![Diccionario de Sebastian de Minano]()
Teremos que esperar case ata o final do Antigo Réxime para contar cun novo reconto de poboación. As causas xa as anticipamos con anterioridade polo que pasaremos a presentar de seguido as dúas fontes que podemos empregar neste momento, tan só separadas no tempo por dous anos; estamos a referirnos ó
Diccionario de Sebastián Miñano, de dudoso valor demográfico como demostraremos, e a unha nova Visita Pastoral, neste caso correspondente ó ano 1828 (Arquivo Histórico Diocesano, Serie General, “Valor de curatos y rentas en 1828”. Vecindario, carpeta nº 1182). Vexamos os resultados:
Parroquia |
Veciños 1826 |
Habit. 1826 |
Veciños 1828 |
Almas 1828 |
Habit. 1828 |
Ameixenda |
50 |
184 |
34 |
150 |
180 |
Brens |
84 |
308 |
73 |
324 |
389 |
Cee |
303 |
1.150 |
297 |
800 |
960 |
Lires |
119 |
591 |
87 |
227 |
272 |
Pereiriña |
96 |
500 |
100 |
450 |
540 |
Toba |
70 |
366 |
63 |
243 |
292 |
Total |
722 |
3.099 |
654 |
2.194 |
2.633* |
* Na columna de totais do ano 1828 engadimos un 20% como media correspondente á poboación de menos de 7 anos. Esta porcentaxe ten a súa explicación no Censo de 1860, onde a porcentaxe de nenos do concello de Cee situabase nun 20.5% aproximadamente para o tramo de idade ata os sete-oito anos.
As cifras totais de habitantes amosan uns resultados demasiado dispares, especialmente no caso de Lires, para un período de tempo separado tan só por dous anos. Témo-la impresión de que as cifras ofrecidas por Miñano están “infladas” e que as cifras da Visita Pastoral coa corrección da poboación infantil deben achegarse máis á realidade, xa que estas cifras encaixan con moita máis facilidade na propia evolución demográfica. Expliquemonos: se aceptamos como cifra válida os 3.099 habitantes que dá Miñano, teríase que dar desde 1786 un crecimento da poboación moi forte (un 37.5%). Se comparamos esta evolución coa que ofrecen os rexistros de bautizados pódese comprobar que hai crecemento pero non de tanta intensidade:
Parroquia |
Media 1781-1800 |
Media 1801-1820 |
Ameixenda |
8.0 |
8.2 |
Brens |
9.5 |
13.0 |
Cee |
30.8 |
33.1 |
Lires |
9.4 |
11.7 |
Toba |
10.8 |
10.6 |
Total |
68.5 |
76.6 |
O crecemento que se obten é dun 11.8% (esto sen contar que os rexistros parroquiais non son perfectos e que sempre se producen omisións que poden variar entre un 3 e un 5%, polo que podería establecerse o crecemento neste período nunha cifra arredor do 15%), moi lonxe pois dese 37% de seguir a Miñano. Pola contra, os datos que nos obtemos a partir da Visita Pastoral de 1828 apuntan a un crecemento do 16.8% moito máis acorde, pois con todo o que acabamos de expoñer.
* Nota aclaratoria da imaxe: Sebastián de Miñano (1779-1845), foi escritor, xeógrafo, historiador e político afrancesado. Entre 1801-1804 asesorou ó cardeal Luis de Borbón na corte. Xa na Guerra de Independencia, aínda que nun primeiro momento acompañou ó xeneral Castaños, acabaría por recoñecer ó novo monarca, José I polo que trala caída deste tivo que emigrar a Francia. Voltaría a Madrid en 1816 deixándonos a súa visión sobre a situación política que lle tocou vivir nas obras
Lamentos políticos de un pobrecito holgazán (1820), que, xunto con
Historia de la revolución de España de 1820-1823 por un testigo ocular (1824), escrita en francés, e o seu
Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal (1826-1829), constitúen o máis sobresaíente da súa obra.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
Que pasou na Costa
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).