O María Benita
13:51 14/11/10
Continuamos coa proposta chea de salitre, con sabor a un mar de ausencias que nos ofrecen Xusto Fisterra e Manuel M. Caamaño dende as súas bitácoras. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa.
Hoxe, dende Fisterra, Xusto Gómez, achéganos unha nova historia triste e salgada:
O María Benita
Libros e comentarios de naufraxios hai moitos, pero hoxe comentarei un do que me falou o meu amigo Gabriel Satti. É un dos típicos naufráxios sin vítimas dos que non se soe falar moito. Pero ten cunha cousa que o fai especial, que a pesares de ser no 1947 quedounos un documento fotográfico para o recordo, este barco era o "María Benita", tiña once metros de eslora e unhas dez toneladas de rexistro bruto.
Outra peculiaridade é que era un dos primeiros no porto de Fisterra en ter un motor a gasoil, o armador e patrón era o xuiz de paz de Fisterra por aquel tempo chamabanlle Juan "de Benita", tamen iban o seo irmán Pepe, Manolo "de cuello", o seu sobriño Victorino, Juan "da cova", Jose "de cusculias", Segundo "da chona" e de motorista iba Roque Insua.
Aquel día, a tripulación estaba preparando os palangres do concro para despois ao redor das once da noite saír cara o "mar d´area ", mar de fóra a largalos e ter o asexo. Despois de darlle unhas catro horas, foron a recollelos pero o vento e a chuvía arreciaban. Vestiron o sudeste, pero o vento iba a máis. Juan "de Benita", mandou refuxiarse aos seos homes no rancho do medio, e puxo rumbo a casa.
Sobre as oito e media da mañá, estaban frente ao faro do cabo Fisterra, vixiábaos dende este o sobriño de Juan que estaba a facer o servicio militar, o barco subía e baixaba, a auga entráballe as máquinas cando se puxo de través para virar, do golpe que le deu saltaronlle as tapas dos cuarteles, logo deulle a popa e enfilou cara Fisterra, tiña que parar ás veces a marcha para non embalarse na "popada", xa que de facelo podíase meter a proa na rutía que o precedía, e... xa non subiría o barco quedando á merced da seguinte.
Sobre as dez menos cuarto pasan frente a cabanas, achicando a auga que entraba pola borda. Lentamente avanzaba, quedáballes unha milla pra chegar, e sobre as once, viran a babor e encallan o barco na praia da Ribeira. Alí estábanos agardando case que todo o pobo: lágrimas, risas, e sobre todo este documento fotográfico que nos lembra o que sucedeu o 1 de febreiro do ano 47.
Esta historia, vai dedicada a todos os que perderon a vida nestas augas.
Tamén quero darlle un agradecemento especial a meo amigo Gabriel por facilitarme esta documentación.
O María Benita![Naufraxio do María Benita]()

Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
- Naufraxio no río Xallas.
- O naufraxio do Good Lion.
- O Naufraxio da dorna "Magdalena".
- O Urlea.
- Cariño, agarimo e Miramar.
- Unha vida truncada nunha hora.
- "Foulas Anacaradas".
- O Isleña - Un naufraxio esquecido?.
- O Barito, unha morte predecible.
- Historia dun espolio.
- O tío Benito e mais o Tío Juanitiño.
- O Vapor da Prata (o Skyro).
- O Enero... lembranza ó Carme.
- Traxedias esquecidas: O Vapor "X2".
- Gran Soleiro II: Un rescate, unha perda....
- Dom Pedro.
- O naufraxio do Frank C en primeira persoa.
- A cara máis íntima do Naufraxio: O Frank C.
- A bitácora da semana (LXXXI): O blog de Xusto de Fisterra.
- A bitácora da semana (XCII): Homes de Pedra en Barcos de Pau.
- Modesto Fraga leva a poesía ata o fondo do mar de Fisterra.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Conversando en Corme: Un repaso con Fernando Patricio Cortizo á historia de moitos Naufraxios da Costa.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Recuperando o patrimonio subacuático da Costa da Morte.
- O último corsario presentou a súa novela na casa.
- Flocos.tv: A Rosa dos ventos.
- Un artigo de Xosé Manuel Varela Varela: Un náufrago na Costa da Morte.
- Un artigo de Juan Campos: Retrato dun capitán suicida (O naufraxio do Liverpool).
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Homenaxe ao Bonito: "O sal, o sangue de Fisterra".
- Homenaxe ao Serpent 2009: Sembrando os cimentos dunha homenaxe aos mortos do mar.
- "Unha vida no mar", documental sobre o mar de Laxe.
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).