Martes. 19.03.2024
El tiempo

Imos volver!

A barra do “Rover” estalle dando de punta á pizza dacabalo. Esta vez, excepcionalmente, acompáñase de grappa con limón aínda que o que desexaban para combater ao fríou invernal era unha copa do desaparecido “Espinillar”. Son xente responsable. Cóidanse e non menosprezan ao virus coroado. É un grave problema pero peor están algúns veciños que además son portadores da peste blancolorada que te convirte en cornoeunuco mental. Menos mal que esta patología de facécter local ten data de caducidade: 01/03/2025.
 

- CLAUDIO: Bueno, víase vir pero agora hai que foderse. Non fomos capaces de facerlle ver ao veciño que votar a don Lacayo non era unha opción. Na miña contra teño que dicir que estaba confiado na boa marcha da economía. Pensei que hai que ser moi pero moi nabo para desexar ter menos guita no peto. Creo que puiden facer algo más para sumar pero vostedes saben que o meu non é a militancia.

- FLACO: O que más me quenta é ter que recoñecer que media ducia de mercenarios mediáticos mandaron á fronte Amplo a segunda, después de estar 15 anos en primeira, con flor de cadro e xogando ben e gañando varios campionatos. Non me cabe na cabeza que miles de votantes queiran ser marionetas manipuladas nas que cada deía inoculan odio clasista e espíritu vengativo. É horrible, che, repítese o comentario do xornalista arxentino J.C. Romero López de cando Macri gañó as eleccións: Sacando que os pobres van estar na miseria e que a clase media vaise a empobrecer en meses; aquí non pasou nada.

- GILDO: O más increíble, é lóxico que así sexa, é que tapen todas as faltas e delitos do “malandraje” de “brancos” e “colorados” xa que aos votantes lles importa un carallo que os seus elixidos sexan abigeos, coimeros, blanqueadores de guita sucia e abusadores sexuais de menores. O noso país entrou en recesión e tamén en depresión que non é o mesmo si recordamos a frase do presidente Truman: recesión é cando o teu veciño perde o seu traballo; depresión é cando ti perdes o teu. É evidente que durante 15 anos gozamos de boa saúde económica. Claro que unha cousa son as cifras oficiais e outra é a túa propia percepción que pensas é obxectiva pero que realmente foi previamente distorsionada cun continuado envelenamento mediático. Invéntanche un inimigo interno e enseguida empezas a “putear”. Non te queixas, iso sería de xente frouza. Ti estás quente. Poste a “putear” ao ver a veciños do barrio que se están levando o que te pertence. Non o podés permitir! Es moi traballador e non entendes que o gordo da esquina compre un autito igualito ao teu.

- DON JOSÉ: Bueno, botijas, cagáronnos ben de ben coa implantación do odio clasista. Nunca pensei que no noso moderado país houbese tantos morfadores compulsivos de merengue neoliberal. O pensamento político proposto, cumprido e executado con éxito pola Fronte Ampla foi derrotado nas urnas. Erramos ao non detectar un cambio de actidude na clase media más beneficiada polo crecemento económico. Pode ser pero outros din que nos acomodamos. É certo que 30 mil e pico de votos non son diferenza. Creo se perdió pola desaparición do “batllismo” na nosa sociedade, o que se acaba de confirmar coa patada no orto que lle meteu Julito a Talvito. Enfrontámonos a tres lustros de ráfagas de odio e frustracións persoais contra rivais que non pensan distinto xa que carecen de modelo alternativo de país. Son portadores de patoloxías incurables que os converten en marionetas dos mercenarios mediáticos que lle anulan a súa razón e a súa corazón.

- CLAUDIO: É difícil ou más ben imposible que haxa interacción cando non hai con quen dialogar. Falas de progreso social e o outro fala de si non tes guita é porque non queres traballar. Dis que os más podentes teñen más posibilidades e contéstanche coa boludez de que si te esforzas podes chegar arriba do todo. Coméntallés o que dixo o presidente arxentino sobre que “o más bobo dos ricos ten más posibilidades que o más intelixente dos pobres” e dinche que é un peronista rabioso que lle quere sacar aos ricos para o seu enriquecimiento persoal. Que podes facer? Lémbraslle unha frase de Saramago (que non lles soa de nada) de que “a democracia converteuse nun instrumento de dominio do poder económico e non ten ningunha capacidade de controlar os abusos deste poder” e lárganche con absoluta soltura que non se pode poñer límite aos millonarios porque eles son os que che pagan o soldo. Téñenme farto coas insensateces que afirman son de sentido común!

- FLACO: Eu sigo na incredulidade, é que non me resigno a que ter que aguantar as burlas de don Lacayo. Se che ríe na cara pero consólome coa certeza de que ten pouco percorrido. É unha fixa que a Fronte Ampla volve con Carolina ou con Álvaro na presidencia. A partir de marzo do 2025 remendaremos con boas puntadas os miles de buracos que nos deixarán estes sinvergonzas. É seguro que recibiremos un país na lona pero cunha ducia de empresarios enriquecidos a forza de chupar ás toas dos fondos públicos. O peor será o legado de más dun millón de cidadáns empobrecidos. A saúde e a educación estarán vindas a menos e desmelloradas do mesmo xeito que as rutas nacionais que tendrán fochancas desde a Avenida Garzón ou desde Santiago Vaízquez ata Paso dos Touros ou Bela Unión.

- GILDO: Un tema que os nosos grises desgobernantes ocultan é a razón básica de que se controle bastante ben ao virus que nos está rebentando. O presidente aumentou a súa popularidade porque está xestionando ben a pandemia. É sabido que o noso presidente admira a Bolsonaro, Macri e Trump. É parte do grupo negacionista da dereita máis escura do mundo. Claro que enseguida o avivaron de que debía poñerse á beira dos cidadáns nun momento de crise sanitaria. O más curioso é que non di que os grandes investimentos no Sistema Nacional de Saúde dos pasados anos posibilitaron unha adecuada e correcta actuación para evitar maior incidencia da pandemia. Os que non informan sobre os ben dotados hospitais públicos son os mesmos que non comentan nada sobre a “Operación Océano” xa que se coidan moito de incomodar aos seus respectivos amos. É asqueroso que defendan a sucios abusadores sexuais de menores. Cruzan todas as líneas vermellas sempre que o delincuente sexa membro da Asociación Blancolorada de Malandras.

- DON JOSÉ: Bueno, queridos botijas, espero chegar ao 2025 para festexar o regreso da cordura á acción de goberno. Por agora, vou ben, teño un pouco alto o úrico e a presión pero non me queixo mentres o bocho me responda. Nos próximos anos volvease a un Uruguay en gris. Aumentará a pobreza e a inseguridade cidadá. Creo que debemos de aproveitar este tempo ata que sexa presidente Álvaro Villar (o pai era amigo o meu e descendiente de Galicia por pai e nai) ou presidenta Carolina Cosse para neutralizar (mellor sería derrotar...) á percutora actividade desinformativa dos mercenarios mediáticos. Fixéronnos moito dano coas sías falsedades xa que lograron desdibuxar un longo período de crecemento. O gran Nietzsche decía que “ás veces a xente non quere escoitar a verdade porque non quere que se destrúan as súas ilusións”. Pode ser pero o filósofo alemán vivió antes de que o poder corporativo dese forma á opinión pública en calquera rincón do mundo. É evidente que os votantes dos partidos tradicionais non foron ás urnas con ilusión, foron darlle un piñazo á Fronte Amplo. O triunfo no 2024 deberá de ser contundente xa que sen unha ampla maioría parlamentaria non se podrá, por exemplo, lexislar para acabar coa estafa discriminatoria da Caixa Militar. Tamén haberá que revertir o roubo que están maquinando para levarse a coima en ANCAP e ANTEL. É seguro que imos volver pero que non sexa rengueando. Un forte grupo parlamentario é a mellor garantía de calidade democrática para a maioría cidadá. Ogallá que a saúde me acompañe aínda que si non é así, alegrarame velos felices co brazo no alto axitando a nosa insignia vermella, azul e branca.

 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Comentarios