Mércores. 15.05.2024
El tiempo
11:15
03/05/11

Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX) – 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX

Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX) – 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX

A información que temos para reconstruír a poboación neste período é moito máis abondosa é aínda que non podemos afirmar que a súa fiabilidade e calidade sexan as óptimas, si que podemos facernos unha idea ben clara de por onde vai a evolución da poboación ceense.

Ó marxe da información parroquial, que nos servirá de punto de referencia, temos diversos vecindarios, fiscais na meirande parte das ocasións, nos anos 1708, 1711, 1717, 1753, 1763, 1768, 1787  1797, 1826 e 1828. Os máis fiables corresponden as datas de 1708, 1753, 1763, 1768  1787 e 1828. Un deles destaca sobre tódolos demáis: o “popularmente” coñecido como Catastro del Marqués de la Ensenada (1753 e 1763 nas súas Comprobaciones). Esta fonte de trascendental importancia para coñece-la situación demográfica, económica e social dos pobos da Corona de Castela a mediados do século XVIII foi a resposta da facenda castelá no seu intento de reforma-lo sistema impositivo existente para simplificar este nun só imposto, por eso este catastro tamén é coñecido baixo a denominación de Única Contribución. Esta reforma non sería finalmente posta en práctica pero o certo é que habera que esperar prácticamente ata o século XX para atopar unha fonte destas características. Para o caso do concello ceense, a conservación desta fonte é pouco menos que cativeira. Dos cinco apartados nos que se subdivide so contamos con un: as Respuestas Generales ou Interrogatorio, que son as contestacións a un formulario de 40 preguntas onde se tocan variados temas como a poboación, a industria, o comercio e o sistema agrario da zona. Esta información pode ser consultada nos Arquivos do Reino de Galicia (A Coruña) ou no Arquivo Histórico Universitario de Santiago. Desgraciadamente, os Libros Personales (de legos e de eclesiásticos), que nos permitirían reconstruír o tamaño familiar e coñecer a idade e profesión dos cabezas de casa, ademáis de coñecer con moita máis exactitude o número de habitantes, e os Libros Reales (tamén de legos e de eclesiásticos), onde se detallan unha por unha todas as propiedades de cada veciño (casas, leiras, montes, partes nos muiños, rendas que pagaban...) non se conservan. Esta case que irreparable falta pudo ser reparada en parte gracias á visita feita ó Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid), onde se conservan as Comprobaciones do Catastro, polo que, alomenos, podemos empreñar os Libros Personais é coñecer todo o referente ó grupo familiar para mediados do século XVIII. O emprego dos Libros Reais é pouco menos que inútil xa que ó tratarse dunha comprobación só se especificarán as propiedades que cambiaron de dono por venta ou herdanza polo que non se pode evaluar a riqueza de cada veciño (de contar cos libros da primeira operación do ano 1753 poderíase ver unha evolución así como buscar posibles ocultacións nas declaracións...). A única información aproveitable no noso caso será a do número de cabezas de gando que tiña cada familia, xa que por tratarse dun ben tan variable é necesaria unha nova lista actualizada.

Para o primeiro tercio do século XIX temos que esperar ata o ano 1826 para poder saber dun xeito aproximado o número de habitantes do territorio que hoxe conforma o concello ceense. A dificil situación que atravesa España dende inicios deste século, lembremos a invasión francesa da que recentemente conmemoramos o seu bicentenario, non fai posible que a administración se poidera preocupar pola elaboración de novos censos e vecindarios. Nese ano aparece o Diccionario de Sebastián Miñano cunhas cifras moi discutibles, feito que xa foi advertido por contemporáneos como Pascual Madoz, autor doutra obra similar da que falaremos máis adiante. O punto final ó Antigo Réxime situámolo cun vecindario eclesiástico correspondente ó ano 1828 que, ó noso xuizo ofrece unhas cifras moito máis aproximadas á realidade como teremos ocasión de demostrar nas entregas seguintes. 

  • Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)

Que pasou na Costa na época moderna

Que pasou na Costa

Elección Histórica da Costa da Morte

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

Comentarios