Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII
Para estes anos contamos coa información do Catastro de Ensenada (1753) e das Comprobaciones (1763). Para o primeiro caso só contamos coas cifras totais de veciños do Vecindario de Ensenada, xa que como comentamos con anterioridade, os Libros Personais e Reais non se conservan para as nosas parroquias. Esta falta será suplida co emprego dos Libros das Comprobaciones que nos amosan a situación das parroquias dez anos despois. O emprego destes libros conleva certas dificultades xa que se consideran menos fiables que os seus antecesores. Nembargantes, nós pensamos que a súa utilización é indispensable no noso caso xa que nos permite aclarar todo o relacionado co grupo doméstico e poder establecer un valor medio no binomio veciño-habitante que lle aplicaremos a outras fontes próximas no tempo. Ademáis, os valores que ofrece esta fonte non ofrecen grandes notas discordantes respecto do que coñecemos e aínda máis, correspóndense de forma aproximada coa evolución que se pode obter a partir dos libros parroquiais, polo que o emprego das Comprobaciones está máis que xustificado.
Pouco despois, tan só cinco anos, aparecerá o Censo de Aranda (1768), elaborado a partir da información facilitada polos propios párrocos e que mereceu a atención dos investigadores con diferente fortuna. Para José Manuel Pérez García este Censo é máis fiable cá o de Floridablanca do ano 1787, mentras que Baudilio Barreiro atopa os seus datos un pouco inflados, aínda que é partidario de manexar as declaracións dos párrocos custodiadas no Arquivo Diocesano por parecerlle máis axeitadas á realidade. Precisamente, esta foi a documentación que nós consultamos. A información conservada divide a poboación en eclesiásticos, veciños e viúvas pobres. Para a parroquia de Brens consérvase o vecindario completo xa que segundo o seu párroco “se incluen sus familias, mayores y menores, y mas que cumplen i no cumplen con el presepto pasqual”. Para as demáis parroquias temos que engadirlle a poboación menor de sete anos, xa que ó non ter que cumplir co precepto pascual por non ter idade para comulgar non é incluída nos vecindarios.
Finalmente, o século XVIII remata, en canto a vecindarios fiables se refire, xa que o Censo de Godoy de 1797 ofrece unhas cifras moi baixas que o fan pouco creíble, co ben coñecido Censo de Floridablanca (1787), que se conserva nos seus recontos orixinais na Real Academia da Historia de Madrid. Este Censo foi estudiado en profundidade polo profesor Eiras Real. A conclusión a que chega despois de advertir diversos erros na súa elaboración, o que tamén é aplicable a tódolos censos da etapa preestadística, é que o erro por defecto nas cifras do Censo non debe ser superior ó 5%.
Neste estudio nós só empregaremos deste Censo as cifras totais que contrastaremos cos resultados obtidos a partir da Visita Pastoral de 1786, á que aplicamos as mesmas correccións que no caso do Censo de Aranda.
Vexamos, na seguinte táboa, como quedaría a poboación ceense nos diferentes recontos existentes entre 1753 e 1787. Para evitar a profusión de números, prescindimos nela dos números de veciños e ofrecemos directamente o número de habitantes resultante dos cálculos e correccións previas:
Parroquia | 1753 | 1763 | 1768 | 1786 | 1787 |
Ameixenda | 184 | 166 | 170 | 149 | - |
Brens | 263 | 306 | 262 | 240 | - |
Cee | 809 | 710 | 674 | 729 | 724 |
Lires | 301 | 357 | 379 | 416 | - |
Pereiriña | 565 | 528 | 519 | 439 | - |
Toba | 354 | 316 | 334 | 281 | - |
Total | 2.476 | 2.383 | 2.338 | 2.254 | 2.173* |
- * (Os 2.173 habitantes repártense entre os 724 da vila e os 1449 das parroquias rurais).
Con 2.476 habitantes segundo os cálculos feitos a partir dos datos do Censo de Ensenada, a poboación ceense tan só medrou un 7% desde o ano 1708. Lembremos que nese ano a cifra do total das parroquias estaba en torno ós 2.300 habitantes, valor no que se moven as cifras dos seguintes recontos, de tal forma que podemos afirmar que a meirande parte do século XVIII é dun claro estancamento poboacional. Como exemplo, os datos de 1768 indican que a poboación só medrou un 1.6% respecto a 1708 e mesmo no vecindario de 1786 pérdese un 2% respecto a esa mesma data, se ben esta perda de poboación está plenamente xustificada pola outra gran crise do século, a dos anos 1769-70, principalmente no primeiro ano onde a mortalidade de adultos na comarca de Fisterra multiplicase por 3.3 dacordo cos datos das parroquias de Cee, Toba, Ameixenda, Lires, Sardiñeiro, San Vicente e San Martiño de Duio, que contabilizaron no ano 1769 nada menos que 117 mortos frente os 391 dos dez anos anteriores (1759-1768).
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (I): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (II): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (III): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (IV): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (V):5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (VI): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX) (VII): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do Concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do Concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do Concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).