Mércores. 08.05.2024
El tiempo
Manuel Varela
08:30
08/01/13

Analizando o estado de saúde dos equipos da Liga da Costa en pleno parón de Nadal

Analizando o estado de saúde dos equipos da Liga da Costa en pleno parón de Nadal

En datas navideñas e de cambio de ano toca reflexionar e facer balance do que foi o 2012. E como todos os anos, na Liga da Costa chega o parón invernal. Esperado por moitos e temido por algúns, especialmente polos adestradores, que nunca saben o que se van a atopar á volta das vacacións: xogadores fóra de peso, outros que atoparon moza e se foron para Escocia, algún ó que se lle ocorreu a brillante idea de meterse a adestrador…

Déixanos esta primeira parte do campionato as espadas en todo o alto para o que se presume unha segunda volta apaixoante. Durísima loita na cabeza, cunha Esteirana campión de inverno por méritos propios pero que vén de perder ó seu carismático presidente. Na cola máis do mesmo, traxedia e paixon a partes iguais. Xa se sabe que as segundas voltas na Costa son un prodixio de sorpresas e de equipos renacidos das suas cinzas. Podemos esperar calquera cousa!!!

En QPC, coma todos os anos, facemos unha pequena valoración de cada un dos equipos da 2ª Autonómica, valoración moi persoal, iso si, e que so pretende ser unha visión subxectiva dende a distancia.

    - ESTEIRANA C.F. – Tremenda primeira volta dos de Esteiro, na que só perderon un encontro, en Baio, e ensinaron o que se viña presumindo anos atrás: unha calidade desbordante, unha alegría ofensiva no xogo impropia dos tempos actuais e un punto de seriedade e motivación que quizais lle faltara outros anos. Baseado nun ataque demoledor, ese formado por Kike, Roberto Pladur e Alex, a aportación de veterania de homes como Dani Rama ou Pablo Serrano é fundamental para manter a compostura en momentos difíciles. Ese talento todavía sen explotar que é Simón, e a entrega e raza dos Adelino, Pepiño e cia completan un cóctel que de momento esta a dar un gran resultado. Aguantarán a presión de verse cada vez máis preto do campionato?

    - C.D. BAIO – Da man dun novato na categoría, o míster Félix, e dun equipo moi novo están os baieses a facer unha campaña incrible. Un nome resalta sobre os demais, no Baio e incluso me atreveria a decir que na Liga: o de Martín MC, talento puro que está a explosionar este ano, no que o rapaz asumiu o total protagonismo do ataque baies. Ó seu lado un renacido Martín, un dos mellores xogadores de sempre da Costa, está a mostrar que aínda queda fútbol nesas botas. Se a isto sumamos un bloque moi compacto na liña defensiva, con veteranos como Mario ou Chema facendo a sua labor a perfección, e a forza no centro do campo de Eloy, temos un equipo moi dificil de bater e que á minima che fai gol. Claro candidato ó titulo polo visto nesta primeira volta.

    - U.C. CEE – O máis histórico dos clubes costeiros vive este ano de regreso á Liga sufrindo para demostrar a súa teórica superioridade. Nese inmenso campo que é Sampaio de Refoxos non acaba de impoñerse con total claridade, e sufríu o equipo en saídas complicadas, perdendo en Sofán e Esteiro contra dous dos equipos da zona alta. Aínda así, a innegable calidade dos seus xogadores fai que todavía sexa o máximo favorito ó titulo, con permiso dos equipos que ten por encima na taboa clasificatoria. A súa seria liña defensiva, con homes contrastados como Rafa, Fiuza, Nico ou mesmo Piquero, que xogou moitos partidos de central, a calidade do centro do campo, reflexada en Fermín ou Angeliño, un dos mellores xogadores da liga, e ese ataque letal comandado por Llanero, fan do Cee un equipo temible. Sufriu precisamente as baixas de Víctor e Llanero e isto notouse no rendemento do grupo, pero con todo o equipo sano, ten pinta de que vai acabar moi arriba o cadro de Floreal. A ver como xestiona a baixa de ultima hora de Fernandito.

    - S.D. SOFÁN – Un inicio fulgurante que o situou líder destacado foi seguido dunha época de irregularidade que o deixa na 4ª posición ó final da primeira volta. No primeiro ano de Pablo Mallón ó frente da nave sofanista, o equipo está respondendo ás espectativas. A profunda renovación feita no plantel non se deixou notar, e a veteranía de incorporacións como Míchel ou Lista axuda ó acoplamento dos novos talentos, Bugy, Ivan Rey, Eloy Boedo, Edu ou Ivan Rojo. A presencia do ex xogador do Dumbría Eloy Cabeza está resultando determinante, e o mediapunta estase a mostrar como o home mais desequilibrante do equipo xunto co goleador Abel. Está por ver como aguantan a segunda volta, na que a incorporación do goleador de sempre da Sd, Suso Docampo, pode axudar moito a aumentar a competitividade do equipo.

    - SP. ZAS – Unha das sorpresas agradables está  a ser o equipo de Zas. Co ex xogador Mario no banco, parece que o equipo ganou en tranquilidade e serenidade, e basandose nun once practicamente inamobible, está a mostrarse como un dos conxuntos máis compactos da liga. A presencia de Víctor Vecino no centro da zaga antóxaseme clave para explicar a boa traxectoria do equipo. O central está a completar unha magnífica campaña, e xunto co seu compañeiro na defensa Pereiro, son os sosténs dun equipo eminentemente atacante. Porque de mediocampo para arriba, o Zas ten talento de verdade nas súas botas. Os mediocentros Peque e Lagoa, perigoso a balón parado como sempre, e sobre todo os tres atacantes Rubio, Pichín e Jaime, están a dar un gran nivel. Destacable o de Jaime, un rapaz que esta a mostrar o talento que xa se lle supoñía pero que non acababa de explotar. Cuidado co Zas na segunda volta, seguro que dará que falar.

    - CORME C.F. – Un dos equipos chamados a estar no alto da taboa está tendo unha traxectoria máis irregular do esperado. Esto explícase en gran parte polo alto número de baixas que sufriron os cormeláns neste tramo de competición. O goleador Alejo e o cerebro Alejandro estiveron bastantes partidos alonxados dos terreos de xogo, e esto notouno o equipo. De todas maneiras, un ano máis, dá gusto ver xogar a este Corme plagado de rapaces novos, que non son capaces de especular co resultado e dediícanse a dar espectaculo polos campos da Costa. A volta de Brais ó centro do campo dalle un toque máis de calidade, si xa de por si a presencia dos Lucas, Chans ou Doldán non lla daba. Cando Alejandro comanda a nave e dota ó equipo desa serenidade que el ten, os cormeláns son case imparables. A recuperación de Alejo será moi importante para ver si realmente se enganchan o grupo cabeceiro ou non.

    - U.D. CARNOTA – un ano máis asistimos a unha película costeira coñecida como os milagros de Cambeiro. Cun equipo lastrado máis da metade dos partidos polas baixas dos seus mellores homes de ataque, Joselu e Casti, o míster carnotán sácase da manga a Jacobo, un central reconvertido a dianteiro centro, e monta un equipo rocoso, basado nun estajanovista traballo defensivo. Deron guerra en case todos os campos, e gañar en Lomáans antóxase misión case imposible. Os clasicos xogadores carnotans Pedro, Chouza, Rodri ou Beiro están a dar un rendemento propio de chavales de 20 anos, e a volta do ilustre Luis de la Peña á porteria doulle unha seguridade que lle fixo ganar moitos partidos. A ver como fai Cambeiro para sacarse un novo coello da chisteira e superar unha longa segunda volta coa escasez de efectivos que ten.

    - VOLANTES F.C. – Está a ser unha das sorpresas agradables do ano o recen ascendido Volantes. Con apenas 2 anos de vida, o clube estase a asentar na difícil Liga da Costa. Posee unha das afeccións máis fieies da volta, e dende logo isto fai que non sexa nada fácil gañarlles en Miraflores. Un inicio fulgurante situouno entre os primeiros postos da liga, pero co paso das xornadas o equipo veuse abaixo. Ten demasiada dependencia dos seus xogadores de máis calidade, Brais e Seluco, e cando estos non están o conxunto resintese na parcela ofensiva. O seu lunar está no alto número de goles encaixados. Para paliar estas carencias o equipo ven de reforzarse moi ben no último tramo de primeira volta, co experimentado central ex do Noia Santi, e o dianteiro de recoñecido prestixio Chenel. Se o míster dos de Baño pode dispoñer de todo o plantel, será un dos equipos a ter en conta na segunda parte da liga.

    - BUÑO S.D. – O bo facer de Esmorís no modesto equipo oleiro estase a notar. Inmerso nun proceso de cambio xeneracional, no que todavía os veteranos Diego, Emilio e Víctor seguen a tirar do carro, así como a calidade dos irmáns Calvete, e a incorporacion ás mais importantes responsabilidades de novos xogadores co Concello de Malpica como Elías ou Dourado ten que dar os seus froitos. É o Buño o rei do empate, con nada mais e nada menos que 7 igualadas en 17 encontros, o que da a entender o dificil que é ganarlle a este equipo. Os seus datos goleadores son equiparables cos equipos lideres da liga, e so lle falta afinar un pouco a parcela defensiva para convertirse nun equipo mais competitivo, que a bo seguro o conseguirán.

    - S.D. SAN LORENZO – Atopase o equipo de Verdillo en periodo de renovación. A chegada ó banquillo de Gueli, ex xogador do San Lorenzo, trouxo unha bocanada de aire fresco. Os cambios na directiva tamen se fixeron notar, e o equipo está a apostar por xente nova e con proxección. O campo das Pedreiras está empezando a ser temido como antaño, e é alí onde o cadro rojillo consigue os seus mellores resultados. Quizais se acuse algo a falta dun home gol, sendo Carliños dende a súa recuperación o home mais incisivo e resolutivo en ataque. Defensivamente é un bloque moi disciplinado, conocedor das súas virtudes, e que as intenta explotar ó máximo.

    - S.D. CASTRIZ – Sorprende a irregular traxectoria dos de Castriz, equipo con homes de calidade na súa formación, que conseguiu amargarlle a vida ós equipos da zona alta da taboa, pero perde contra os da zona baixa. Vencedor contra Sofán e Corme, vén de empatar en Cee, pero estos bos resultados non os refrenda cunha regularidade no seu rendemento. As numerosas baixas que sufriu fixo que incluso o míster Víctor Pazos tivera que volver a vestirse de corto para deleitarnos coa sua calidade. A recuperación de Cilindro e as esperanzas eternas nese dúctil ariete que é Sebas, son a base do optimismo co que afrontan a segunda parte do campionato.

    - MUROS S.D. – Ano de transición en Muros. O exitoso equipo de outras temporadas foise quedando valeiro ano tras ano, pois varios dos seus mellores xogadores emigraron cara a categorias superiores. Cun bo traballo de canteira ás espaldas, os muradáns apelan este ano á recuperación de xogadores que xa estiveron no clube para establecer unha base solida de cara a outros anos. A presencia máis destacada no equipo é a de Sexo, xogador dos de mais calidade e velocidade na liga, que está a ser a referencia do ataque muradán un ano mais. Os Mayuyo, Teo e Manu Dosil seguen a aportar o seu futbol de sempre á espera de tempos mellores. Aínda así, as visitas a Miraflores nunca son cómodas, e a bo seguro que máis dun equipo sofre contra os celestes.

    - U.D. CORCUBIÓN – A presencia do mestre Manolín é un gran acicate para a apertura dunha etapa ilusionante no Novo Cubaleiro. Este histórico e entrañable clube segue a pelexar dende a modestia no medio de dous xigantes que o rodean, Fisterra e Cee. Cun equipo moi novo, sorprendiu o seu fantástico inicio ligueiro, pero non foron quen de manter os bos resultados iniciais, e fóronse diluindo pouco a pouco. Aínda así tiveron partidos de mérito, como o empate en Cee nun dos derbis máis quentes da liga. De cara a segunda volta serán os seus homes de maior calidade, con Lourido, Mario ou Pablo Lestón á cabeza, quen teñan que tirar do carro para que o equipo non se vexa en apuros.

    - MAZARICOS C.F. – Non é facil de explicar como un equipo coa xente de calidade e co bo fútbol que practican como o Mazaricos está tan abaixo na táboa clasificatoria. Xa o ano pasado eran dos equipos que mellor impresión me dou, pero os resultados non chegaban. Este ano, con Couso no banquillo, máis do mesmo. Con xogadores da calidade de Brais, Aldo, Ricardo e sobre todo Jose Ángel, deberían estar mellor clasificados. Quizais as continuas ausencias de Jose Angel debido ós seus problemas físicos nos den unha pista dos porques da situacion dos mazaricáns. De todas maneiras, é un equipo perigoso a ter en conta para a segunda volta. A miña aposta como equipo revelación da segunda volta.

    - U.D. MONTELOURO – Iniciaron a liga de maneira sorprendentemente boa. O modestisimo equipo de Louro ten un mérito innegable, pois con poucos recursos é capaz de competir moi ben. A ese inicio sin embargo seguiulle unha xeira de malos resultados que se prolonga aínda na actualidade. Sen un home gol claro, o equipo basease no seu peculiar terreo de xogo, e unha loita sen limites. Veteranos como Fernando, Edu e César seguen a ser a base do equipo, pero necesitan un par de homes de calidade para obter mellores resultados. Pelexará duramente cos equipos que lle veñen por abaixo para eludir o descenso.

    - OUTES C.F. – A gran labor de Manu Roque e dunha directiva entregada ó traballo estos anos en Outes non está a ter reflexo nos resultados nesta primeira volta da liga. Un equipo que aposta polo futbol combinativo, estase a atopar que os rivais con pouco levanlle os partidos. De todas maneiras, coa incrible afección que poseen e a pouco que as baixas non mermen o seu potencial, creo que van a sair da zona baixa sen problemas. Haberá que ver como lle afecta a baixa de Iago Dosil, de volta en Dumbría, e as continuas ausencias na portería do seu gardameta titular, Peipo.

    - CABANA S.D. – Tras innumerables anos pelexando por volver á Liga da Costa, o regreso está a seu dificil para o equipo cabanés. Raul Periscal, no seu primeiro ano no banquiño, esta a realizar un traballo improbo para que o equipo saia dunha situación a que se viu abocado tras un inicio de liga moi titubeante. A chegada de Berti na punta do ataque parece que lles dou novos bríos, pero derrotas en partidos inexplicables, como a do encontro contra o Zas en Cabana, fai que a fráxil moral do equipo se resquebraxe por momentos. De todas maneiras, os veteranos estanse a poñer o mono de traballo, e os Añón, Rubén Rama e cia teñen que tirar dos rapaces de calidade que ten un clube caracterizado os últimos anos por un gran traballo de canteira.

    - DUMBRÍA B – O filial dumbriés está a acusar sen dúbida a excesiva xuventude nas súas filas. Son os riscos dunha aposta clara por sacar futbolistas da canteira e por intentar xogar ben o fútbol. Na Liga da Costa o mínimo erro págase caro, e o míster César Ferrío deixou o banquillo tras non verse con capacidade para sacar a nave a flote. Con Ángel Canosa de novo adestrador, e a axuda de xogadores do primeiro equipo como Sergio ou Cacho, están os de Dumbría pelexando por manter as opcións de salvación e non deixar ir o filial para o pozo de 3ª Autonómica. Dependerá moito do seu inicio de segunda volta.

    Artigos relacionados

    Outros artigo de Manuel Varela

    Fonte

Comentarios