Domingo. 23.02.2020
El tiempo
José Luis Louzán
18:21
15/06/10

Euforia

Hai algo moi especial que nos define. Algo que, por haches ou por bes, remata por facernos distinto a todos, capaces do mellor e do peor, da xenialidade absoluta e da maior das baixezas. Entre a Eurocopa de 2008 e Roldan en gayumbos no Interviu non media mais que unha fina liña. A que separa dous momentos ben diferentes do que significa ser español. 

Para empezar o galego, igual que o español, debe sempre sufrir primeiro. Sufrir para poder desfrutar. Calquera cousa xurdida dun golpe de sorte, ou dun lance afortunado do xogo ou dunha decisión equivocada do rival, ou quen di rival di Mestre, ou contrincante, ou veciño, ou competencia… calquera. O que obten un beneficio dun erro ou dun golpe de sorte non o valora, non. Aquí hai que sufrir. 

Brasil, o Brasil futbolístico de sempre, sufriu un descalabro sin igual no seu propio país. Maracanazo o chaman. Nun partido no que lle chegaba co empate, perderon. E iso despois de ir gañando, cun equipo de campaniñas e xogando na casa. ¿importou?. Pois claro. Ata cambiaron de camiseta, para sempre. Do branco total o amarelo “canarinha”. Cincuenta anos despois son Pentacampions do mundo e favoritos perpetuos a todo o que xoguen. 

Aquí funcionamos doutro xeito. Valoramos a humildade, sobrevaloramos creo eu, dun xeito exaserado. Ai¡ do deportista patrio que acuda a un torneo dicindo que se ve con moitas posibilidades. Ollo, con moitas posibilidades, non que se ve campion. So que se atopa con forzas e preparado. Ai¡ del, digo. Porque con que empate, con que sufra demasiado, ahí temos de inmediato os espabilados de sempre “xa dicia eu que os via moi crecidos”, “isto pasalle por crerse o mellor”, etc,etc. Claro. Como si mentir sobre a capacidade dun mesmo fora a mellorar as suas posibilidades de vencer. 

Esta semana tivemos oportunidade de ler e escoitar a un prepotente e a unha inconsciente falar dun tema do que non saben nada de nada e mentir a esgalla. E isto non vai conlevar reproche algun de ninguen porque resulta moi difícil dicirlle a alguen (sobre todo si manda en algo) que esta equivocado e que se lle ve o plumeiro.

 

É bastante máis sinxelo dicir que si a selección isto ou o outro, que si os Lakers non son o que eran porque lles falta humildade ou que Rafa Nadal perdeu aqueles partidos porque o tiña moi crido. Que fácil. Normal. Ou mais preto, decir que Manolín era así ou andando.  

O difícil sería, claro, dicirllo a cara. De frente. Coller a Casillas e dicirlle “Oe, paquete, menudo partido de merda”. ¿A que si?. Faltan pelotas, nunca mellor dito. Somos valentes na distancia. Euforia, prohibida. Valor e arrestos para defenderse dos inútiles que gobernen, escasos. España 0 – Suiza 1. Euforia.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

comentarios