Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático
No tocante ás omisións de carácter sistemático, a máis importante e habitual na meirande parte dos arquivos parroquiais de Galicia é a omisión da mortalidade de párvulos. O seu rexistro depende de cada párroco polo que nos podemos atopar con situacións como as de Cee, con cen casos aproximadamente nos que se especifica claramente que o morto é un neno pequeno (catro casos aparecen no ano 1658, practicamente cando se inicia o primeiro libro, pero despois teremos que esperar ata o ano 1807 para atopar novos casos), ou Toba, onde nos inicios do seu primeiro libro de bautismos aparecen cinco mortos no ano 1673, todos párvulos e deles, tres son de peito. No ano seguinte repítese a situación con seis mortos, dos que catro son de peito. A partir deste ano non atoparemos máis casos de párvulos ata avanzado o século XIX.
Por desgracia, en Galicia non sucede o mesmo que en boa parte de Castela, onde as series sacramentais iniciabanse con anterioridade ó Concilio de Trento, sendo os primeiros os libros de matrimonios e bautismos. En varias parroquias, aínda que non foi obrigatorio ata a segunda metade do s. XVIII, os párvulos comenzaron a ser anotados, do mesmo xeito cá os adultos, desde finais do século XVI. Probablemente, o seu asentamento obedece á necesidade de deixar constancia do feito para despois poder levar a contabilidade da parroquia, en relación co cobro de sepulturas e oficios relixiosos. No caso das nosas parroquias, o máis normal e que o párroco se limite a poñer unha nota marxinal cun simple “murió”. Se o neno morreu ó pouco de nacer a súa omisión é prácticamente segura, quizais porque ó párroco non lle interesaba facer o asento dalguén que non deixara nada no seu fugaz paso por este mundo. Esta debe de ser a razón pola que as veces atopamos partidas de bautismo iniciadas sen rematar e co citado “murió”, como por exemplo no Libro I de San Esteban de Lires. En definitiva, ó máximo que podemos aspirar é a reconstruir a mortalidade infantil a partir dos libros de bautizados desde o século XIX, que é cando atopamos, nalgunhas parroquias incluso antes, ó lado do nome do bautizado a data da súa morte no lugar da anotación de “murió”.

Despois de todo exposto nas entregas anteriores, parece que as fontes parroquiais teñen moitos defectos e que dificilmente se pode sacar conclusións fiables do seu estudio. Certo é que os arquivos parroquiais galegos, en xeral e a diferencia dos casteláns, son tardíos, mal conservados e contando ás veces con rexistros deficientes, pero aínda así teñen a avantaxe de ser a fonte de meirande representatividade social e ó mesmo tempo de ser a que menos poboación deixa fóra, polo que se converte nuha fonte insustituible á hora de afrontar estudios de carácter demográfico e social, tal e como xa deixara constancia na súa obra sobre a antiga provincia de Mondoñedo o catedrático Saavedra Fernández.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).