Entrevista de David Castro co porteiro cabanés Sergio Aranzubía
Sergio Fariña Amado, máis coñecido no fútbol costeiro como Sergio Aranzubía, naceu no concello de Cabana de Bergantiños, o día 31 de xaneiro de 1994. Este rapaz xoga federado no deporte rei dende infantís e sempre defendendo as cores do equipo do seu pobo, a Sociedade Deportiva Cabana.
- David Castro: Boas Sergio. Normalmente todos os cativos queren marcar goles pero ti levas defendendo a portería da SD Cabana dende infantiles, por que te declinaches por ser gardameta?
Bueno dende cativo nos recreos do colexio púñame baixo paus porque era dos máis altos, comezou a gustarme eso de parar balóns e acabei colléndolle o gusto. É un posto moi bonito.
- D.C.: Como ben di o teu apodo, o teu ídolo é Dani Aranzubía. Por que comezaches a fixarte nel?
Dende cativo chamoume a atención. Ademais tiven a sorte de que o meu tío, cando estaba traballando en Bilbao xa fai 6 anos, era amigo dun directivo do Athletic e conseguíume unha dedicatoria súa. Aranzubía é un porteiro moi completo, ten un xogo de pés magnífico. Para min xunto con Valdés, os mellores da liga española xogando cos pés. Despois é moi seguro no xogo aéreo e unha persoa moi disciplinada que non da un balón nunca por perdido.
- D.C.: Cales son as túas virtudes debaixo dos paus?
As miñas principais virtudes o xogo aéreo, o saque de porta e os un contra un. Logo sempre hai que correxir cousas. No meu caso gustariame corrixir o xogo cos pés, axilidade, etc. Son cousas que intentas mellorar no día a día e en cada adestramento intentas facelo mellor.
- D.C.: E os teus defectos?
O que dicía anteriormente, o xogo cos pés e algo que me gustaría corrixir xa que nos porteiros da actualidade e imprescindible que teña un bo xogo de pés e logo axilidade. Os porteiros altos é algo que nos costa máis, xa que somos algo menos axiles debido a envergadura ca un porteiro de mediana estatura.
- D.C.: Levas toda unha vida futbolística ligado ao Cabana, pero según teño entendido tiveches algunha oferta para xogar en categorías superiores á Costa. Por que non se concretou esa fichaxe?
En Cabana a xente sempre me tratou de marabilla, teño moitos amigos aquí e sempre estiven moi a gusto. É certo que tivera unha oferta para xogar máis arriba pero tiña que desprazarme catro días a semana en coche e rematei por quedarme aquí donde estou moi a gusto.
- D.C.: Finalmente non fixo falla emigrar de Cabana para xogar en categorías superiores. Nos partidos que disputaches na liga galega cos xuvenís hai tres tempadas, que diferencias atopaches con respecto a Liga da Costa?
Pois moitas a verdade. Eran todos equipos moi disciplinados e se non che gañaban o partido pola técnica ou a táctica acababan gañandocho polo físico. Todos os equipos entrenaban 4 ou 5 días a semana e había moitos xogadores que tiñan madeira para o fútbol e vialos xogar e realmente apuntaban maneiras. E logo era moi bonito xogar contra equipos como o Compostela , Lugo, etc, eran canteiras de equipos que como é o caso do Compos chegou a estar en Primeira Division e sempre te quedabas con detalles de algún xogador. Foi un ano moi bonito e a liga era moi moi igualada tanto podías estar terceiro como en 4 partidos ser o penúltimo da táboa xa.
- D.C.: Con 15 anos debutaches co primeiro equipo, como recordas ese momento?
Foi un recordo moi bonito. Ese día pola mañá recibira a chamada do que era antes o noso presidente Eduardo. Eu ao principio non o creía pero ó final souben que mo decía en serio. Lembro que xogamos contra o Buño na casa e perderamos o partido 1-2, pero realizara 4 boas intervencións e quedárame con moi boas sensacións. En frente tiña ao porteiro do Buño, Añón, que hoxe en día é meu compañeiro de equipo nos senior do Cabana, do que aprendo moito e con quen teño que loitar o posto.
- D.C.: Na actualidade alternas xuvenís e o primeiro equipo. Nos maiores compartes portería con Añón, un gran porteiro do fútbol costeiro, o cal te podería aconsellar en moitas cousas, como é a relación entre vós?
Xenial, mellor non pode ser. Somos grandes amigos dentro e fóra do campo. Añon é unha gran persoa que admiro moito e da que aprendo moito en cada entrenamiento. Para min é un gran amigo e un gran porteiro.
- D.C.: Esta tempada conseguistes a clasificación para a liguilla previa á fase de ascenso, que comezades contra o Fisterra en Arasolís. Cal é o voso obxectivo?
Pois o obxectivo é un pouco o que buscan todos os equipos que a xogamos. Quedar entre os dous primeiros para disputar a fase de ascenso e logo intentar ascender á Liga Galega. Penso que as dúas prazas van estar moi disputadas e que vai ser unha competición moi bonita e moi igualada.
- D.C.: Que opinas do novo formato de competición tanto na liga como na Copa da Costa?
Pois o certo, é un formato que me gusta, xa que os equipos que teñan que disputar a liguilla previa a fase de ascenso tamén poden disputar despois a copa, entrando xa nas eliminatorias polo que teño entendido.
- D.C.: Nestes anos no Cabana tiveches moitos compañeiros, a cal destacarías e por que?
Para min Pablo Márquez, que xoga actualmente conmigo nos xuvenís. Dende cadetes foi un xogador que mellorou moito a súa faceta no medio do campo e leva unha progresión impresionante. Véxolle madeira para esto do fútbol e espero que chegue moi alto. Ademais é un gran amigo.
- D.C.: Moitas gracias crack e moita sorte para esa liguilla.
Gracias a ti, David. E noraboa polo traballo que estades a realizar todo o equipo de Que Pasa na Costa.
Gustaríame agradecerlle a Jorge Parri a súa colaboración.
- Entrevista realizada por David Castro ([email protected]).
Outras entrevistas de David Castro
- Especial sobre Xosé Luís Vara, unha vida entregada ao fútbol.
- Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División.
- Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Entrevista de David Castro con Toni, un muradán en Dumbría.
- David Castro entrevista ao árbitro Adrián Varela.
Artigos relacionados
- Manuel Varela: Analizando o estado de saúde dos equipos da Liga da Costa en pleno parón de Nadal.
- Héctor Pose: Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
- Un album de fotos antigas do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).