Debemos tributar máis?
13:35 11/06/18
Describir e analizar o esforzo tributario, é dicir, os ingresos por impostos, taxas e contribucións especiais que os nosos concellos esixen aos veciños e ás empresas da localidade, constitúe o propósito do artigo deste mes. Pero debo recoñecer que non foi doado obter información actualizada sobre esta cuestión, como lamentablemente sucede con outras moitas materias da economía pública municipal, porque non se publican datos.
Sen embargo, unha vez coñecidas as últimas contas oficiais dos municipios da nosa área, puidemos ordenar, en termos per cápita e de menor a maior, o importe anual da carga fiscal. Deste xeito, ademais de observar a clasificación cuantitativa (en termos absolutos e relativos respecto da media), pódese concluír sobre o grao de suficiencia, autonomía e responsabilidade.
Son dos que defende a importancia de financiar competencias municipais obrigatorias con tributos propios, deixando que os ingresos procedentes de transferencias, patrimonio ou débeda pública completen o sistema orzamentario, isto é, que sirvan para sufragar o resto de servizos municipais. Porque, cando os tributos propios teñen un peso específico importante podemos afirmar que existe autonomía e responsabilidade fiscal, suficiencia financeira e solidariedade territorial.
Observamos na táboa como seis concellos están por debaixo do 90% da media do grupo e como cinco municipios tampouco superan o 99% do promedio. Os outros seis son os que teñen o mellor comportamento, destacando Dumbría, aínda que convén precisar que dispón duns ingresos excepcionais procedentes do cobro dunhas taxas que permitiu unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ademais dos ingresos do IBI e IAE por catro parques eólicos e pola siderurxia Ferroatlántica.
Pero a situación do conxunto non é boa si a comparamos coa media da provincia (está nos 456,05 euros) e coa de Galicia (440,78 euros), porque tan só os municipios de Malpica e Dumbría están normalizados. Esta é a nosa realidade tributaria.
E agora vai o comentario: considero que debemos tributar máis. Así de claro, sen subterfuxios. Así de rotundo. Sendo consciente que se trata dunha cuestión non exenta de polémica. Pero é que non me parece razoable ter que contribuír cos 328,94 euros ao ano polos servicios que presta o meu concello, cando teño que pagar, por exemplo, 360,00 euros ao ano á miña comunidade de veciños (30 euros mensuais). Non obstante, como en todo, pode que non teña razón.
- Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».
- O Esquema Nacional de Seguridade.
- A débeda bancaria despois de catro anos.
- A necesaria reforma tributaria local.
- Tesoureir@s de Administración Local.
- Prevención da corrupción.
- Catro concellos non renden contas.
- Investimentos financeiramente sostibles.
- Economía municipal: Nós cumprimos!.
- O Informe dez meses despois.
- A e-Administración.
- Economía Municipal. Reforma do financiamento local.
- Economía Municipal. Pagar tarde, mal e arrastro.
- Chegou o momento.
- O necesario control.
- Non vos parece?.
- A voltas coa débeda.
- Administracións de 4ª División.
- Non somos “mexebos”.
- Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando.
- O peixe intelixente.
- Desafíos municipai.
- O soldo do alcalde.
- Repasando o PIB dos Concellos QPC.
- Facturas no caixón.
- Débeda viva a 31/12/2013.
- Solvencia financeira municipal.
- Os concellos e a crise.
- Reposición da legalidade urbanística.
- Loito por culpa do mar.
- Remanente de tesourería.
- Eficacia recadatoria.
- Oportunidade perdida.
- Gasto de persoal.
- Rendición da conta xeral.
- A Conta Xeral.
- A contribución.
- Cuestión de confianza e moción de censura.
- Débeda municipal.
- A prórroga do orzamento municipal.
- Presión fiscal dos nosos concellos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).