Sábado. 18.05.2024
El tiempo
15:17
04/09/10

O Barito, unha morte predecible

O Barito, unha morte predecible
Continuamos con esta proposta salgada que nos traen Xusto Gómez e o muradán Manuel M. Caamaño, as súas bitácoras tan vencelladas ao mar. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa. Hoxe, da man de Xusto Fisterra coñecemos unha nova historia de primeira man.

O Barito, unha morte predecible

Polas emisoras de radio, oíase falar do achegamento dos restos dun novo ciclón... o Klaus, cando, non había moitos dias, fixera o mesmo o Hortensia. Era o día 15 de novembro do 1984, o Barito, un pequeno barco duns 5 metros de eslora estaba recollendo as nasas pola zona da "illa de Santa Catalina" en Tal. Había mar de fondo, cando... un golpe de mar dalle volta de quilla o barco, os dous tripulantes caen o mar, Antonio Domingo Lado "Cuco" de 17, ao saír a superficie non vio ao patrón, Ángel Lestón Formoso de 48 anos. Entón foi cando se puxo nadar pra terra en busca de axuda. Ao chegar foi como puido a unha casa, chamou por teléfono á muller do patrón dándolle a mala nova. Púxose en marcha un mecanismo de busca, aparecendo horas máis tarde o corpo de Angel Lestón Formoso, máis coñecido como "Gelito". Era moi querido na vila de Muros, xa que, foi un dos fundadores do club de remo de Muros, sendo Antonio, tamén remeiro do club. E asi son as cousas da vida, un poco tempo despois, moi preto de onde morrera o seo presidente, perden a vidas, outros tres remeiros máis nun accidente de circulación. A súa viuda Socorro Leal recorda o suceso como algo horrible pero, ó mesmo tempo, incluso previsible, xa que, "...era un home que non lle tiña medo a nada, porque a súa complexión fisica forte facíao moi confiado. Levaba toda a vida no mar ca experiencia de ter pasado por distintos tipos de barcos e, ademais, nadaba como un peixe. Pero pese a ser un home de mar faltáballe a cualidade mais importante que debe ter un mariñeiro... respetalo mar. Téñolle berrado en multitude de ocasións por sair a faenar co noso fillo Lito cando so tiña uns 10 anos de idade en condicións meteorolóxicas moi adversas, e, o propio Lito tenme contado que moitas veces pasaran máis dun apuro intentando evitar que o barco lles volcase". "O día do accidente serían as 12:00h da mañá cando recibín a fatídica nova a través dunha chamada telefónica do tripulante Antonio Domingo que traballaba con él. Dentro do lóxico estado de shock no que quedei, de seguido, avisei tanto á Comandancia de Marina como a familiares e veciños. Lembro que, chovía e ventaba moito, pero en poucos minutos xa se xuntaran todos pra... en coche, desplazarse ata as proximidades do lugar do naufraxio". "A miña cabeza empezou a asumir que as posibilidades de topalo con vida, eran poucas, pero... ainda así, pra o descanso da familia, o feito de que atopen o corpo é un pequeno alivio pra evitar volverse tolo". "Só tiveron que pasar unhas poucas horas pra certificarla mala nova... ¡acababan de topalo corpo do meu home sen vida!. Non só acababa de perder a persoa ca que formara unha familia, se non que, ademais, xa non estaba o motor do sustento da mesma, e, polo tanto, sentía que estaba embarcando nun navío que se ía polo mar abaixo, sen viveres... e con catro fillos que sacar adiante". "Grazas a Deus, a mente, moi pouco a pouco fai que vaiamos topando o bo rumbo da vida e sigamos loitando polos nosos seres queridos. A pesar das adversidades, unha das cousas que máis me desafogou foi... comenzar a escribir pensamentos, que logo se convertirían en poesías, sen moito valor literario pero con moita carga emocional, que fixeron que recargase forzas para posteriormente facer todo tipo de actividades ca xente da miña idade. Seguir adiante e moi duro, pero é a mellor terapia para que a cabeza comence a descargar tensións e sigamos o curso da vida axudando ós fillos e non condenandoos tamén a eles a ir a pique". "Hoxe, por sorte, os meus catro fillos teñen a súa vida e os seus traballos do que eu estou moi orgullosa, pero sei que, eles tamén o están de min, porque, sempre que teñen oportunidade, me recordan como unha cualidade persoal o meu espíritu de loita e sacrificio". O mar, o que tanto dá, pero que... tanto nos quita, cobrouse unha nova vida, ¿podíase predecir?, non sabemos, máis, o que sabemos é... que ao mar non se lle pode perder o medo, cando iso pasa, estaremos sendo unhas vítimas en potencia, un día ou outro... convertirémonos noutra vítima que engadir a larga lista de.... náufragos do mar...

Máis información

A cara máis íntima do Naufraxio

Comentarios