Ogallá me tapen a boca
Escribo isto con tódalas gañas de que nuns días me teña que tragar as miñas palabras. Parece ser que a pasividade da Xunta pode estragar unha iniciativa pioneira como a da Reserva Mariña de Lira. Eu, dende o meu posto de xornalista en Radio Nordés Cadena SER, asistín ao nacemento dese proxecto. Diría máis, tiven o pracer de poder contar a aparición dun proxecto tan ilusionante nunha bisbarra famosa por outro tipo de acontecementos de carácter ben distinto.
O mundo do mar, para algunha xente, é un reducto de individuos carentes de escrúpulos, esquilmadores e bárbaros varios. A Reserva Mariña de Lira, xunto coas ideas de asociacións como ASOAR-ARMEGA, desbotan esa teoría. Por primeira vez é o propio sector quen fomenta políticas e toma medidas para salvagardar o recurso e garantir a recría das diferentes especies. Moita xente decatábase así de que outra xeración de xente estaba a traballar no noso mar. Infinidade de canais de televisión de todo o planeta teñen vido á Costa da Morte, e en concreto a Lira, a facer documentais sobre tan loable iniciativa. A repercusión mediática e a publicidade obtida con ese noble proxecto é impagable. Certos gobernantes do PP teñen dito que o do Prestige, no fondo, foi unha grandísima campaña de imaxe con impagables minutos de televisión. POis que se apliquen o conto. En Lira foron capaces de facelo sen necesidade de facer o ridículo ante as cámaras nen tirando bosta polas pedras.
Agora o PP quere esnaquizar ese proxecto. Básicamente porque nunca creron nel. Nin eles nen moitos dos responsables de confrarías que comulgan co de “pan para hoxe…”. O PP, con gran poder nas figuras dos patróns maiores, non pode “fallar aos seus”. O sector máis reaccionario do mar nunca quixo que se fixese unha reserva mariña e agora pide contas. A Xunta vai deixar morrer un proxecto que encheu de orgullo a unha bisbarra. O goberno considera que a “ese” mundo do mar, pódeno camelar sobradamente. Basta con cargarse todo o que lles molesta e agasallalos con periódicas subvencións para facer casetas, chiringuitos e demáis trapalladas. Os proxectos formativos ou produtivos non interesan. E non interesan porque entre outras cousas non cren tampouco neles. O mar é un atraso e queren que a reconversión continúe.
Dende aquí todo meu agarimo para Milucho, compañeiros de tantos minutos de micro. Para todos os que por activa ou pasiva propiciaron o nacemento da reserva mariña. Porque esa xente amosou que o mar no está cheo de piratas. Deron a coñecer que hai xente que cre no mar como fonte de vida. Xente que pensa que outro xeito de explotar o mar é posible. Mariñeiros que queren deixar o mar, polo menos, tal e como o herdaron dos seus fillos. Patróns que cren nas reglas do xogo e que propiciaron o nacemento dun espazo de cría do que TODOS se podían aproveitar. Non todos son piratas. Os piratas, efectivamente, andan polo mar. Pero tamén onde hai moqueta abondan os filibusteiros.
- Fran Hermida (franhermida@quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- A Xunta deixa morrer a Reserva Mariña de Lira, que segue dando exemplo en festivais de todo o mundo.
Máis información
- senxeito.eu, o blog de Fran Hermida.
Entrevistas con Fran Hermida
- 10 preguntas con Fran Hermida, o camello do humor da Costa da Morte: 10 anos percorrendo o país arrincando gargalladas.
- "Eu son pelexón e rebelde e polo tanto toca reconstruirme".
- Da radio municipal de Corcubión á tele.
Outros artigos Sen xeito
- Hai un ano.
- Outra campaña da Xunta.
- Cerimonia da confusión.
- O galego sae caro.
- Mundo Pendular.
- Casi un 10% de vergoña.
- Carta ao alcalde de Corcubión.
- Cousas que pasan desapercibidas.
- Falta de valentía.
- Folga Xeral.
- Touros.
- Prexuizos.
- Polígonos.
- Foro Costa da Morte.
- Ocos.
- Unha de crise.
- Golpe do mar.
- Viaxe no tempo.
- Batalliñas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).