hai que deixar constancia de que os recontos foron feitos pola xustiza da vila de Cee por unha banda e pola de Corcubión para o territorio da xurisdicción de Altamira. Con esto só queremos lembrarlle ó lector o feito de que no Antigo Réxime o marco territorial e xudicial no que se moveron os nosos antepasados era moi distinto do actual. Así, no primeiro de febreiro de 1708, “Dn Mauro Francisco Perez Porrua juez hordinario de la villa de Cee certifico a su merced Dn Franº Antº Vega Crun rexidor perpetuo de la ciudad de Santiago Justicia y Alcalde hordinario mas antiguo della y su jurisdicion, como en cumplimiento de la horden de su merced ynserto ottra de su exª el señor governador y capitan general y del señor governador del Conçejo de Asienda ttocantte a la vezindad de cada parttido como la dha villa de Cee es sola una felegresia sin jurisdicion alguna mas que sus arravales.... y toda su vezindad parece son en ttodos duzientos y cinquenta y cinco en numero salbo yerro según todo ello consta en dhos repartimientos y computtos generales de dha villa donde se allan todos sentados. Enquentran algunos recien casados sinque en dha villa aya ottro algun vezino que biba sobre sí”.
Mentras, Don Andrés Marquez Redonda enviará o día 12 do mesmo mes de febreiro os datos correspondentes á xurisdición de Corcubión co seu agregado de Carnota que conta cun total de 1.383 veciños. Os resultados das parroquias do actual concello de Cee quedaron da seguinte forma: Ameixenda contaría con 25 veciños, Brens con 49, Lires con 73, Pereiriña e Codesos con 130 e Toba con 66. Estas cifras, sumadas ás de Cee dan un total de 598 veciños frente ós 409 que había no ano 1672. Polo tanto, o número de habitantes nesta data ten que situarse arredor dos 2.300 (as parroquias rurais contarían cunha cifra aproximada de 1.395, mentras que Cee acadaría os 905 habitantes). Para a conversión de veciños a habitantes utilizamos índices obtidos a partir das Comprobaciones de 1763.
Estas cifras equivalen a que o territorio do actual concello ceense medrou un 45% entre 1672 e 1708, porcentaxe que acada o114% se tomamos como referencía o período que vai de ano 1605 ó 1708. Deste xeito, confírmase plenamente o que apuntabamos respecto do século XVII como período expansivo e de crecemento da poboación, xa que ésta multiplicará por 2.14 os seus efectivos, tendo que esperar ata o século XX para poder apreciar un crecemento semellante.
Acádase así o punto álxido no crecemento poboacional, pechando así unha etapa de carácter positivo para dar lugar a un século XVIII marcado por un estancamento da poboación que, aínda que existe un crecemento moi lento, durará a meirande parte do mesmo, vislumbrándose os primeiros síntomas de recuperación no derradeiro cuarto del se ben ésta será efímera dadas circunstancias bélicas de finais do XVIII e principios do XIX, polo que será unha vez pasada a Guerra de Independencia cando teña lugar un novo ciclo positivo na evolución demográfica.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (I): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (II): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (III): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (IV): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (V):5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (VI): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX) (VII): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do Concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do Concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do Concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX):10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).