O Mal Goberno
11:10 20/08/12
A convocatoria de eleccións en Galicia para o próximo 21 de outubro deixa a flote unha vez máis os incumprimentos dun goberno coa Costa da Morte.
Como en tantas ocasions previas (todas en realidade) o actual goberno deixa unha vez máis sen rematar ou sen iniciar obras no noso territorio, faltando á propia palabra (“A obra da autopista estará rematada antes de finalizar a actual lexislatura” A. Hernandez. Conselleiro) ou esquecendo promesas electorais da anterior lexislatura. E me parece este un momento estupendo para falar dunha figura extrema da acción política. Eu o denomino como “o mal goberno”
Este xeito de dirixir a cousa publica existe a tódolos niveis, non só autonómico. O mal goberno se caracteriza por unha total falla de respeto polo gobernado, que pasa a ser un simple “peón caminero”, destinado a carga e descarga, a proveer de fondos as arcas públicas para que continúe o dispendio mentres se piden esforzos para a mesura e a austeridade.
Un mal goberno utiliza a forza pública a vontade, con ou sen violencia, para intimidar a poboación ou, no peor dos casos, para asustar sen darse nin conta de que enviar a un home uniformado e armado a casa de calquera, ainda que sexa de boa fe, non queda ben. Para iso se inventaron os bedeis. Non só para que funcionen coma comisarios políticos do partido de goberno. Suponse que se hai que localizar a alguén é bo que sexa esta figura a que axude na laboura e non, insisto, un individuo cunha pistola no cinto. Isto o puxo moi de moda certo alcalde multi-imputado é parece que custa perder o costume. Xa vai tocando.
Un mal goberno trata á xente coma se fose idiota. Rise na súa cara. Afirma sen medo que a acción do presidente da Xunta coa Costa da Morte foi “chachi piruli” obviando que vivimos aquí e non en Compostela e que, unha vez mais, en catro anos, aquí, nada cambiou. O que era é, o que falta segue faltando e no medio perdemos calidade de vida, ou ben por ausencia de alguns servizos ou ben por detrimento de outros que eran dun nivel ou calidade e que agora son sensiblemente inferiores.
Un mal gobernante cre que os administrados lle queren mal cando o critican. Pero en realidade non hai nada desafectivo en crer que alguen non o fai ben cando xestiona a cousa pública dun xeito claramente distinto a como dicía que o ía facer cando non gobernaba. Teño dito xa noutras ocasions que o que matou o bipartito non foi nin a campaña de descrédito (que risa marialuisa) do PP co conto do despilfarro de Touriño e Quintana (Festival del humor) senón a sensación de que os votantes de esquerdas tivemos de que, en realidade, despois de décadas de Fraguismo o cambio non tiña significado realmente nada. Uns mandaban de traxe e corbata e os outros de chaqueta e vaqueiros. Nada máis.
Pola mesma regra de tres o que matará a Feijoo (políticamente) vai ser a sensación de que o PP é unha forma de viruela que arrasa por onde pasa e que o de Galicia está tanto ou máis contaminado coma no resto de España, ata o punto de esquecer aos amigos (Gayoso dixit) e deixalos aos pes dos cabalos por un “quítame aló unas caixas”
Un mal goberno convoca as eleccions cando mellor lle vén. Antes de que Rajoy I “O suicida” decida novos recurtes e pida un segundo rescate que acabe co PP e co país e antes de que se consume en Galicia a lembranza da maior catástrofe medioambiental da historia, si esa, a dos “Hilillos de plastilina” que este decembro cumpre unha década. Mal momento para eleccions.
Un mal goberno é aquel que pensa que unha boa política é medir as accions de goberno en función de que algún pode estar cobrando unha pensión de 1800€ (2%) e cobra as medicinas os xubilados esquecendo que a maioria cobran unha media de 600 (98%). Un mal goberno manda a fame aos seus parados de longa duración retirando os 400 miserables euros que cobraban mentres nega a sanidade aos inmigrantes que recollían as merdas dos seus cans nas urbanizacions de luxo nas que reside a elite hipócrita e mediocre que enche de asesores e cargos inútiles… un mal goberno.
O 21 de outubro os galegos deciden canto teñen de suicidas. Agardo que sexa menos do que todo o mundo cre. De nós depende.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Verdades
- 25 anos despois.
- BCE.
- Dez cousas que non teñen xeito.
- As liñas vermellas.
- Grandes Penalidades.
- Sete centímetros.
- E agora que?.
- Mediocres.
- Dimisión.
- Eufemismos.
- Os que mandan.
- Non chegarán.
- Agustín acredita nos Mayas e outras historias.
- Fauna.
- Zozobra.
- Folga.
- Fe.
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- “Agallas”.
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- “Aínda que pareza mentira…”.
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo….
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo….”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.