Sábado. 18.05.2024
El tiempo
15:16
11/09/10

O Isleña - Un naufraxio esquecido?

O Isleña - Un naufraxio esquecido?
Continuamos con esta proposta salgada que nos traen Xusto Gómez e o muradán Manuel M. Caamaño, as súas bitácoras tan vencelladas ao mar. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa. Hoxe, da man de Xusto Fisterra coñecemos unha nova historia de primeira man.

O Isleña - Un naufraxio esquecido?

Hoxe escribirei sobor dun naufraxio, que non foi contado nos libros. A xente sempre oíu falar del, pero con datos moi confusos. Nalgunhas publicacións noméase mal a situación, ou o número de mariñeiros. Xa que foi uns dos naufráxios coñecidos de xente de Fisterra, quero dende aquí facer unha lembranza deses mariñeiros. Era o día 23 de xaneiro do ano 1961, o mar estaba moi malo, rompían os baixos da "parede" debaixo do faro de Fisterra, o "Isleña", un barco dunhas 7 toneladas, con matrícula de Vigo e con base no porto de Fisterra, estaba recollendo os aparellos no lugar do "leixón", cando un golpe de mar procedente do baixo da "parede", alcanzounos de costado facendo voltear o barco, os seus sete tripulantes caeron á auga. Esto todo foi visto polo mariñeiro que estaba destinado no faro de Fisterra, Nazario Rivera "pintura", que cheo de nervos, collío a súa bicicleta e pedaleou os case tres kilometros que separan o faro do porto, chegando a este exhausto, case que non respiraba docansado que estaba, avisou aos mariñeiros de que o Isleña, dera volta de quilla debaixo do faro. De seguido, saíu a toda máquina o " Segundo Choupín", patroneado por José Antonio Martinez, "o repoleiro", mentres, os homes loitaban por manterse a flote. Un destes mariñeiros, Moncho "de Rosina", foi quen, dende o primeiro momento na procura dos seos compañeiros, collendo a Juan "da Cueva" botándoo enriba da quilla do barco que aínda se mantiña a flote. Logo proseguío na procura de outro, Bautista, e así ata tres compañeiros, o último destes era "o Meijiño", antes de, voltar el mesmo pra enriba do barco, falou co motorista, que por mor do gasoil non vía nada e estaba desorientado, dicíndolle que aguantase que os viñan buscar, el xa non podía facer máis, estaba rendido do cansancio. O motorista, José López, foi un dos que morreran, xunto con dous irmans, Manolo e Modesto Marcote Redonda. O "Segundo Choupín", abreulle máquina ao seo motor, botando rumbo ao lugar do naufraxio, recollendo con vida a catro dos seos sete tripulantes, non pudo salvar aos outros tres que desapareceran nas augas do mar. Ao chegar a porto montouse entre os barcos do porto, un efectivo de búsqueda dos desaparecidos, dando o seu froito poco despois recollendo entre os aparellos os corpos dos desafortunados mariñeiros. Ó seguinte día, montouse un gran funeral con autoridades civis e militares pra darlle o último adeus a aqueles homes que deixaron a sua vida no mar de Fisterra.

Máis información

A cara máis íntima do Naufraxio

Comentarios