Sábado. 07.09.2024
El tiempo
15:43
10/09/14

Solvencia financeira municipal

Solvencia financeira municipal

A solvencia financeira, en termos xerais, refírese á capacidade que posúe un suxeito para satisfacer oportunamente o pagamento das súas débedas. No caso dos concellos, explica á robustez municipal para afrontar as obrigas crediticias.

Para avaliar a solvencia financeira dunha empresa privada, analízase a composición do seu balance. Pero, no ámbito da economía pública, existen outros instrumentos máis apropiados para o seu coñecemento. Estas ferramentas son, entre outras, o resultado orzamentario e o remanente de tesourería, cuxas cifras, referidas a 2013, terán que ser aprobadas nos plenos dos nosos concellos antes do primeiro de outubro próximo.

Interesa coñecer estes datos, porque aínda que no sector público local, debido ás peculiaridades propias da Administración, non se activan consecuencias tan dramáticas ante unha eventual morosidade extrema como no ámbito empresarial (concurso de acredores e quebra), a insolvencia pública xera os lóxicos efectos de natureza política, ademais dos problemas económico-financeiros implícitos, propios de calquera situación de inestabilidade.

Confiemos en que os gobernos municipais cumpran coa súa obriga legal de aprobar a conta xeral en prazo, e que a oposición faga ben o seu traballo de control, para que os veciños poidamos dispoñer desa información, opinar e, no seu caso, esixir responsabilidades.

  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios