Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Domingo Guerra
13:16
08/02/18

Perdemos poboación

Perdemos poboación

Os amigos que me seguen neste espazo saben que escribo sobre a economía dos nosos concellos. Pero, non só me refiro a impostos, subvencións, a outros ingresos e gastos orzamentarios ou a cuestións específicas da actividade financeira municipal. Comento, tamén, outros aspectos relevantes que inciden na dinámica económica do mundo local.

Pois ben, hoxe é unha desas ocasións, xa que me vou a referir á situación dos nosos concellos en termos de poboación. Porque si ben é certo que os recursos naturais, xunto co territorio, as infraestruturas e o aparato institucional xogan un papel básico no desenvolvemento dun municipio –de feito, son importantes alicerces sobre os que se asentan os sectores produtivos municipais–, o tamaño, composición e movementos da poboación son bases que explican o comportamento económico presente e determinan o futuro de calquera territorio.

Por iso, para diagnosticar con éxito a realidade económica dun concello é imprescindible coñecer a estrutura da súa poboación. Sen embargo, con carácter previo, convén coñecer si se está perdendo ou gañando residentes.

No caso dos nosos concellos, e como se anticipa no título deste artigo, o resultado que se pode observar na táboa é demoledor: perdemos poboación.

Perda de poboacion nos Concellos da Costa da Morte-Fonte-Domingo Guerra

No período 2012 a 2017 o conxunto dos nosos concellos perderon 7.898 habitantes, o que equivale a un descenso do 6,10%. En definitiva, moitos veciños. Demasiados.

É verdade que a importancia relativa respecto do total do censo non é o mesmo para Carballo (0,52%) ou Cee (4,02%) que para Mazaricos (11,45%) ou Carnota (11,83%). Non obstante, en calquera caso, as cifras son contundentes. En promedio, supón un descenso de 439 habitantes que equivale ao 7,66% do conxunto total do padrón.

Outorgar incentivos fiscais –desgravacións, exencións ou calquera outro tipo de deducións impositivas– non é a solución perfecta. Non é a panacea. Pero algo haberá que facer para que os emprendedores aposten pola nosa zoa creando emprego. Cuestión básica para fixar poboación. Porque, do contrario, o escenario que se albisca é desolador.

Neste asunto, a cooperación entre os diferentes niveis de goberno (local, autonómico, estatal e europeo), constitúe unha premisa central para solucionar o problema. Porque se trata dunha materia que excede ao ámbito municipal. Sen embargo, desde a esfera local é posible establecer políticas e estratexias que impulsen o desenvolvemento, potencien os recursos e se lideren proxectos que axuden a mitigar esta delicada situación. Estou convencido.

 
  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.

Novas relacionadas coa caída poboación

 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios