Martes. 19.11.2019
El tiempo
José Luis Louzán
18:39
29/01/10

Debates estériles

Debates estériles
As verdades como puños de José Luis Louzán

Se abusa habitualmente da calificación de “estéril” cando se trata de comentar debates abertos o redor de asuntos de fondo calado que, seguro, ocupan unha franxa de tempo entre a sociedade maior que a dun debate de menor calado. Por exemplo, debates estériles son todos os referidos a interese ou non de instaurar a pena de morte, ou a cadea perpetua por delitos graves, ou sobre a conveniencia de pago ou non de impostos, ou sobre a importancia de certos feitos (paro endémico, perigosidade na rúa, etc,etc). Debates todos interesantisimos na miña opinión pero que non ten interese abrir porque, nos din, non levan a ningunha parte. Bueno, pois non, non é certo, si levan… pero non interesa que se fagan. 

¿A quen non lle interesa?. En primeiro lugar a aqueles os que deixa en evidencia ese debate. No caso do recen aberto sobre a cadea perpetua, os políticos en xeral, incluidos os que o abren con intencións puramente electoralistas e populistas. Porque confunden as razóns reais polas que a sociedade percibe que son necesarias as penas privativas de liberdade. No caso dos dirixentes, para reinsertar o preso e dar tempo a súa reintegración na sociedade. No caso do cidadán, para castigar un acto delictivo. Si a sociedade percibe, como agora sucede, que un delito non foi adecuadamente castigado, o primeiro e pedir que se castigue e o seguinte, a vista de que non se consigue o primeiro, que se castigue moi duramente. Todo demostra, na miña opinión, unha carencia de solvencia por parte dos administradores que equivoca a sociedade nas súas peticións.  

Outro caso. O sucedido en España entre 1936 e 1939 foi unha guerra. O sucedido dende o 39 ata o 55, mais ou menos, foi unha masacre, un fato de crimes contra a humanidade, limpeza ideolóxica por medio da tortura e a morte e actos impropios da raza humana. Punto. Non cabe moito mais debate pero seria interesante revisar porqué ninguén pagou por aqueles crimes e porqué aínda hoxe custa tanto falar do asunto, da época e sobre todo das persoas, vivas e mortas, que protagonizaron a represión. ¿Debate estéril?.  Para min mais ben debate necesario, preciso, perentorio incluso. Centos ou miles de persoas xacen en cunetas e campos sen unha mínima identificación mentres aquí os agoreiros de sempre anuncian “coidado, que o mellor volven os tempos da guerra”… ¿que é iso, unha ameaza?. 

¿ É un debate estéril cuestionar a Neria coma entidade útil para nada mais que para acaudillar un tipo de tendencias trasnoitadas e esgotadas polos mesmos que as inspiraron?. ¿Por qué non debater sobre a necesidade dun organismo privado que xestiona fondos públicos de tal contía que motivan amores e odios tan profundos?. ¿Por qué non debater sobre o habitual desinterese das administracións autonómicas na nosa comarca e no seu desenvolvemento?, ¿Necesitámolas?, ¿Para que?. 

¿Para que deixar de debater si certos feitos e decisións de certos rexedores na comarca (mais dun) son ou non delictivos?, ¿Qué ten de malo dicir que o Mercado Dominical en Cee e unha perda de tempo e cartos para a maioría dos comerciantes na vila?, ¿Qué medo hai en dicilo e debatelo longo e tendido ata tomar unha decisión?. Ou aínda mellor, ¿de verdade que desune algo ou alguén discutir sobre onde remata e porque o camiño de Santiago?. E outra sobre o caso, ¿qué ten de bo, con estatísticas económicas reais na man, o citado suposto instrumento de difusión turística?. ¿Alguén pode dicir, con números, canto gañou a comarca en euros dende que se gasta en promocionar o citado percorrido?, ¿e si contrastamos o gastado co gañado, sae positivo ou negativo o saldo?. ¿Que medo hai neste debate… que nolo quiten? 

¿Qué tería de malo debater a conveniencia ou non de que se colocase en Cee un campo de golf?, ¿E un ATC nuclear?... ¿Por qué temos tanto medo a falar de aquilo que nos pode chegar a afectar de xeito irreversible?. 

Parte da “graza” que ten o xogo democrático esta no debate. Canto mais aberto e sincero, canto mais serio e argumentado maior proveito para todos. Canto mais se fala de algo dende a razón e sen populismos mellores decisións se soen tomar e mais consensuadas son estas. Impera, nembargantes o escurantismo por doquier e a lei do silencio como norma básica de xestión do noso dereito e discrepar e discutir… a debater. 

Debates estériles, din. Estéril política de barra de bar, diría eu.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

comentarios