Un berro para cambiar o mundo
Comeza a espallarse o berro das almas dispostas a cambiar o mundo no que vivimos por aquel no que desexamos vivir.
Moitos observan dende a distancia delinearse este camiño no contorno das montañas, outros postúlanse con curiosidade na cercanía dun oco aberto entre a follaxe. Independentemente da posición e da miopía persoal, atisbase a posibilidade de encamiñarnos ao cambio dunha sociedad eternamente contraria a evolución por un motivo tan simple como o da única opinión.
Nunca existirá quen se faga co poder da razón nen quen simbolice unha representación na que tan necesario é o dormir como a vixilia, mais debe existir a consciencia, e preciso ver a alba tras o contrapunto da oscuridade iluminando os soños, punto de reflexión coa relidade no que debemos despertar. Neste cálido soño dun amencer revolucionario a fría organización social represora da creatividade colectiva atenaza a forza da loita por despertar este cambio. Así pois compre no ser vago cando o traballo do día exise ver á alba coa alma.
Os demos non temen ao frío nen precisan das mantas para impor a escravitude social baixo o xugo dos gobernos, e istes preséntanse na nosa terra desexando minar as nosas ansias de liberdade … desperta.
Corcoesto é so o principio dun proxecto para abrir en canal un corpo que sedado non doe, máis un tardío despertar amosará cicatrices de cosido cianurado e úlceras arsénicas que postergarán a vitalidade e a saúde baixo unha anticipada e obrigada vellez.
Ás veces a lua está tan chea que non se precisa da chegada do día para ver o camiño, as veces compre andar na noite para poder aproveitar o día.
A incredulidade e a impotencia danzan entre as miñas neuronas ao son de insultos e improperios dos seres que apoian minar Galiza a ceo aberto. Abertos estiveron os meus oídos a xente da empresa, atentas as miñas neuronas as súas enxeñeiras e no que parece un “alarde” de estupidez encamiñeime ás conferencias e charlas de diferente postura, lin as alegación interpostas ao igual que o proxecto imposto e escondido entre toxos poiden atender a científicos, enxeñeiros e catedráticos postulados na contra deste demo (pois xá o coñecía). Busquei información e vin documentais de lugares xa operados e tras todo isto reflexionei cunha idea propia e non imposta.
Como comprender a quen se ofrece ao paredón e a cada paso voluntario anuda a venda aos seus ollos entre improperios susurrados a cada ser coñecido coa altiva seguridade da única razón, chuspindo un odio axeno creado ou removido por desexos de deuses dourados que o incitan a pringar a cantas almas poida no camiño do suicidio da súa propia.
Colectivos mina sí compite coas máis grandes multinacionais e nun alarde de poder económico: reparte panfletos por buzóns, rúas, bares e tendas; colga carteis nos concellos farolas e nas farolas dos concellos. Alza a súa Voz como único son manipulando coa codicia aos que depositan a confianza en calqueira profeta alleo.
Verdades tan ben estudiadas e diseñadas que non existe seguro que o avale nen empresa aseguradora que sele tal compromiso. Verdades coma puños que sen vaselina resultan extremadamente doentes para calqueira cú asentado mínimamente no tema a tratar. Mais para aqueles que duden en escoitar outros razoamentos fóra do inferno xa se facilitan buses no averno e a expensas de Caronte recoller polas parroquias ao grito de churrasco aquelas almas famentas de progreso e evolución … argumento en toda regla.
Se queres a tortilla laranxa, mar nas navallas, areas nos berberechos, pelos nos mexillóns, grelos no lacón, ollos nas patacas, lasmáchegas na leituga, auga nas fontes, sorrisos nos vellos, mar nas entrañas, humidade nos osos e o verde na alma … informate, móvete … contramínate.
- Xabier García (xabiergl[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información
Contramínate
Outros artigos de Xabier García en Rollin polas dunas
- Vótame en Laxe.
- Operación Orquesta.
- Desexos.
- Droja no colacao.
- Querido empresario.
- Días de tormenta.
- As Cansións de Obra (ACO).
- Quieto parados!.
- Papeloles.
- Ultras TV.
- É isto democracia?.
- Democracia?.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).