Venres. 19.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:03
17/10/08

Un país metido nunha fosa

Un país metido nunha fosa
As verdades como puños de José Luis Louzán

Resulta que, aínda que algúns non o crían e outros moitos non o desexaban, o Xuíz Garzón decidiu declararse competente e abrir a caixa de Pandora das fosas comúns da ditadura. E das moitas reaccións que se escoitan unha me sorprende mais que ningunha, a da fiscalía, querendo como sexa “parar a desfeita”.

Si ben neste pais existe división de poderes (xa saben, aquilo de executivo, lexislativo e xudicial) e de todos coñecido que na practica é cada goberno dos elixidos en comicios o que a vontade vai trocando nomes para que a cousa lle cadre e non se produzan anacronismos do tipo de aprobar unha lei e que veña o Constitucional e cha bote a baixo. Dados estes extremos, públicos e notorios, un se pregunta ¿pero que é o que fai exactamente a fiscalía nomeada por Conde Pumpido, a vez nomeados polo goberno pseudo-socialista atacando a velocidade do raio unha decisión lexitima dun Xuíz competente?

Escoito que me falan da lei de amnistía do 78, da lei que serviu para liberar do cárcere os presos políticos do Franquismo, como a razón legal que sustenta o recu4rso e me da a risa. E dicir, o mecanismo que chegou despois de mobilizar a toda a esquerda ilegal na España dos anos 70 vai servir agora para que os delitos de lesa humanidade cometidos polos fachas queden impunes. Manda truco, as voltas que da a vida ¿eh?

Garzón, no seu auto afirma unha cousa que levo tempo dicindo cando me falan deste tema a quen me quere escoitar. Non se trata de cuestións políticas, nin de xeitos de ver a vida, nin sequera de ateísmo ou catolicismo, nin de atacar as bases sobre as que se sustenta esta precaria democracia na que vivimos, non. Tratase disto que o Xuíz expresa moito mellor ca min; “al igual que los vencedores de la Guerra Civil aplicaron su derecho a los vencidos y desplegaron toda la acción del Estado para la localización, identificación y reparación de las víctimas caídas de la parte vencedora, no aconteció lo mismo respecto de los vencidos que además fueron perseguidos, encarcelados, desaparecidos y torturados por quienes habían quebrantado la legalidad vigente al alzarse en armas contra el Estado.”

Simplemente. Xustiza.

  • José Luis Louzán.

Comentarios