venres. 09.05.2025
El tiempo
10:15
15/04/11

Podre

Di o dicionario que a palabra “Delirio” describe unha crenza que é falsa, extravagante ou derivada dun engano. Un “delirio de grandeza” polo tanto, sería unha crenza desa clase engadida a unha visión excesivamente superior dun mesmo ou do seu proxecto. O mellor todo o que nos pasa parte dun desarranxo mental. Dunha clase calquera de enfermidade mental, megalomanía, complexo de superioridade, non sei. Pero existen certezas que provocaron que este luns se desatase o apocalipse político na Costa da Morte e creo que é chegada a hora de dicir un par de cousas claras, para evitar equívocos futuros. En primeiro lugar, da lectura do sumario da Operación Orquestra un opten reaccións físicas desagradables. Náusea, malestar xeral, afogo. É tal o grao de corrupción, tal a desfachatez e a falla de respeto o administrado, tal o absurdo, que o propio sería chorar. Pero reposto xa desta primeira lectura o que xurde no lector e xenreira, odio xenérico a clase política e a elite que a utiliza e a fomenta en base a obter deles, dos alcaldes, dos concelleiros, canto máis mellor. Trátase de conseguir o máis posible. Trátase do atraco a man armada da Costa da Morte, do total roubo das potencialidades da comarca, en prol de que un grupo de inútiles integrais perpetúen o caciquismo do século XVIII disfrazado de democracia. Nos consideran idiotas e, por desgraza, confirmamos a súa crenza a diario. Eu non teño dubidas. A miña seguridade en que estamos falando non de presuntos, non de supostos, non, a miña total seguridade en que falamos de simples delincuentes basease na lectura, que debería ser obrigada nas escolas, dos miles de folios dun sumario que amosa simplemente, con luz e taquígrafos, aquilo que tanto nos tememos. Nos rouban, nos manipulan, nos mexan por enriba e nos, canta verdade, dicimos que chove. Prevaricación, suborno, falsidade documental, trafico de influencias, delito contra a facenda publica, estafa … Todos evidentes, todos confirmados, en horas e horas de chamadas cheas de prepotencia, de impunidade, de total desprezo polo cargo, pola vila e polos veciños dos tres concellos (e algún mais) imputados no asunto. Unhas vilas que ¡debaten! (mi madriña¡¡) si votar ou non a esta banda criminal … pero imos ver, ¿Qué estamos de coña? Repito, para evitar equívocos, calquera que vote a calquera dos imputados é, basicamente, coma el. Un perigoso veciño, un parásito social, un perigo para os demais e alguén en quen non se pode confiar. Si, esta dito. Considerádeme como queirades pero me resulta insoportable pensar que alguén no seu sano xuízo sexa capaz de dar calquera clase de xustificación a persoas (sobre todo a unha) capaces de mentir, someter, amedrentar, ameazar, insultar, prevaricar, subornar e ser subornado, manipular, falsificar e enganar a propios e alleos, sen que medie algún tipo de problema de saúde mental. Non é aceptable, sinto. Só a ignorancia dos feitos pode eximir a alguén de entender por certos todos estes feitos, principalmente nun caso no que, para colmo, atopámonos con delirio. Cun grave. Ese que xurde do medo, ese que sofre o xabarín ferido cando se sinte acurralado e ataque sen mirar a onde nin como. Con fereza e sen razón. Cheira a podre na Costa da Morte. Non, nada de “tufillos”. A podre. Vale a pena abrir as fiestras e que se ventile. Sen medo, e quen teña medo que saiba porque o ten. Eu non o teño aínda que moitos o pretendan. Porque a realidade e subxectiva pero a verdade non. E máis de 10 tomos de gravacións, fotografías, pescudas e informes xustifican, para a policía nacional, que a Costa da Morte esta podre ata o oso. Hai que extirpar. Non queda outra. Aí está o 22 de maio. Non temos escusa. Hai que extirpar.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores

Comentarios