Entrevista de David Castro con Dani Carracedo
Entrevista de David Castro con Dani Carracedo
- David Castro: Boas Dani, ¿a que anos comezaches a andar na moto?
Dani Carracedo: Boas! Pois o gusanillo polas motos tíveno sempre dende pequeno, xa que na miña casa sempre houbo motos. Aos 8 anos empezaba a dar os meus primeiros pasos nunha moto eu só.
- D.C.: Quen foi o culpable de meterche o gusanillo do deporte das dúas rodas?
Dani Carracedo:Pois como sempre houbo unha moto de cross na casa que fora de meu pai cando competía e como seguía tendo a moto alí pois digamos que a culpa foi del, xa que a min sempre me gustaron as motos.
- D.C.: Recordas cando disputaches a túa primeira proba oficial?
Dani Carracedo:Si, a miña primeira proba foi con 13 anos no ano 2003, unha proba de motocross no circuíto de Carballo, na que o fixen moi ben para ser a miña primeira carreira e fixo que me motivara a facer o campionato enteiro o ano seguinte.
- D.C.: Por que te inclinaches pola modalidade do enduro?
Dani Carracedo:Pois é algo largo de explicar. Eu como non tiña medios para ir adestrar aos circuítos de motocross (coche, remolque...) pois saía ao monte a rodar coa moto, coñecín amigos que xa estaban competindo en probas de enduro e foron eles os que me foron ensinando e adestrando un pouco máis sobre este deporte.
- D.C.: Cal é o recordo que mellor gardas da túa traxectoria?
Dani Carracedo:Pois a verdade que o ano máis emocionante foi no ano 2007, que con tan só 17 anos, e cos poucos medios que tiña para competir, conseguín quedar campión galego junior e campión de España junior.
- D.C.: Que recordas da túa participación no Mundial de Enduro?
Dani Carracedo:Pois a verdade, moitas cousas, sobre todo o moito que aprendín e consellos que escoitaba dos grandes pilotos cos que me relacionaba, aparte de poder competir ao máximo nivel que pode haber, competir en varios países, etc. Unha gran oportunidade que tiven e que nunca esquecerei.
- D.C.: Que título foi o máis especial do teu palmarés?
Dani Carracedo:Pois como anteriormente dixen o ano 2007, no que quedei campión junior tanto galego como nacional. Sen esquecer tampouco o ano 2009, no que por primeira vez que competía nun campionato mundial de enduro, remataba 4º na categoría junior sub21- 125cc.
- D.C.: A que modalidade te vas adicar de pleno este ano?¿Enduro, motocross ou supercross?
Dani Carracedo:Pois agora intento alternar un pouco esas 3 modalidades, calquera delas gústame moito.
- D.C.: Este ano no enduro comezaches bastante ben xa que na primeira proba de Silleda, celebrada o 26 de Febreiro, onde acadaches un 3º posto e 4º en Rois o día 11 de Marzo, onde se che presentaron algúns problemas. ¿Que obxectivos tes para esta tempada?
Dani Carracedo:Pois a verdade é que dende o ano pasado xa non me marco ningún obxectivo, agora vexo isto máis como un hobby e non me dedico tan en serio como anos anteriores nos que dispoñía de máis tempo para adestrar coa moto, agora estou máis centrado no traballo e as motos só o fin de semana.
- D.C.: Queres agradecerlle a alguén a colaboración que che prestan?
Dani Carracedo:Pois agradecerlle a motos Arjones toda a colaboración que me levan dando durante varios anos e a toda a xente que me apoia para que o faga o mellor posible.
- D.C.: Moitas grazas e moita sorte para conseguir outro titulo ao teu palmarés.
- Entrevista de David Castro ([email protected]).
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).