mércores. 30.04.2025
El tiempo
Manuel Varela
14:01
28/12/10

Por Nadal, datos e turrón

Por Nadal, datos e turrón
Tradicional é o parón navideño na Liga da Costa, ese que nos deixa sen fútbol durante estas festivas datas. É tamén tempo de botar contas, facer valoracións do que vai de competición e ver quen parece cabalo gañador e quen ten mais pinta de ter que sufrir moito no 2011 para manter a categoría. Cando só queda unha xornada para acabar a primeira volta, excepto para Muros e O Pindo, que a remataron este domingo, parece que os equipos costeiros están empeñados en darlle á razón ós pitonisos do noso fútbol que alá polo mes de setembro, cando comenzou a competición, prognosticaban favoritismos e clasificacións hipotéticas. Porque se lle botamos un ollo ós sete primeiros clasificados, vemos ós seis conxuntos que todo o mundo daba como posibles candidatos ó triunfo ligueiro, sumando ó indiscutible conxunto revelación, o Club do Mar, recén ascendido, que lle está a disputar a hexemonia costeira ós conxuntos punteiros da categoría. Nas apostas ós postos clasificatorios poderían variar, pero o certo é que nunha diferencia de 8 puntos, pouca cousa quedando o que queda por diante, estan os sete equipos que presumiblemente se van a xogar as fabas do título. Nunha zoa intermedia vemos a un grupo de equipos que dependendo do que fagan nos meses de xaneiro e febreiro poderían engancharse ó tren cabeceiro o ter verdadeiras dificultades no treito final de liga. Porque se algo nos ensina a experiencia é que as segundas voltas dos equipos da zoa baixa sempre son mellores que as primeiras. Un claro exemplo é o Carnota, que todos os anos mellora ostensiblemente as súas prestacións no treito final de campeonato. Queda moita cera que arder de aquí o mes de maio, cando xa pensemos na nosa querida Copa da Costa, e desexemos que a emoción do torneo continúe como ata agora. Vexamos unha pequena analise de cada conxunto:
  • PONTECESO S.D. - Partía como favorito e está a cumplir os pronosticos. O equipo de Berto está a demostrar que o seu estado de forma é un punto superior ó dos seus rivales. Por seriedade, planificación e calidade do plantel é o rival a bater. A columna vertebral do Zas campión volve a ser importante en Ponteceso. Norberto ponlle o candado á portería, David aporta o seu saber como central, e Mario é un comodín de rendemento asegurado alí onde xogue. Se a esto unimos o descubrimento de Luisete como dianteiro goleador, a calidade de Pablo Vazquez no centro do campo e a veterania e saber estar do resto do equipo, temos a fórmula, pouco vistosa pero tremendamente efectiva dun equipo que cheira a campión.
  • CAMARIÑAS F.C. - A chegada de Manolín revitalizou as ansias de triunfo en Camariñas. O veterano técnico ceense aproveitou a base de equipo que formou Papi en anos precedentes para con un par de retoques, situar ós camariñáns de volta na élite da costa e con claras aspiracións ó título. Paréceme un magnífico equipo o palilleiro, que presiona ben en toda a cancha, con xogadores con fame de victoria evidente, e cunha calidade na zona de ataque da que poucos poden presumir. Moriño e De la Sierra son as anclas no centro do campo que envían balóns os magos da dianteira, David, Juan Bello, Javi, Mané ou Adrian Negro. Cun equipo base definido e escasas rotacións, os de Manolín tiveron un momento no campeonato de asombrar a propios e extraños coa súa capacidade goleadora anotando 26 goles en ¡5 partidos¡. Ainda así pinchazos no Hnas. Patiño contra o Sofán ou Fisterra fan que o Camariñas non esté de lider destacado nestes momentos.
  • CLUB DO MAR. - De excepcional se pode calificar a primeira volta dos de Caión. Arrastrando o feito de ter que xogar como local no desterro de Paiosaco, a entregada afección que ten o Club do Mar está facendo mais levadeiro este inconvinte. É o gran animador do campeonato da man de Repi, adestrador-xogador, que reuniu ó seu arredor a un grupo de xogadores que creen no que fan cos ollos cerrados, e que teñen unha dose de calidade importante. Homes como Chechu, todo un luxo para a liga da Costa, Tonecho, os irmáns Lareo, Alberto, Abel ou Brais foron xogadores de referencia en anteriores conxuntos, e ainda que pouco coñecidos nos ambientes costeiros, están a demostrar o seu potencial. Unha nova maneira de facer as cousas, e unha ilusión a proba de bomba, están a ser as credenciais dun conxunto que sube coma a espuma cada xornada que pasa.
  • MUROS S.D. - O inicio do Muros non presagiaba nada bo. Sendo derrotado en 4 dos seus primeiros 5 desprazamentos contra rivais directos coma Fisterra, Ponteceso, Camariñas ou Club do Mar, parecia que o proxecto muradán non ía ter o seu mellor ano. Pero a paciencia é sabia compañeira, e a pouco que se ensamblaron as pezas, o fortín de Miraflores comezou a facer honor ó seu nome, e o Muros a responder coma visitante. O equipo está en clara liña ascendente, centrando o seu olfato goleador no eterno e referente Bibi, e na irrupción de Toni, un xoven talento que supón unha das mellores noticias para o fútbol costeiro en moito tempo. Seis vitorias en sete partidos meten ó Muros cos mellores e con opcións a todo. O esqueleto do equipo son os Rubén na porta, Mayuyo ou Riveiro atrás, o incombustible Sexo, Varito e o mencionado Bibi na creación, e o rapaz Toni, que está sendo quen de facer olvidar as reiteradas baixas de Yanki. Un equipo en claro ascenso.
  • S.D. SOFAN. - Irregular, unha vez mais, é a primeira volta da SD Sofán. Un equipo que gaña en Ponteceso ou Camariñas, e que logo cede por goleada na sua casa contra a Esteirana ou Castriz, non sei se pode ser considerado candidato ó título. As cousas foron difíciles dende o comezo. O porteiro titular rompe a tibia no primeiro encontro, dous xogadores son operados por rotura de tabique nasal, a enfermería sempre está máis ocupada que o campo. Baña non é capaz de dar cun once tipo, pero ainda así o equipo da a cara a base de orgullo e aferrase á parte alta da taboa. Destacan nos carballeses a regularidade de Juanjo un ano mais, os goles de Bertin, e a calidade de Luisito, uns dos mellores da liga sen dubida. Os veteranos responden pero os anos non pasan en balde e por diversas circunstancias homes como Pensado, Miniño ou Juan Rabuñal perdéronse demasiados partidos. Xaneiro e febreiro van a ser transcendentais para o Sofán.
  • S.D. CASTRIZ. - Un inicio dubitativo fixo que se perdera a fé nas posibilidades nos de Huelvis. A marcha de homes importantes do ano pasado, principalmente a de Jota para o Santa Comba, e as lesións que arrastraban xogadores clave, fixo que os primeiros partidos foran duros para o Castriz. Pero cando o mister Huelvis dispuxo de todo o equipo ben ensamblado está a demostrar que é un candidato a todo. A pesar de que ebas este ano non é o home gol que nos ten acostumados, dedicandose a labores máis creativas, a explosión definitiva dun xogador como Noli, e a aportación de veteranos recuperados como Toniño, Mauri, Suso ou Brenlla, fai do Castriz un conxunto compacto e difícil de gañar. Os clasicos Alberto, Cilindro, Alejandro ou Dani siguen dando mostras da súa calidade, e haberá que ter coidado con este equipo na segunda volta.
  • S.D. FISTERRA. - Apostou o Fisterra pola volta á casa de grandes talentos da terra que estaban espallados pola Costa adiante. Así chegaron ó equipo de Manolo Santos os Nico, Roco e Guardiola. A fichaxe do goleador Manoliño era a guinda do pastel e o inicio dos fisterráns foi demoledor. Practicando o mellor fútbol da categoría os resultados non tardaron en chegar. O equipo encaramouse ó primeiro posto goleando e convencendo. Pero o desterro, primeiro en Corcubión e logo en Cee, e a presión do liderato pasaron factura. Inesperadas derrotas en casa ante Esteirana e San Lorenzo fixeron replantexar a situación. Agora, xa no seu fortín de Ara Solis, o equipo tenta de rearmarse para afrontar a segunda volta con opcións ó título. Calidade sobra para conquerilo.
  • DUMBRIA C.F. B. - Gran mérito teñen os de Cesar Ferrio. Equipo novato na competición, mayormente composto por xente xoven, o filial está pensado como proxecto de formación e trampolín para o primeiro equipo, o que non impide que os resultados sexan magníficos. O equipo está basado nunha columna vertebral composta polos Anxo, Sergio Cives, os irmáns Carreira, o prometedor Jesús, Tantán, Pablo Lestón e Pablo Muíño. Este último está a destacar como o goleador do equipo, anotando 8 tantos nas últimas 8 xornadas. Foron estes partidos, con vitorias destacadas ante Carnota, Corme, Club do Mar e Baio, os que relanzaron as opcións do equipo dumbriés na taboa clasificatoria.
  • S.C.D. MALPICA. - Sin a claridade de cara ó gol que aportou David Blanco o ano pasado, os de Agilda basan na sua seriedade defensiva a aposta para este ano. Con só 15 goles encaixados en 16 partidos, o meta Suso é un dos destacados do equipo na súa volta á casa tras un periplo en Imperator e At. Arteixo. Polo demais o Malpica ten a mesma columna vertebral de outros anos, que xa xogan de memoria e fan da Pedra Queimada un recinto de difícil asalto. Os Iago, Marco ou Charly en defensa, Andres como lider no centro do campo acompañado coa irrupción do xoven Ismael, e os estiletes atacantes como homes mais destacados: Neucha, Blanco e Cheo, xogadores nos que están depositadas as esperanzas da afección para engancharse no grupo cabeceiro.
  • S.D. SAN LORENZO. - Unha vez máis tira o equipo de Verdillo da prolífica canteira do Bergantiños para confecciónar un prometedor plantel, con rapaces de verdadeira calidade, e mostrandose o equipo como un dos mais perigosos da categoría por impredecible. Oscar Suarez, tras unha carreira trufada de exitos como xogador, ensinase no primeir ano como adestrador, a bo seguro con un gran futuro por diante. So o veterano Puñal queda da vella guardia, para impregnar ós xovenes do espíritu das Pedreiras, aquel que facia un suplicio para calquera visitante visitar o terreo de xogo verdillés. Agora as circunstancias cambiaron, e o San Lorenzo síntese máis cómodo como visitante que como local. A velocidade e calidade dos seus xogadores precisa de espacios. Destaca o dianteiro Alexandre, que os seus 19 anos parece que terá un bo futuro nesto do fútbol. O medio Alex, home de calidade e garra, e o dúctil lateral Ivan Rey, dan mostras do seu talento. Cachizo está a aportar sobriedade ó centro do campo e Dubra forma unha parella fixa con Puñal na defensa. Pena da intermitente presencia de Carliños e Styven e da falta de un verdadeiro home gol que faria deste equipo un rival temible.
  • C.D. BAIO. - Un prometedor arranque viuse truncado pola mala xeira que ven arrastrando nas últimas xornadas. Dende que vencera ó Fisterra o equipo de Tono sumou 3 puntos nos últimos 7 partidos. As baixas de homes chave, unido á xuventude que presenta o equipo, fai que se perdan partidos igualados que con homes máis veteranos no campo seguro que se terían gañado. De todas maneiras é moi eloxiable a aposta pola canteira que fai o clube presidido por Diego Díaz, que esta permitindo que descubramos para o fútbol costeiro a prometedores xogadores como Martin MC, Canay, ou o defensa Jose Antonio.
  • CORME C.F. - Un ano máis, e non por reiterado deixa de ser certo, segue o Corme a mostrar esas peculiares señas de identidade que o fan un dos clubes mais queridos na Costa. O comandante Alejandro lidera dentro do campo a un grupo de rapaces que asombran a propios e extranos coa súa calidade e desparpajo. O goleador Iago, que xa fai tempo que deixou de ser unha promesa para integrarse no grupo de cracks costeiros, segue na súa liña de anotación. Quizais as inesperadas baixas de veteranos tan importantes como Rafa Valiña ou Lelo fixo que os resultados non foran os de outros anos, pero o futuro do Corme presentase esplendoroso. Non fai falla máis que ver xogar esos rapaces, os Lucas, Alejo, ou Martinciño, para darse conta do inagotable da canteira cormelá.
  • S.D. ESTEIRANA. - Si por algo destacan os de Esteiro na primeira volta é pola súa tremenda trayectoria como visitante. 5 victorias e 1 empate adornan o seu currículo, e vitorias conqueridas en campos tan a priori difíciles como Sofán, Fisterra ou Baio. Se mantivese unha liña regular na casa estaríamos falando de outra clasificación, pero a maldición do Jose Luis Vara é palpable: 6 derrotas e 2 empates, 2 puntos en 8 partidos como local, os datos son concluintes. Destacar a presencia do seu goleador Roberto Pladur entre os mellores da liga. De volta de Noia, o rapaz está a explotar as suas virtudes, especialmente como visitante. A presencia de Dani Rama no centro da zaga, e tamén compartido labores de adestrador, é outra das notas mais positivas da Esteirana, que segue a basear o seu proxecto na boa canteira da que disponen. Como outros clubes costeiros, a falta de cartos fixo que se axilizara a aposta polos rapaces xovenes, e isto non debe tardar en dar froitos. Ó mencionado Roberto añadiremos a Alex, Uru, Cajulo ou Miguel Guerra como exponentes do que vai a vir.
  • BUÑO S.D. - Sorprendeu o equipo de Pablo Mallón no inicio ligueiro, mostrándose como un conxunto serio e traballado, para afundirse en canto a resultados no último tramo de campeonato. O evidente problema que ten o equipo de cara a gol, pois é un dos menos anotadores do torneo, viuse agravado pola perda da seguridade defensiva que amosou no primeiro tercio de liga. Dispón Pablo de xogadores de calidade, caso dos Mendieta, Martuxa, Jorge Calvete, que unidos ós clásicos Diego, Emilio ou Víctor conforman un equipo serio e difícil de bater. Pero estase a acusar as reiteradas baixas por lesión do seu home referente en punta, Victor, que tentará ser paliada polo seu recente fichaxe procedente do Sofán, Berti.
  • O PINDO C.F. - Un ano máis toca sufrir ó bo de Sil. É o Pindo un equipo con bos xogadores, pero que adolece de ser pouco competitivo. Home por home pódelle dar un susto a calquera, ainda que é ben certo que a longa baixa dun home clave coma Piquero lle puido afectar bastante. Pola contra a recuperación para o fútbol costeiro dun gran dianteiro coma Aitor pode ser unha baza a xogar na segunda volta. A veterania de Edu ou Cesar, xunto coa calidade dos Miguel, Victor ou Rivas deben bastar para non pasar apretos. Pena da baixa de Hugo, un dos xogadores de futuro mais esplendoroso da Costa, que apenas puido xogar este ano.
  • PORTEÑO C.F. - Ano difícil para o porteño lonxe da Grixa, terreo talismán os últimos anos que os levou a firmar un cuarto posto fai un par de campañas. A marcha dos talentos coruñeses Valeiro e Robertito está a ser suplida por xente xoven, con gañas de progresar. O veterano Manuel é basico n aliña defensiva, así como Ismael no ataque, cegado do Camariñas. Con Gerpe no banco o equipo gañou en consistencia e mentalidade de conxunto, coa salvación como principal obxectivo.
  • S.D. UNION VIMIANZO. - Un magnifico inicio de campaña foi seguido dunha costa abaixo alarmande que acabou coa dimision do adestrador Juan Jesus fai escasas datas. Un fenómeno raro o deste Vimianzo, equipo moi difícil de superar o ano pasado que este ano está a recibir demasiados goles. Os xogadores están algo atenazados e o xogar coa presión de sair do descenso non axuda. As lesións de homes importantes como o mediocentro Adrian non fan facil a travesia polo deserto. Os homes que outros anos tiraron do carro, lease o capitán Ivan, Quintans, Aran ou Lagoa, son os que teñen que dar o do de peito para que o Union se asegure a premanencia na categoría.
  • U.D. CARNOTA. - Dificil está a ser o cambio de rumbo adoptado polo conxunto carnotán. O inicio dunha nova etapa, xa sin Cambeiro no banco, con un novo e xoven presidente como Demetrio, e cunha filosofia de apostar pola xente da casa, está a ser menos cómoda do esperado. Varios factores poden explicar este feito, pero no Carnota o factor clave parece ser a pouca continuidade que está a ter o equipo. Homes tan importantes como Casti, Nico Alvarado, Joselu ou Miki Beiro perderonse moitos partidos na primeira volta, e ainda que os veteranos no equipo como Pedro, Nico ou Pablo Beiro están a rendir ó seu nivel habitual, notanse en demasía as baixas. As reiteradas derrotas na casa pola mínima minan a moral de calquera, pero o empate colleitado en Fisterra na última xornada da un aviso a navegantes: cuidado coas segundas voltas do Carnota, por tradición moi sorprendentes.
  • Manuel Varela (manuelvarela@quepasanacosta.gal).

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios