Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Depor: culpable de baixar a 2ªB, mais sen xuizo non hai sentencia xusta

O Depor: culpable de baixar a 2ªB, mais sen xuizo non hai sentencia xusta

Moito estáse a falar do acontecido na tarde do pasado luns 20 de Xullo de 2020 na Coruña en relación aos reportados positivos por COVID-19 na expedición do FC Fuenlabrada segundo as autoridades sanitarias (tamén do noso CHUAC, onde fixéronse xa novas análises confirmatorias).

Parece que en efecto o pasado sábado 18 de Xullo de 2020, antes de viaxaren á Coruña, na expedición sabían dalgúns positivos no clube (xogadores e outros empregados). A partir de aquí, segundo o protocolo do Ministerio de Sanidade, todos os xogadores deberían facerse unha PCR, tamén os asintomáticos. No caso de ser negativa a PCR debe repetirse aos 10 días, durante os cales os mencionados xogadores, contactos estreitos de casos confirmados, terían que estar confinados, é dicir, nas súas casas en Madrid. Por que non se seguiu o protocolo?

Reflexionando, son consciente que dende un punto de vista legal, diante dun xuiz, é moi difícil argumentar (de cara a demostrar un posible delito contra a saúde pública, e sempre respetando a presunción de inocencia, avalada pola Constitución de 1978), que os xogadores do CF Fuenlabrada cumpren os criterios de contacto estreito (estar a menos de 2 metros dun caso confirmado durante 15 minutos). Nembargantes, máis alá do legal, como médico que son precisamente en Madrid onde tanto sofrimos a COVID-19, eses criterios implican certa flexibilidade na práctica clínica (Medicina Preventiva neste caso), flexibilidade que no contexto da pandemia da COVID-19 (non fai falla recordar as cifras de falecidos, impacto económico, etc.), sempre é conservadora. É dicir, ante a dúbida os contactos serán considerados estreitos e confinados 10 días como consecuencia (coas dúas PCRs mencionadas). De feito, dende a tarde do luns 20 de Xullo de 2020 exactamente isto é o que se está a facer con todos os negativos da expedición, confinados no Hotel Finisterre da cidade. Por que non se fixo o mesmo antes de viaxar á Coruña)? Supoño que a xustiza terá que investígalo.

Hai xa varios anos que fixen as bodas de prata (25 anos) como socio do Depor, que son dende 1990  (alá polo final daquela Longa noite de pedra). A tempada no deportivo foi sen dúbida a peor que lembro. O descenso a Segunda B, merecidísimo. Mais isto é como quen fai un delito. Ten dereito a un xuizo xusto, non si? E se o délito non é moi grave e no xuizo ‘faino ben’ (co correspondente avogad@), a pena pode ser rebaixada e inferior aos 2 anos de cárcere, co que o delincuente non entraría en prisión (descenso a Segunda B). Penso que o Deportivo, coa seu delito (tempada horrible) non tivo un xuizo xusto, non tivo a oportunidade de defenderse nesa derradeira xornada en situación de igualdade cos seus rivais (se xoga e marca antes que os seus rivais, Lugo e Albacete, podíaos meter en descenso momentaneamente, incrementando a presión sobre eles; e se non, éstes poderían relaxarse, o que podería levar a sorpresas no tramo final dos partidos, etc.). E sen xuizo xusto, non poder haber sentencia; e se haina, non será xusta.

E aproveito para reivindicar neste ano distópico, no que por suposto os acontecementos deportivos son moito menos relevantes que os falecementos, crise económica, etc., que se se consumase o descenso do Depor a segunda B, sería o segundo grave dano cara o deporte da cidade, e de Galicia, cara a nós. Debido á COVID-19, a liga española de hockei a patíns 2019/20 foi suspendida, e á diferencia do fútbol nunca foi reanudada. Sen ningunha explicación convincente, unha liga que teríase que anular posto que non rematou, a Federación Española de Patinaje deulle o título de campeón de Liga ao FC Barcelona, perxudicando inxustísimamente ao noso HC Liceo, o clube máis laureado do deporte galego, segundo clasificado en Marzo nunha liga que ía disputarse por sistema de play-off. 

  • Javier López Moríñigo, doutor psiquiatra formado na USC traballando na actualidade na área de saúde mental do hospital South West London.

 

Outros artigos de Javier López Moríñigo en QPC

Comentarios