venres. 09.05.2025
El tiempo
11:01
11/03/11

Unha máis

Imos ver de abrir as orellas (ou os ollos). Existe un modo de actuar concreto en Carballo, no entorno de autoridade e “forzas vivas” locais de cara a postular un xeito de entender a definición “Costa da Morte” e onde Carballo pasa a liderar a comarca. Vou comezar por dicilo asi, a ver se consigo chamar a atención de máis de catro para ver si me ignoran e así conseguimos arroxar algo de luz a todo este asunto. Hai uns días lía en prensa una entrevista a un candidato a alcaldía de aquel concello (socialista creo) onde o candidato contestaba a preguntas dos internautas. Un deles preguntaba, amosando unha falla de respeto e ignorancia dignos de comentario que “que sería preferible, integrarse no entorno urbano da Coruña ou liderar a Costa da Morte”. O entrevistado eludía en certo xeito a resposta e dicía que, home, mellor as dúas cousas claro, pero que xa se vería. Chámalle burro o cabalo. Partindo da base de que a Costa da Morte, como tal, non existe, dado que nin ten entidade xurídica, nin se coñecen as súas fronteiras, nin se sabe si estas son ou non fronteiras, nin se ten nin raio de idea de onde a onde vai nin porque… en definitiva, dado que a Costa da Morte é tan real e definible coma un OVNI ou as viaxes interestelares, resulta complicado que ninguén lidere unha pantasma. Pero si é certo que existen persoas, portavoces e concelleiros de aquel municipio que, co apoio dun medio de comunicación encantado de coñecerse, insisten ata a saciedade en algo que simplemente non é certo. Carballo non é Costa da Morte no sentido (eu si me atrevo a definilo) socioeconómico do termo. Porque pode ser de interese difundir, alentar, promover, que Carballo, como maior nucleo poboacional da suposta bisbarra é ou debe ser o que aglutine ou encabece as demandas e peticions do territorio, algo perigoso e negativo de partida. Os datos danme a razón. Cada vez que ese medio afirma que “A Costa da Morte recibe 25 millons de euros dos presupostos” ou “o Plan X investirá 70 millons de euros na Costa da Morte” producese un curioso efecto. En concreto eu o chamo “efecto terciario”. Consiste en que, aló menos un tercio deses cartos quedan en Carballo mentres os outros dous tercios (e as veces a metade) dos cartos se reparten entre os demais municipios, normalmente unha ducia ou mais. E asi, por arte de birlibirloque, Carballo “abanderando”, “liderando” se lo lleva calentito. Hai que ter inventiva pero, sobre todo, un debe ter honestidade e personalidade na dirección e no goberno. Si Carballo é (e para min o é) unha pequena cidade galega debe actuar como tal, facer e defender as suas propias demandas, pedir e esixir si fora preciso que se invista alí o que se conidere preciso e non, direino con claridade, tratar de aprobeitarse dos pobres “tontiños” que conceden, en pos dun buenismo que a min aló menos non me convence, o dereito de pernada a unhas persoas incapaces de, sin o manto protector dun termo sen substancia legal algunha, demandar as inversions que os seus veciños merecen. Búsquense outra excusa señores… esta xa está pillada. Esta semana o grande Rafael Lema publicaba unha nova no Diario de Bergantiños. Dicía a nova “Aparece en inglés a primeira cita documentada do nome Costa da Morte o 10 de Xaneiro de 1908”. Dicía a cita, autoría dunha escritora britanica que viaxou por Galicia na epoca que, arribaba á costa da morte o chegar a Coruña. E situaba a mesma denominacion ao pé da desembocadura do Miño. Podemos adoptar esta definición. Dende a fronteira Portugueza ata o golfo Artabro. Que lidere a Coruña, xa postos.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores

Comentarios