Mércores. 19.02.2020
El tiempo
José Luis Louzán
18:51
27/11/09

Conspiranoia

As verdades como puños de José Luis Louzán

Chaman conspiranoicos a aquelas persoas que , diante dun grande evento de dimensión planetaria, ou dun suceso tráxico sucedido a un xefe de estado ou a unha comunidade difunden, esixen ou propagan preguntas ou versións diferentes da oficial sobre o referido suceso. Por poñer un exemplo, son ducias os libros, centos as paxinas web e innumerables os vídeos, reportaxes ou pseudo-documentais que circulan o redor de múltiples preguntas, coincidencias ou “furados” emanados dos sucesos do 11 de Setembro de 2001, o maior atentado en chan Estadounidense na historia.

E resulta curioso o exercicio de ver que, a cada grande dato, a cada impoñente revelación alguén, nalgunha parte e en tódalas linguas, traballa de xeito incansable para contradicir, con argumentos mais ou menos acertados, o que os denominados “conspiranoicos” revelaron previamente. Que si hai dubidas sobre si a caída do edificio sete do complexo, o ultimo en caer naquel fatídico día aló polas cinco da tarde, hora dala, enseguida xurde alguén que afirma, con total indignación e profunda soflama, que caeu pola acción do lume, coma defende a versión oficial. Enseguida algún outro “conspiranoico” revela que o propietario do edificio “escapoulle” nunha entrevista que falara coas autoridades de “tiralo” (pull en inglés). E así ata o infinito.

I e que isto de xogar a verdades ou mentiras e complexo e, no fondo, non serve para nada mais que para a propia tranquilidade porque, sexamos sinceros ¿a quen lle importa a verdade?. O caso Gurtell, as evidencias do engano perpetrado polo goberno Aznar na fatídica fin de semana do 11 de Marzo, os manexos e falsidades do goberno Fraga, antes, durante e despois do afundimento do “Prestige”. Nada importou. Si, certo, Aznar perdeu aquelas eleccións, pero a sensación de manipulación dende a outra banda política quedou, e moitos non teñen demasiado claro aínda que foi o que sucedeu aquel día 13 de Marzo. ¿Fraga?. Ben, perdeu anos despois pero o 25 de Maio de 2003 gañou, por enesima vez, uns comicios municipais no global de Galicia, e na Costa da Morte o PP obtivo moitos mais apoios e maiorías absolutas en concellos da comarca que nunca. E o Caso Gurtell.... que queredes que vos diga. Nun país civilizado as dimisións terían sido “en cascada” e a estas alturas perigaría ata a estrutura do PP como partido. Aquí, o debate vai xa na dirección a culpar o PSOE por motivar que se escoite (aínda que a día de hoxe, polo que parece, seguen sendo os xuíces os que mandan escoitar, por certo, cun aparello mercado cando o PP).

¿Que resulta que acaba se saltar a nova de que Fulanito sacou do Concello X cartos a unha conta súa en Suíza?. Sae Fulanito, flemático, serio, composto e di “Esta burla, este engano da oposición pagarano seguro. Os veciños están comigo”. E acto seguido, concentración veciñal con pancartas Ad Hoc “Fulanito, eres el mas grande”, “Alcalde, tu pueblo te quiere”. E punto pelota.

Negación plausible. Unha xustiza mais lenta que o cabalo do malo, unha opinión publica inculta e desinformada, a total merced dos medios afíns ou contrarios, e aquí temos a verdade feita un farrapo, como balandro a deriva nas ondas do mar de Fisterra.

A dobre cara da verdade, o xogo de replicas e contrareplicas foi de tal xeito maltratado, de tal modo manipulado polos políticos e a súa retórica que, a dia de hoxe, todo e verdade e todo e mentira a un tempo e sen solución de continuidade. Conspiranoicos somos todos, namentres ninguén é capaz, con todas as da lei e sen asomo de dubida razoable, de ofrecernos unha versión dun feito complexo de modo ineludiblemente certo. Todo ten dobre cara, todo pode ser susceptible de segundas versións, non existen as fontes fiables, non existen as persoas “de confianza”. Maña eu digo branco e trinta, dende o anonimato, afirman na internet que non, que é negro. E son mais, e escreben dende a cercanía, e “oe, que eu estiven alí”, “asegúrocho eu, que coñezo o fulano”, “faime caso, que eu si que sei do que falo”. Un sen fin, un saco sen fondo de vaivéns sen xeito, que derivan no chisme sen fundamento ou que nos privan da auténtica verdade, a real, non a oficial, a certa e non a oficiosa.

Eu teño claro, despois de contrastar por tódolos medios o meu alcance que o 11 de Setembro de 2001 se produciron unha serie de feitos de tal gravidade, de tal complexidade que, por algunha razón, o goberno americano decidiu non explicar de modo escrupuloso e extenso a súa opinión publica. Sei que daqueles feitos o goberno americano tirou proveito en forma de uso e disfrute dunha carta branca absoluta en materia de dereitos civís e de cara a unha invasión ilegal do Iraq. E do demais sei que pode ser branco ou negro, pero a dia de hoxe ignoro a cor autentica.

De igual modo sei que na Costa da Morte existen alcaldes corruptos, edís corruptos e que se producen actos espurios e inescusables en varias administracións municipais. Sei que existe nepotismo, trato de favor e comportamentos inadecuados dun cargo publico. Pero non sei si é branco ou e negro, e non teño nin tempo nin gañas para dedicarme a averigualo. Seino, coma o sabemos todos. Outra cousa é que sirva de algo.

  • José Luis Louzán.

comentarios