Xoves. 06.08.2020
El tiempo
Digna Rodríguez
11:37
22/04/20

Unha carta ao Goberno dende unha aldea do rural galego

Unha carta ao Goberno dende unha aldea do rural galego

Señor Presidente do Gobierno, Vicepresidentes e Ministros:

Son Enfermeira, nai de 2 nenos e vivo nun pobo de 800 habitantes polo que non pasa unha estrada do Estado.

Quero emitir unha queixa formal ante a medida de permitir que os [email protected] poidan saír, pero para acompañar ós seus pais/nais ó supermercado, banco, farmacia...

Cómo lle expliquei son Enfermeira Eventual (Enfermeiras Eventuais Enloita), dende antes de empezar a Pandemia, nun Servizo de Urxencias Extrahospitalarias, polo que comprenderá que a miña implicación nesta situación é máxima.

Intentei en todo momento poñerme no seu lugar cando non tiñamos medios para actuar ante Sospeitas de Covid, buscando debaixo das pedras, coa voluntade da poboación, defendernos co que se nos foi donando.

Tamén me puxen no seu lugar, cando, ante un contacto cun positivo, sien as medidas adecuadas, se me dicía que tiña que seguir traballando sen facerseme ningún test (recórdolle que ademais de ser Enfermeira, tamén son nai de 2 nenos). Aparteime da miña familia, dentro do posible, ata que entendín que non valía nada o que estaba facendo, polo sufrimento e ansiedade que estaba xerando neles: chegar a casa e non poder darlle un bico ou un simple abrazo os teus fillos e a túa parella, eso, non mo vai a pagar nin a mitigar ninguén, polo que decidimos retomar a nosa vida, tomando, si é posible, máis medidas de seguridade no traballo.

Tamén me metín na súa pel cando decretou o Estado de Alarma, expliqueille aos meus fillos que tiñamos que quedar na casa, que non podían saír a xogar nin darlle un abrazo os seus amigos. Novamente, lidiamos coa ansiedade e o nerviosismo, comezou o insomnio, o cambio de horarios, as pataletas por facer as tarefas, comezamos a necesitar tomar infusións relaxante para durmir, e, así e todo, entendín a súa postura.

Como xa comentei, vivo nun pobo de 800 habitantes, ao que para poder chegar, tes que ir adrede, non vas a el por casualidade. Temos unha poboación infantil, que non chega o centenar de nenos/as, temos paseo marítimo amplio, zonas de monte e carreiros, polos que andar sen atoparnos con ninguén se non queremos, e no caso de atoparnos, poderemos manter a distancia de seguridade. Os meus fillos, dende o día que naceron, non perderon de disfrutar do aire libre nin un só día, incluso que as condicións meteorolóxicas non foran moi boas. Levan 5 semanas na casa, aguantando as ganas de correr, de saír a ver o mar, de ver, aínda que sexa de lonxe os seus amigos, e non só a través dunha pantalla...

Por favor, señores do Goberno, pensen ben, todas as medidas antes de promulgalas, este país non só son as grandes cidades, somos tamén os pequenos pobos, nos que o ritmo e estilo de vida, son totalmente diferentes, e ós que o Covid19, case nin os rozou, porque ata para esto, estamos totalmente illados e abandonados.

Os nenos necesitan saír, pero non o supermercado ou o banco, necesitan, aínda que só sexa, saír a porta da súa casa a respirar e estirar o seu corpiño, encollido dentro das 4 paredes nas que levan xa 5 semanas.

Abríronnos unha porta a esperanza coa saída dos nenos/as, pero con sentimentos enfrontados: a mañá, só poderían acompañar ós seus pais/nais os recados, levando os nenos, ó que podería ser o foco da transmisión comunitaria como son os supermercados; a tarde, rectifican, poderán saír a pasear! Pero como?

A sociedade necesita concreción, dar datas e medidas consensuadas, somos un país, pero con diferentes velocidades e realidades, polo que as medidas teñen que ter flexibilidade e adaptación.

Señor Presidente, Vicepresidente e Ministros, axúdennos a levar esta situación o mellor posible, porque ata agora, a sociedade está respondendo as súas peticións sin pestanexar e acatando todas as medidas con responsabilidade.

  • Digna Rodríguez, Enfermeira Eventual en Loita no Hospital Virxe da Xunqueira; Presidenta da ANPA do CEIP de Camelle.

Novas relacionadas

comentarios