O exilio de don Voto Perdido
11:25 09/02/11
Don Luís Seoane anda camiñando sen acougo. Vai comentando co seu compañeiro Lorenzo Varela que a sesión do Senado na que se derrogou o dereito a votar nas eleccións municipais é o máis lamentable e egoísta triunfo dos ignorantes mesturadores de dereitos con xeografía e sentimentos. Coida que a Radio do Ceo terá moi boa audiencia porque o programa que agora mesmo comeza convidou a tres figuras representativas da vida política galega que foron deputados na II República e no Parlamento de Galicia. Antes das intervencións de Alfonso Rodríguez Castelao, Antón Alonso Ríos e Ramón Piñeiro López o recén chegado presenta o saúdo protocolario aos membros da Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Don Voto: Agradezo a boa acollida e o refuxio que me ofrecedes. A verdade, meus prezados amigos que nunca pensei que nestes tempos de vida democrática tivese que fuxir ao exilio coma fixen despois do fatídico mes de xullo de 1936. Os nosos partidos políticos son os amos e nós uns pobriños paduanos indefensos. Eles actúan coma se fosen os donos da verdade esquecendo que teñen un mandato condicionado e limitado. Case parece que fose o portador dun virus que se debe eliminar para exterminar o perigoso dereito de querer decidir sobre os asuntos referidos ao lugar de nacemento.
- Alfonso: Sorprende moito ver que hoxe as Cortes son algo ben diferente daquelas nas que os galeguistas loitábamos polo recoñecemento da identidade de Galicia. Non entendo moi ben o razoamento xeográfico porque se só poden votar os residentes entón Galicia terá que devolver os centos de millóns das vellas pesetas que enviaron os meus irmáns emigrados na Arxentina. Aqueles cartos eran estranxeiros entón a pregunta é se só estamos ás maduras non imos a ningures. Poida que os actuais deputados e senadores non coñezan moito ou case nada da Guerra Incivil, pero...meu Deus...están moi desnortados.
- Antón: A min caseque non me sorprende nada porque estou vendo que a única preocupación é a de vivir ben eu e que se fodan os demais. Así de claro. Quero dicir para que se me entenda ben que a min non me ofenden. Non, faltaba máis. Sería darlles unha importancia que non teñen. Un grupo de desagradecidos cuns bos salarios e que se poden xubilar coa paga máxima despois de cotizar coido que 11 anos non teñen a categoría moral para ferir ao Siñor Afranio. Se soubesen os señores lexisladores que están aí grazas a que eu e outros máis estivemos fuxidos polos montes. O frío, a chuvia e o medo foron as bases enriba das que logo se puxeron os alicerces da democracia actual. Non hai que ser moi espelido para decatarse que aqueles que están lonxe son fillos da mesma nai.
- Ramón: Pídovos desculpas, meus amigos. Sinto que parte ou moita da culpa é miña. As miñas teses sobre a morriña e a miña posición arredor da necesaria galeguización de todos os partidos políticos galegos foron un fracaso. Pensei que o máis acertado era que a identidade formase parte fundacional de todo partido político galego democrático. Non sei, estou desconcertado. Poida que a crise creada pola avaricia dos delincuentes financeiros made in U.S.A. contaxiase de insolidariedade aos nosos políticos que se defenden arredor da patria xeográfica e abandonan a patria sentimental.
- Don Voto: Sinto ben que fose quen vos puxese así tristeiros e desencantados. Vos non sodes responsables de nada. Se cadra, aínda hai algún cerebro pensante que sostén que fun manipulado e que se viaxo máis aló do río Miño deberán de determe por estraperlista. Cando non se queren aceptar os erros propios hai que buscar un culpable fóra. Semella que o incumpridor son eu que só son un medio para que os cidadáns expresen a súa escolla nunha cita electoral. Agora que o penso ben non sei se acudir ao Tribunal Penal Internacional para defender a miña honra xa que estou farto dos insultos descalificatorios de suxo, trapicheiro e vendido. Agradezo a vosa acollida garimosa no seo dunha Asemblea que de agora en diante será o meu novo fogar neste fermoso espazo galego de paz.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Colaboracións anteriores dende Lonxe de Montevideo
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai .
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .