Mércores. 24.07.2019
El tiempo
Manuel Suárez Suárez
12:08
21/06/19

Un pequeno paseo por un recuncho do paraíso atlántico galego

Novo billete do Uruguay de 50 pesos
Novo billete do Uruguay de 50 pesos
Un pequeno paseo por un recuncho do paraíso atlántico galego

Nestes días medio chuviosos é moi recomendable o morfarse unha pizza dacabalo no "Rover" para axudar a manter a firmeza do espírito frenteamplista. Trátase de non caer na escura noite neoliberal dos vendedores de odio envolto no fume da desigualdade.

- Claudio: Hoxe, antes de putear aos "blancolorados", temos que escoitar as historias da viaxe do Flaco a Alemania e Galicia. Bueno, sobre todo interésanos que conte sobre o bo amigo Gayego de Propios xa que a visita a Tübingen é triste. Enterrar a unha irmá é moi doloroso e peor, supoño, cando é máis novo que vos. Dicho alguén que é o fillo único de Clelia e Ernesto, dous laburadores que viñeron de Pordenone (Comune dei Montereale Valcellina).

- Gildo: O primeiro é que o Flaco nos ilustre xa que sendo arquitecto é voz autorizada para falar de patrimonio histórico. A min vénme ben o saber diferenciar unhas igrexas e catedrais doutras porque me parecen todas iguais. Despois pegámoslle aos lacayitos e sanguinetitos que nos queren volver meter na miseria do novo autoritarismo ao estilo de Macri e Bolsonaro.

- Flaco: Bueno, amigos, a viaxe foi emocionante e moi enriquecedora. En Alemania, dentro da tristeza, quédome co aprecio e o agarimo cara a Elisa dos seus compañeiros e alumnos. En Galicia gocei e paseino bárbaro. No apartamento de doña Valentina -que ten 88 lúcidos anos- rímonos mitísimo. Acordábase do desfile de entroido en Propios cando mollamos con bombas de auga á Raíña que ía na carroza. Lembras, Gildito? Nomeoume a case todos os veciños da nosa infancia de ambas veredas entre Carabelas e Guillapí e entre Lancaster e Martín Rodríguez.

- Don José: Ao final dos nosos días volvemos aos tempos felices de cando nosa única preocupación era saír a xogar cos amigos. Alégrame que poidas achegarche a visitar ao Gayego que creo coñeciches en xaneiro de 1960 e imaxínome a cantidade de emocións montevideanas que garda en Santiago de Compostela. Supoño que viches o banderín de Peñarol que colgou na tenda da esposa na zona histórica, na famosa Rúa da Raíña, a un paso da catedral. O Gayego é un apaixonado promotor de nosas máis nobres tradicións no lugar de orixe de miles de familias que construíron niños e botaron raíces na Banda Oriental do glorioso don José Artigas.

- Claudio: A viaxe do Flaco recórdame cando fun a Pordenone en barco coa miña nai a visitar á familia. Era chico pero quedoume gravado que me trataban coma se nacese alí. Coñecín a amigos dos meus vellos que habían ir con eles á escola e contaban as súas travesuras de cando se achegaban ao Palazzo Comunale na festa do 15 de agosto. Entendo que o Flaco se sinta próximo a Galicia. Aínda que naza acá, recibiu información durante anos de don Jesús e doña Valentina. A ver, si cando me xubile, decídome a dar unha volta pola provincia norteña de Friuli Venezia Giulia para levar unhas flores ao panteón dos avós Lucchese e Silvestrin.

- Gildo: Eu nunca puiden ir pero se cadra si saco unha boa quiniela, lévome ao neto ata Udine para que coñeza o berce dos devanceiros paternos. O meu apelido é friulano auténtico e vén de Tomás que alí é Tomàt. Decateime, hai pouco, que o meu avó Tomaduz usaba sempre o friulano cos seus paisanos e non lle gustaba nada o toscano que lle meteron á forza na escola. Acordaranse que vivía nunha casa na rúa Nova Troya que estaba a man esquerda, subindo para o Cerrito. Á beira vivía a avóa de Lourdes Gadea. O avó fundou a empresa de construción que herdaron o meu vello e os meus tíos e que lles permitiu vivir sen grandes luxos pero sempre cun mango no peto. Si vou farei unha parada en Santiago de Compostela para compartir un mate co querido Gayego. Nunca se sabe, a vida dá moitas voltas, sexan a favor ou en contra.

- Flaco: A verdade é que a paisaxe galega é preciosa. Tedes unha incrible gama de verdes dos montes que hai por todos lados. Se camiñas por un carreiro á beira do río Xallas -era a “Per Tola Maritima” usada polos romanos para vir extraer metais- o sol fíltrase por entre os miles de follas dun interminable bosque de castiñeiros, piñeiros e carballos. En Santiago de Compostela quedas sen palabras. Non hai que ser arquitecto para sentir que o granito comunícase contigo. A unidade arquitectónica convértea nunha cidade que te atrapa. Non queres parar a descansar. Nunha praza ao final dun estreito calexón atópaste cunha vidriera que ten un estante repleto de paquetes de herba mate. Na ampla variedade inclúense dúas variedades de “Canarias” que é a herba que tomo en Montevideo. Sorprendeume a cantidade de mozas que hai por todos lados. É unha cidade con movemento pero tranquila e moi segura. No parque da Alameda saqueille unha foto a un ceibo que aínda tiña algunhas das súas flores características. Quero volver a Galicia!

- Don José: Creo é sempre positivo o achegarse ás raíces e máis aínda cando somos maioría os que vimos dos barcos. Así é que nos sentimos preto de Montevideo aínda que esteamos no norte europeo. Tamén creo que é importante coñecer o lugar de procedencia dos Barreiro, Lamas e Vázquez para entender o armado do país no que nacemos. Falando do presente e do ataque da mafia desinformativa preocúpame que haxa quen se deixe nublar o cerebro con mentiras interesadas. Acá teño unha frase do historiador italiano Emilio Gentile que resume o que nos xogamos nas próximas eleccións. Di que “hoxe o perigo é que a democracia pode converterse nunha forma de represión co consentimento popular”. É precisamente o que pasou en Arxentina e Brasil. Houbo miles de cidadáns que apostaron no casino de Macri e no de Bolsonaro. O resultado non pode ser outro que quedar en pelotas ao entregar o voto a uns delincuentes. É triste ver que o voto do resentido afunde a case todos na miseria. Por iso, botijas, pídolles que se movan para gañar en primeira volta. Agora o merengue opositor compite por unha banca pero logo das eleccións unirase en sociedade coimera para o afane total do erario público. A ti, se protestas, cáganche a paus e vas en cana. Serás acusado de vago que non quere laburar. Si queremos seguir avanzando polo camiño do benestar social debemos de encher as urnas con votos para a ética Fronte Ampla.

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

UN ANO EN BOS AIRES

comentarios