Habitar
09:14 26/01/11
Habitar
(oscilacións sobre un texto do mesmo nome escrito por Heidegger)
Habitar é o xeito no que os mortais son da terra.
Os mortais son os homes.
Chámanse mortais porque poden morrer.
Morrer significa ser capaz da morte como morte.
Só o home morre — e ademáis dun modo permanente — mentres está na terra,
baixo o ceo.
Os mortais habitan na medida en que salvan a terra.
Os mortais habitan na medida en que reciben o ceo como ceo;
na medida en que deixan ó sol e á lúa seguir a súa viaxe,
ás estrelas a súa ruta,
ás estacións do ano a súa bendición e a súa inxuria;
na medida en que non convirten a noite en día, ni fan do día unha carreira sen repouso.
Mais.
Os mortais descuidan a súa morte imborrable. A continxencia que os envolve.
Ignoran o significado da palabra ‘salvar’.
Nin sequera son soberanos de dar nome ó seu habitar. De exporse a el.
Os mortais –agora- son seres que soñan e no seu soñar vacilante
déixanse atrapar por soños alleos.
Pola alucinación dos que desdeñan a concordia entre os nomes.
A constancia das cousas.
Alucinacións que só adoran a vanidade da Historia.
- Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.gal)
Escarpaduras anteriores
- Tarxeta de Nadal.
- Quebra.
- Teoloxía e Política.
- Dúbida.
- O arsenal dos instantes eternos.
- Vacacións.
- Non_saber.
- A vangarda pedagóxica chega á Costa.
- Sagrado.
- Derrota.
- Inxenuidade.
- A concordia entre a potencia de interrogar e a potencia de vivir.
- Paisaxes incomprensibles pero necesarias.
- Crise, representación e espectáculo (I).
- A búsqueda do poder.
Novas relacionadas
- Corcubión coñece a realidade latinoamericana en primeira persoa.
- Noite de blues nas Hortensias.
- A UCV coloca de novo á Costa á vangarda da filosofía.
- Deliberacións Cromáticas: O Croma (II).
- Deliberacións cromáticas: O Croma.
- A vangarda filosófica da Costa na revista ProTexta.
- Entrevista con Javier Turnes, cantante dos Bakin´Blues: "Deixar a cultura en mans do estado é un erro".
- O encontro da nova formada musical da Costa.