Mércores. 08.12.2021
El tiempo
David Castro
11:07
26/12/12

Especial sobre Xosé Luís Vara, unha vida entregada ao fútbol

Especial sobre Xosé Luís Vara, unha vida entregada ao fútbol
Xosé Luís Vara Olveira na presentación da plantilla do Deportivo da Coruña na tempada 83-84

Hoxe, falamos dun grande da Costa da Morte, un gran futbolista, un gran entrenador pero detrás de todo esto escondíase unha gran persoa como todos os que tivemos o pracer de coñecelo sabemos.
José Luis Vara Olveira, nado o 5 de outubro de 1958 en Esteiro, é recordado no mundo futbolístico como un crak, un superclase sin sorte neste deporte tan complicado.

Vara era un xogador cun gran dominio de balón e, sobre todo, cunha técnica fóra do común para un xogador tan corpulento como el era. Era un auténtico especialista nas xogadas a balón parado e no vestiario, era un referente para os seus compañeiros debido a súa gran personalidade.

De Esteiro a Riazor

José Luis comezou a súa carreira futbolística no equipo do seu pobo, a Sociedade Deportiva Esteirana. Co conxunto esteirán, conseguiría o seu primeiro gran logro, como foi a Copa da Costa de 1975. Nesta plantilla, compartiu vestiario con Tono, Lito, Ricolo ou Pepe da Asturiana entre outros.

Esteirana Campión de Copa. José Luis con Tono, Lito, Ricolo e Pepe da Asturiana Cromo de José Luis Vara Olveira no Deportivo

Logo do paso polo equipo do seu pobo, collería as maletas para fichar polo Real Club Deportivo da Coruña.
José Luis debutou co primeiro equipo do Deportivo na tempada 78-79, da man de Luis Suárez, único xogador español que conseguiu o balón de ouro . Con tan só 20 anos estrenouse na Segunda División do fútbol español, na cal xogaría tres partidos nese curso. Pero ata a seguinte tempada non se consolidaría no equipo coruñes, no cal se faría imprescindible no once titular para todos os adestradores deportivistas.

Na tempada 1982-1983, da man de Arsenio Iglesias Vara conseguiría o maior logro individual da súa carreira futbolística como foi o pichichi da 2ª División, por diante do mesmísimo Mágico Gónzalez, con 16 goles, unha gran marca para un xogador que formaba de mediocentro.

Neste curso, sería a mellor campaña a nivel colectivo do Deportivo co futbolista de Esteiro nas súas filas, xa que o conxunto de Riazor estaría a piques do ascenso a Primeira División. Os da Coruña empataría a puntos co Real Club Deportivo Mallorca, 3º clasificado, e que sería o equipo que ascendería polo golaverage particular co Depor, debido a que o equipo insular gañaría os galegos por 3-0 no Luis Sitjar e os da Coruña gañarían no estadio de Riazor por 3 a 1.

Jose Luis Vara no betis

Durante o seu período como blanquiazul José Luis compartiría vestiario con xogadores como Paco Buyo, Jaimé Agulló, Vicente Celeiro, Carlos Brizzola ou o fisterrán Traba entre outros.

Camiño da 1ª División

Logo de nove tempadas no primeiro equipo da cidade da Torre de Hércules, ficharía no Real Betis Balompié, equipo co que debutaría na Primeira División.
Na súa 1ª tempada na máxima categoría do fútbol español, José Luis lograría un gol moi importante para a salvación do seu equipo. Sería na xornada 30, o día 26 de marzo de 1988, ao transformar un penalti nun escenario moi especial, o Camp Nou. Con ese tanto os béticos gañarían 0-1 no feudo culé.
No 2º curso no equipo sevillano, Vara tuvo que vivir unha situación moi difícil como foi o descenso a Segunda División.
Na súa 3ª e derradeira tempada como bético, o de Esteiro coa súa aportación axudou á volta a Primeira División do Betis. Neste último ano, Vara compartiu vestiario co actual adestrador do equipo verdiblanco, Pepe Mel, quen naquel curso proclamouse pichichi da categoría con 22 goles.

O de Esteiro tamén tería o pracer de xogar, durante as súas tres tempadas no Benito Villamarín, o lado do mesmísimo Poli Rincón, ex dianteiro do Real Madrid.

De volta á 2ª

Xosé Luís Vara no Orihuela Deportiva en 2ª División

Tras a súa marcha do equipo da cidade de Híspalis, José Luis ficharía no Orihuela da 2ª división española. O esteirán xogaría 29 partidos e marcaría un gol, pero a súa aportación non evitaría o descenso a 2ª B, por motivos extradeportivos, na que sería a súa única tempada na plantilla alicantina.

Logo do seu paso polo vestiario oriolano, Vara voltaría a terras andaluzas, concretamente a Granada. Esta etapa de tres cursos futbolísticos no estadio de Los Cármenes marcaría ao futbolista de Esteiro personalmente, xa que no equipo granadino coñeciu a “unha gran persoa e un gran amigo” (palabras de José Luis) como é, o ex-xogador ademáis de ex-entrenador do Sevilla, Antonio Álvarez. A amizade co entrenador, nado en Marchena (Sevilla), sería eterna.

Deportivamente, na segunda tempada no equipo granadino, axudou a que o equipo adestrado por Nando Yosu disputase a liguilla de ascenso a Segunda División, que finalmente non conseguiría ascender.

Tempo de sentar no banco

José Luís Vara Olveira de mister no Racing Ferrol

Finalmente, Vara colgaría as botas na 3ª División galega defendendo a camisola do equipo lucense, o Xove Lago co cal lograría a salvación na última xornada cunha vitoria (2-0) sobre o Bergantiños.

Na tempada seguinte a abandonar os terreos de xogo, José Luis comezaría a súa carreira como adestrador. Sería no Ordes, onde por primeira vez se sentaría nun banquillo. Estaría dúas tempadas ao mando do equipo ordense na rexional preferente.

Logo deste período, Vara firmaría na SCD Malpica, e ocuparía o seu banquillo durante dous cursos. Estaría no equipo malpicán, durante a súa etapa de auxe. O de Esteiro, conseguiría o ascenso a Rexional Preferente na súa segunda tempada ao mando do banquillo da Pedra Queimada.

Na temporada 1999-2000, firmaría como adestrador no Atlético Arteixo, equipo que entrenaría unha soa tempada na Rexional Preferente.

Á base carballesa

Despois chegaría a Carballo, pobo que se convertiría na súa segunda casa e donde faría grandes amigos. Na capital de Bergantiños, compaxinaría a labor de adestrador do Bergantiños coa de director deportivo e míster nas Escolas Luis Calvo Sanz.
En Carballo, faría unha gran labor tanto no Bergan coma nas escolas. Jose sería quen de consolidar o equipo do pobo na terceira división durante as catro tempadas que estuvo ao mando do banquillo das Eiroas, ademáis de ser quen de gañar unha Copa Diputación ao Imperátor por 2 a 1 con dous goles do zaense Josito no mesmísimo Riazor.
Mentras que nas Escolas Luis Calvo Sanz, convertiríase nunha peza fundamental para que esta institución fora adiante tanto como adestrador como director deportivo. Vara daríao todo polas categorías máis novatas do fútbol carballés., xa que a pesar da súa marcha do Bergantiños por causas que non me gustaría nombrar, o gran José Luis seguiría ao mando das Escolas sempre man a man co seu fundador e coordinador, José Ramón Torres Pichel.

Se alguén foi, é e será recordado con cariño en Carballo, ese foi o de Esteiro, quen deixou moitos amigos na capital de Bergantiños, sobre todo, nas grandes persoas que conforman a directiva das Escolas Luis Calvo Sanz e actualmente tamén a do Bergantiños, xente como José Ramón Torres Pichel, Luis Cendán, José Luis Garrido, etc.

Ascendendo no banco

Na tempada 2004-2005, firmaría como adestrador no Laracha CF. Na súa primeira tempada ao mando do banquillo do Municipal, quedaría a tres puntos da fase de ascenso cun equipo que viña de Preferente. A plantilla larachesa con José Luis como míster convertiríase na gran revelación da categoría.
No seguinte curso, empezaría a tempada no Laracha, que este ano si conseguiría meterse na fase de ascenso, cun 3º posto histórico para o clube larachés.

Nesa tempada, na 2005-2006, a Vara chegaríalle un reto importante e unha gran oportunidade. Jose sería o elexido por Isidro Silveira para reemplazar a Xoán Veiga ao mando do Racing de Ferrol. O de Esteiro contaba con 9 partidos por diante para sacar ao equipo departamental dos postos de descenso. Finalmente, non foi quen de facelo e o Racing prescindiu dos seus servizos.

Na tempada 2006-2007, voltaría ao Laracha, equipo que non sería quen de salvar a categoría e descendería a Rexional Preferente ao final da liga.
No seguinte curso, firmaría no CCD Cerceda. José Luis e o seu equipo quedarían a un só punto da liguilla de ascenso. En plena planificación da seguinte tempada co presidente do Cerceda, José Antonio Silveira, Costiñán, o míster de Esteiro decidiu deixar o banquillo do equipo cercedense por motivos de saúde.

Un pasamento prematuro

O 23 de abril de 2009, José Luis Vara finaría aos 50 anos ao non superar a enfermedade que sufría.
Tras esto, a familia recibiría miles mostras de cariño e apoio. José Luis tuvo varias homenaxes como por exemplo, o campo de fútbol de Esteiro, a antiga Salina converteuse no José Luis Vara, o torneo internacional alevín de Carballo é agora o Memoria José Luis Vara, pero eu persoalmente botarei de menos unha homenaxe por parte do Deportivo da Coruña a un home que o dou todo polo clube e que sempre quixo o mellor para o Dépor.

Compañeiros de viaxe

Varios xogadores, que pasaron polas mans de José Luis, fálannos del e contannos algunha anécdota no vestiario co míster de Esteiro:

  • Gonzalo Vilariño é xogador do Bergantiños CF da 3ª división, e estuvo as ordes de José Luis no equipo de alevíns das Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz da xeración do 91: “Eu para Vara só teño boas palabras, era un cachondo e disfrutabas aprendendo, algo que me parece bastante difícil de conseguir. Conmigo sempre foi de dez e o meu cariño hacia el é inmenso. Como anécdota, no mítico exercicio de tiros a portería, eu era pequeno e gustábame darlle de "cucharilla" como el me decía, eu pegáballe por abaixo ao balón para que este collera altura e fixera unha especie de globo, facía goles con facilidade dada a altura dos porteiros. Pero pasaba o seguinte, el berrábame sempre xa que ese tiro pouco futuro tiña, entonces un día díxome: pégalle de cucharilla e se a metes podes tirar así as veces que queiras. Pois bueno cousas do destino tirei desa forma e acabou en gol, el descojonouse e abrazoume, nunca olvidarei ese día. Simplemente para min José Luis foi un grande!”
  • Roberto Iglesias compartiu catro tempadas con Vara no Bergantiños donde tuveron a oportunidade de disfrutar moi bos momentos na historia do clube carballés: “De José Luís tengo muchísimas anécdotas y todas ellas buenas, convivimos 4 años juntos ascendimos a 3ª, ganamos la Copa Diputación en Riazor. Pero lo que más me ha dejado huella de Jose, es que me trató prácticamente como a un hijo, la verdad, es que me acuerdo de él con muchísima frecuencia y me parece una persona irrepetible.
  • Iago Iglesias é xogador do Racing de Ferrol, o líder da 3ª división galega, pero este rapaz da Coruña chegou a debutar en Primeira división co Deportivo da man de Joaquín Caparrós na tempada 2005-2006, disputaría 14 partidos (11 como titular) e marcaría dous goles na máxima categoría do fútbol español. Esa misma tempada tamén se estrenou como internacional sub-21. Iago estuvo ás ordes de José Luis unha única tempada no Laracha e recorda ao de Esteiro con moito cariño: “Para mí, José Luis Vara era un entrenador dentro y un padre fuera. En lo que a técnico se refiere era un entrenador con métodos sencillos pero eficaces en los cuales sabía transmitir una idea muy clara de lo que quería que era una buena defensa y buenas contras. La exigencia tanto en entrenamientos como en partidos siempre era máxima y siempre notabas su presión, si bajabas un poco esa intensidad. Además no le temblaba el pulso a la hora de las alineaciones y confiaba en la gente joven si esta respondía.
    En lo negativo de este punto para mi, era que teníamos equipo para desarrollar un futbol más atractivo y sobre todo más atrevido. En el aspecto personal no puedo tener ninguna mala palabra hacia él, fue un entrenador que siempre se mostró cercano, que me ayudó siempre tanto a mí como a mis compañeros y que siempre intentaba conseguir lo mejor para el grupo y que hubiese siempre costumbres que hiciesen que el grupo estuviese unido.
    Tengo un gran recuerdo de aquel año por muchas cosas y una de ellas y pieza clave creo que fue él. Considero que Jose es de esas personas que no pasan desapercibidas por donde pasan, es de los que dejan poso y conmigo fue así. Sin duda me siento muy afortunado no solo de conocerlo sino de haber compartido con él una pequeña etapa deportiva y personal.”
  • Rubén Rama, este rapaz nado en Cabana de Bergantiños, agora mismo forma parte do equipo do seu pobo. Estuvo ás ordes de Vara durante dúas tempadas no Laracha CF: “Eu estuven con José Luis dous anos e a verdade é que sempre me sentín moi cómodo con el. Era unha persona gañadora, moi esixente pero ao mismo tempo ofrecíache moita calma e moita tranquilidade. Unha das cousas que repetía sempre era antes de xogar un partido entraba no vestuario, frotaba as mans e dicía "bueno chavales" e a continuación botáballe unha risada. Outra das cousas que sempre dicía ao empezar a pretemporada era que as únicas excusas para non ir entrenar era estar enfermo, os estudios ou quedar cunha chavala (risas). Acórdome nunha ocasión que Iván Pérez (ex xogador do Deportivo da Coruña) tiña exames e avisárao que non viña porque tiña que estudiar, apareceu igual no entrenamento e como castigo puxoo a correr todo o adestramento sin tocar balón (risas). José Luis sempre me respetou moito e no segundo ano que empezara con dores nas rodillas e dudaba si continuar ou non, foi el quen me buscou médico e conseguiume unha cita urxente co prestixioso Doctor Arriaza. Vara era moi directo, non se andaba con rodeos. Respetábate moito e ti a él. Era un grande.”
  • Michel Arias, estuvo entrenado por José Luis primeiramente no Bergantiños e logo tamén no Laracha: ”Pois de José Luis Vara poderíanse escribir moitas cousas, porque foi un home de fútbol e para o fútbol. Agora mesmo veñenseme moitos momentos vividos nun vestuario con el. Pero sempre se me ven a memoria cando falo de José Luis os momentos antes do partido, no vestiario en plena charla táctica. Era un home que impoñía soamente co seu físico e era unha persoa moi recta, pero era capaz de gastar unha broma e facer rir a todo o vestiario, creo que esto axudaba a saír o campo sin ningunha presión. Manexaba o vestiario cunha maestría total. Hai moitos momentos, pero quédome coas risas que era capaz de sacarnos para que saíramos ao campo sin ningún tipo de presión.”
  • Borja Facal, actual xogador da SD Compostela, debutou na 3ª División da man de Vara con tan só 17 anos, nun momento difícil para o Bergantiños que loitaba pola salvación: ”De José Luis, decir que era un deses entrenadores que chegaba ao xogador, cunha mirada enchufábate nun entrenamento, nun partido difícil motivábate de xeito incrible, tiña un carácter serio mentres adestrabas; depois era coma un compañeiro máis. Gardo moi bos recordos del. Foi quen me fixo debutar en terceira con tan só 17 anos, e fíxome sentir especial naquel Bergantiños que loitaba por non descender. Tratábame de forma cercana, e era sincero conmigo, sen dúbida fixome madurar no aspecto competitivo.
    Recordo que se tiña un gran respeto hacia a súa persoa, ademáis de telo gañado como futbolista, o seu carácter como adestrador facía que fose así. Como anécdota, decir que agora coas tecnoloxías que hai, estúdianse moito os rivais, analízanse os partidos con vídeos, todo está moi dixitalizado e os adestradores tratan de ter motivados e mentalizados os futbolistas para cada partido, pero moitas veces nin esto chega. José Luis viña con unha notiña, dobrada en 4 partes e sempre nos decía : “Chavales, dúas cousiñas que vos vou decir este partido non se nos escapa”, a súa mirada, o seu tono de voz facía que o creesemos , facía que confiasemos nas nosas posibilidades e saías motivadísimo ao campo. Espero que esto sirva para destacar que foi un míster importante para min.”

Opinión persoal sobre José Luis

Como xogador: podo falar del por oídas, xa que tan só vin vídeos de partidos del, nos que se pode apreciar que é un xogador corpulento e forte, cun bo desplazamento de balón, cun bo disparo a porta e cunha gran técnica.

Como míster: era moi recto pero nos entrenamentos e nos partidos nunca faltaba ese momento de carallada, típico nel. Odiaba os desprezos ao rival. Persoalmente, aprendín moito del.

Como persoa: non teño palabras para expresar a grandeza deste ser humano, simplemente un 10 como persoa. Amigo dos seus amigos. E dentro dese home tan recto escondíase unha persoa con continuas mostras de afecto. Para min, foches, eres e serás un GRANDE!
Sempre te levarei no corazón.
Grazas por todo.

Gustaríame agradecer a súa muller María Mayo e os seus fillos Adrián e Luis Vara Mayo toda a axuda prestada para a elaboración desta reportaxe, xa que sin eles esto non sería posible.
E tamén quero darlle as grazas pola súa colaboración a Iago Iglesias, Gonzalo Vilariño, Roberto Iglesias, Michel Arias, Rubén Rama, Borja Facal, Marta Cendán (Peña Baby Bergan), José A. Arróniz (Xerente do Orihuela CF) e a SD Esteirana.

Outras entrevistas de David Castro

Fonte

comentarios