Mércores. 14.04.2021
El tiempo
Javi Turnes
21:02
03/11/10

Teoloxía e Política

Teoloxía e Política
“A profecía ou revelación é o coñecemento certo dunha cousa, revelado por Deus ós homes. E profeta é aquel que interpreta as cousas, por Deus reveladas, a aqueles que non poden acadar un coñecemento certo delas, senón que só poden aceptalas por simple fe”
  • SPINOZA, Tratado teolóxico-político, Cap. I “Da profecía”.
Por que os homes inventan un amo para que o goberne? Mal que nos pese, o tema político non é o ordeamento xurídico senón que ten máis que ver co traballo de simbolización que o home fai do real. É dicir, coa representación das forzas ás que debe/quere obedecer. Coa relación que o home mantén co seu ser divino e co sagrado que habita neste mundo. Pero iso é cousa de maxia ou de fe. Non é? Algo que non ten que ver co Dereito. Pero calquera sabe (tamén) que o dereito está vencido. Vencido porque o ser ó que se dirixe é un ser que nin é un suxeito, nin os seus actos proveñen de personalidade algunha. Vencido porque os comportamentos das persoas (de Prosopon, é dicir ‘máscara’) non dependen xa de nigunha das categorías burguesas (sí, burguesas) que fixeron que o pacto social arraigase. Refírome ás de interese e de motivación, ou ás de paixón ou responsabilidade. Por que os homes inventan un amo para que os goberne? O Pacto Social: o pacto social é esa 'ficción da neutralidade' que se funda na escisión entre libertade interior e sumisión exterior, entre público e privado, entre política e moral. O pacto -como todo pacto- suscríbese por medo, pero non significa que se dea o consenso entre os que pactan. E o que ocorre no pacto é que se lle entrega o poder de un a algo ou a alguén. Constitúese algo ou alguén cuxos actos serán asumidos como propios por cada un dos que pactan. Concédeselle a Autoridade (de Auctoritas, ‘a forza de un’) a un Actor. A algo ou alguén que ten a capacidade de que as súas accións sexan como miñas: alguén actúa coa miña forza e co meu poder. Entrégaselle o poder a un Representante, é dicir, a aquel cuxa presencia implica a miña ausencia. Por que os homes inventan un amo para que os goberne? Por tanto, o soberano non é ninguén nin é nada. Por tanto, a cidadanía que xorde como consecuencia dese pacto tampouco é nada nin ninguén. É unha ficción. “O malo é que o Espectáculo consiste máis ben en que os rostros se petrificaron até tornarse semellantes a máscaras, e que unha instancia central ergueuse en dona e señora das metamorfoses” (Tiqqun).
  • Javier Turnes (javiturnes[arroba]quepasanacosta.gal)

Escarpaduras anteriores

Novas relacionadas

comentarios