Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:05
19/09/08

A delgada liña

A delgada liña
As verdades como puños de José Luis Louzán

Esta semana quería falar dese debate aberto o redor das fosas comúns nas que moitos inocentes foron soterrados despois de ser fusilados por asasinos fascistas entre 1939 e 1944. Ian Gibson, que ven sendo un dos Hispanistas Británicos con máis coñecemento desa escura etapa da nosa historia, afirmaba onte que poderiamos estar falando de máis de 60.000 persoas fusiladas ou directamente mortas a paus tanto o longo do período de guerra, do 36 o 39, coma despois dese período e ata ven entrado o ano 44.

Unha desas verdades que interesa escurecer, que vale a pena a moitos que permaneza na ignorancia, pero que cada certo tempo, con ou sen xuíces estrela, acaba por saír a superficie e de novo golpearnos na faciana, lembrándonos que as cousas ou sen fan ou non se fan, pero que é moi malo deixalas a medias. A medias quedou a entrada de España na democracia, e trinta anos despois seguimos escoitando chorradas de algún que outro sobre que é moi malo remexer na historia e non sei cantas memeces. Vou parar, que me quento e non debo.

Digo que quería falar disto pero non vou poder porque esta mañá unha información, bueno unha disertación máis ben, que publica en internet un xornal que non frecuento, me fai volver a vista cara iso da crise económica. Resulta que un economista sen identificar ven de revelar que esta crise vai ser peor que aquela do 29, aquela que se estudia nas escolas, a da grande depresión e un se pregunta... ¿e que?

Non digo que sexa eu multimillonario, que para nada, nin que sexa mentira que a situación pinta de mal cara arriba pero, para quen vive na Costa da Morte, traballa coma autónomo, non inviste nin en bolsa nin en ningunha parte e se abastece, como todos, mercando fundamentalmente en negocios do seu arredor, veciños, e cos ovos das galiñas da súa sogra ¿porque debe importarme que as bolsas vaian o garete?, ¿porque debería ser “sensible” os “vaivéns” da alta economía?. ¿Porque a alguén de quen nunca se preocuparon nin os grandes capitais nin, na maioría das ocasións, os gobernos centrais debe importarlle nada disto?. Non dou atopado economista que mo explique de modo entendible.

A nosa relación cos grandes capitais se limita, dende hai séculos, so a relación que os diferentes propietarios da “Fabrica” coma é coñecida en Cee e comarca, tiveron con eses mercados. 250 empregos, importantísimos, pero poucos o fin e o cabo. Ah¿, claro, e cando as construtoras desembarcaron (aquí lease Dragados). So que nesa ocasión os operarios, a maioría, eran Portugueses subcontratados, así que...

Vivimos como vivimos, sen comunicacións rápidas e fiables co noso entorno urbano máis inmediato, cunha lamentabilísima comunicación por mar, portos de terceira e de carácter pesqueiro a inmensa maioría, sen comunicación ferroviaria algunha, cunha pésima rede telefónica e eléctrica e autoabastecidos polos mercados locais. Que alguén me conteste por favor ¿porque narices vou a preocuparme por todos estes, cando nunca eles se preocuparon por min?. O mellor esta ben que vivamos un crack coma o do 29. Haber quen sobrevive no “parket”.

  • José Luis Louzán.

Comentarios