Mércores. 24.04.2024
El tiempo
Javi Turnes
09:11
20/12/10

Tarxeta de Nadal

Tarxeta de Nadal
Tarxeta de Nadal (ou christmas que é máis cool) Aqueles que desprecian a relixión con insultos dan lástima. Os que a defenden coa razón, lembran a un neno tonto e resabiado. Lástima que a única mensaxe que resta daquel home cuxo nacemento celebraba o de todos os homes sexa unha interesada mercantilización da fe e da existencia. Dúas cousas tan cercanas… Se o fillo do Deus xudeo nos ensina algo, sería algo así como que a salvación está nas mans e no peito de cadaquén. Tamén dos seus amigos, nos que se ha de crer, sen condicións. Hoxe, do home apenas queda un oco vacío, unha vida sen forma disposta a ser enchida a golpe de consumo. Un ser para quen o divino trocou nunha cousa detestable, antiga e reaccionaria. Pero segue a crer na salvación, só que agora virá da man dun deus chamado economía; e nun tempo chamado futuro do que falan uns sacerdotes chamados expertos. E de todo iso renega. É curioso constatar como o sentimento do divino se atopa cerca dunha mezcla de terror e nostalxia. O divino atrae e posúe un valor incomparable, pero no mesmo intre todo se fai moi perigoso para este mundo claro e profano onde a humanidade ten montado o seu dominio privilexiado. Xa non hai memoria dos ‘seres supremos’ e o noso marchitamento existencial non ten moi boa relación cos comezos, coas fontes, cos principios. Co familiar. Co que non eleximos. Co animal. Coas pedras e coas árbores. É dicir, co nacemento e coa morte. Pero celebramos. Sen saber que nin por que. Alguén se lembra do discípulo amado? Pescador de oficio, fillo de Zebedeo e irmán de Santiago? O señor Xesús chamábao “Fillo do trono”. Epitheios recostouse sobre o seu peito na última cea. Eu tamén gustaría de ser un pescador, retozar no mar, lonxe de terra firme e dos amargos recordos.
  • Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.gal)

Escarpaduras anteriores

Novas relacionadas

Comentarios