Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte

Non é doado escribir unhas liñas recordatarias sobre unha persoa falecida cando hai moi pouquiño estiveches con ela diante dun micrófono e logo gozando dunha saborosa pizza en Villa Luro. Estou moi triste. Dóeme que se fose camiño do alén o prezado amigo Adolfo J. Lozano Bravo. Coñecino en Montevideo –-hai agora 35 anos--- cando veu xunto con Graciela Pereira para participar na celebración do centenario do Centro Galego. Alí proxectou un fermoso audiovisual con fotos súas no que Galicia estoupaba de beleza. A voz de Graciela púxolle sentimento as imaxes dun porteño que viña de coñecer a aldea paterna de Santalla de Dumpín en Castro de Rei.
O ingreso de Adolfo na colectividade fíxose da man de don Rodolfo Prada Chamocín despois de ir falar a un acto na escola onde estudou Adolfo. Logo da charla foi saudar ao gran galeguista ---albacea testamentario de Castelao--- para informarlle de que seu pai nacera na Terra Chá lucense. O sempre garimoso don Rodolfo convidouno para visitar o Instituto Arxentino de Cultura Galega no que estivo moitos anos empurrando pola difusión da cultura galega en estreita relación co gran directivo Segundo Pampillón.
Logo de sufrir moito polo desprezo feito ao seu mestre Bieito Cupeiro; deixa o Instituto e comeza a colaborar no Centro Galicia sendo a alma e o motor das primeiras viaxes de alumnos a Galicia. Aquelas históricas visitas ---en tempos de Amarelo de Castro en Emigración--- foron unha experiencia inesquecible para os participantes que se incorporaron ao esforzo solidario para manter viva a cultura dos avós en Bos Aires.
O seu bo facer foi quen de conseguir que o rector da Universidade de Belgrano, Avelino Porto, autorizase a creación dun Centro de Estudos Galegos na máis importante universidade privada da Arxentina. Agora mesmo ademais de en Belgrano impartía cursos de cultura galega en Avellaneda [Centro Galego] e na Prata [Centro Galego]. Sen esquecer o seu programa de radio no que poñía cartos xa que non chegaba cos anuncios. Fixo presentacións do seu audiovisual por infinidade de cidades do interior arxentino sen cobrar nunca nada. Adolfo era feliz cando algún fillo de emigrantes se achegaba a comentarlle sobre as orixes. Dicía que non hai mellor pagamento que aquel que sae do corazón dun descendente que decide unirse ao verde espazo atlántico onde naceron os devanceiros.
O meu amigo era un bo coñecedor do mundo do tango. Teño moito material gráfico que me facilitou e tamén gravacións, entre elas, a serie editada por “Clarín” titulada Tango de Colección. Lozano sabía da teoría e da práctica tangueira porque cantaba e bailaba estupendamente. En Vimianzo ten un grupo de amigos que non esquecen cando de percorrido polas terras bretoas nos alegraba os longos desprazamentos na busca dos máis significativos monumentos megalíticos. Lozano deixa boa semente por toda a xeografía galega. Desde os Ancares e ata O Rosal non hai parroquia onde non recorden cando aquel profesor arxentino se achegou para quitar unha foto e beber un viño na taberna.
Cando poida verei de cumprir un desexo seu que non se puido concretar. Adolfo propúxome a impartición dun curso especial sobre a presencia dos galegos no tango. Tería lugar no Centro Galego de Avellaneda os sábados pola tarde. Dicía que sería un éxito e que o presidente Juan Rodríguez estaría moi compracido coa iniciativa xa que hai asociados que me coñecen e outros que leron o meu libro A emigración galega no tango riopratense. O proxecto incluía a entrega de diplomas de asistencia nunha cerimonia de peche onde cantaría Virginia Alarcia. O meu nobre amigo sentíase moi orgulloso de que a súa sobriña Virginia gravase “Tango sentido”, un disco de calidade no que inclúe “Adiós mi barrio” do baionés Vítor Soliño e “Corazón al sur” da gayega Eladia Blázquez. Adeus Adolfo e que teñas unha boa viaxe!
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata.
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).