mércores. 30.04.2025
El tiempo
09:30
12/07/11

Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX): Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais

Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX): Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais

Despois do exposto, parece que as fontes parroquiais teñen moitos defectos e que dificilmente se pode sacar conclusións fiables do seu estudio. Certo é que os arquivos parroquiais galegos, en xeral e a diferencia dos casteláns, son tardíos, mal conservados e contando ás veces con rexistros deficientes, pero aínda así teñen a avantaxe de ser a fonte de meirande representatividade social e ó mesmo tempo de ser a que menos poboación deixa fóra, polo que se converte nuha fonte insustituible á hora de afrontar estudios de carácter demográfico e social.

Dada a importancia da documentación parroquial e con miras ó seu emprego demográfico neste apartado, faise necesario un control crítico previo co fin de ver a fiabilidade da fonte, xa que desta fiabilidade depende a validez dos resultados presentados.

En primeiro lugar, calcularemos para o caso da parroquia máis importante, a de Cee, a relación de masculinidade nos nacementos. Esta proba sirve para comprobar o número de nenos que nacen por cada cen nenas. Científicamente está demostrado que nacen máis nenos ca nenos, aproximadamente nunha relación de 105 a 100, aínda que esta relación varía en función do número de nacementos anuais. Desde logo, as parroquias rurais do concello de Cee ofrecen unhas cifras máis “problemáticas” pero aínda así móvense nuns parámetros de aceptación que poderiamos considerar como prudentes e que se xustifican pola pouca entidade poboacional das mesmas onde tamén xoga un papel importante a presencia de clero pouco instruído máis tendente a levar un rexistro menos escrupuloso. No caso da parroquia de A Xunqueira os datos son ben tranquilizadores (a media obtida e de 107.6%), aínda contando con algunhas faltas importantes, o rexistro parece fiable a nivel xeral tal e como se pode ver na seguinte táboa onde agrupamolos datos en series de corenta anos para contar así cun número de nacementos máis grande, o que contribúe a evitar as fluctuacións propias de series pequenas:

PeríodoTotal nacidosRelación Mascul.Tasa Masculinidade
1661-1700 865107.5%51.4%
1701-17401.031110.5%51.9%
1741-17801.077106.1%51.4%
1781-18201.278100.3%50.0%
1821-18601.411113.7%53.2%

A outra proba que efectuaremos é a da análise da división entre nacementos e matrimonios:

PeríodoAmeixendaBrensCeeLiresToba
1661-1700----4.34.96.0
1701-1740--4.44.83.46.3
1741-17804.43.23.94.04.1
1781-18205.83.94.94.44.4
1821-18603.95.84.45.45.8

Os resultados non parecen indicar uns rexistros parroquiais moi defectuosos, se ben hai momentos nalgunhas parroquias, especialmente nas rurais, con datos que apuntan a certo descontrol, se ben estas situacións quedan superadas nos datos de nivel xeral, que son os que nos interesan á hora de levar a cabo un estudio como este. Sirva como exemplo de comparación que o Morrazo e a Ulla presentan para o s. XVIII unha media de 4.2 fillos, mentras que nas terras de Xallas, o Salnés ou Mondoñedo a media acada os 4.8 fillos por matrimonio. Polo tanto, o noso concello quedaría á metade de camiño doutras áreas xa estudiadas.

  • Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)

Novas relacionadas

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Elección Histórica da Costa da Morte

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios