Xoves. 25.04.2024
El tiempo
Manuel Varela
13:59
07/05/12

Xa somos profesionais no fútbol costeiro?

Xa somos profesionais no fútbol costeiro?
A que ven esta pregunta que adorna o título, vos preguntaredes. Pois no momento que escribo isto, luns ao mediodía, penso en todos os rapaces que senten paixón polo deporte rei e que se pasaron todo o fin de semana correteando polos campos costeiros. E penso principalmente neses poucos afortunados que teñen aínda traballo, un luxo nos tempos que corren, e como estarán a sufrir nos seus quefaceres laborais, a dura fin de semana que vimos de padecer os que nos dedicamos a isto do fútbol modesto. A dobre ración de partidos, sábado e domingo, seguro que deixou a máis de un baldado e con gañas de ir durmir en vez de pelexarse nun campo de fútbol. Porque, señores lectores, para os que non estean enterados contareilles polo miúdo o sutil calendario que están a... disfrutar? os equipos da liga da Costa. Resumindo, o mes de maio empezou con partidos o martes 1, o sábado 5, o domingo 6, e seguiran o sábado 12, o domingo 13 e o xoves 17. Para os... afortunados? que pasen a cuartos de final da copa, o carrusel aínda segue adiante, e si tes a mala sorte de estar en preferente, como lles pasa a catro dos nosos equipos, pois a xogar sábados e domingos dúas semanas mais. Entón atopámonos que a finais de maio un equipo como, por exemplo, o Dumbría, tería xogado nun só mes a friolera de... 10 partidos¡¡¡. 10 partidos en 25 escasos días, un partido cada dous días e medio, nin a NBA, vamos. Está claro que os equipos de maior potencial e mellores planteis, ou os que teñen filiais e bos equipos de xuvenís pois terán menos dificultades para acometer isto, e aínda así co tema dos xuvenís ábrese outro debate pois aínda hai competición. Venme a cabeza o caso do Corme, que ten varios xuvenís xogando todos os fins de semana co equipo de modestos. Eses rapaces vanse curtir a base de ben e de xogar partidos dia si e dia tamén, si señor. O verdadeiro encaixe de bolillos téñeno que facer eses conxuntos con planteis curtos, con moitos lesionados, cousa normal a estas alturas de tempada, ou sen categorías inferiores. Como facer para encaixar todas as pezas deste tetris futbolístico? Pois moi sinxelo, basicamente adulterando competicións. Porque cada un vai mirar para os seus intereses, e está claro que uns centraranse na copa e porán aí os seus mellores homes, e a outros vailles a vida na liga. O problema está en terceiros implicados. ¿ que pensará o equipo X, si necesitando que perda o seu rival por un posto de ascenso, o equipo Y, este se enfronta a un equipo Z que ven de xogar a copa o dia anterior e por iso alinea solo a xuvenís e cadetes? Tras tantas X, Ys e Zs escondese unha incompetencia manifesta dos poderes fácticos para elaborar un calendario en condicións, incompetencia que se ven reiterando ano tras ano. Un, que sempre foi partidario das ligas de 16 equipos para fomentar a competitividade e darlle a importancia que merece a copa da costa, recorda que parte do problema procede daquel ano que por circunstancias de todos coñecidas, se aumentou a 2ª autonómica a 18 equipos. Dende logo, acomodar un calendario con 34 partidos de liga e eliminatorias a dobre partido na copa non e sinxelo. E si parte de culpa terán os entes federativos neste problema, non podemos os clubes esconder a cabeza coa nosa propia parte no problema. Porque cando se fala de reducir o número de equipos en segunda todo o mundo vota en contra. E cando se propoñen eliminatorias a partido único nas primeiras rondas copeiras, non saen adiante. A ver si dunha vez nos deixamos de mirar o ombligo de cada un e somos capaces de ver o interese xeral, porque os nosos equipos, que hoxe están en 2ª, mañá poden estar en preferente e pasado mañá en terceira autonómica. Así que si somos capaces de poñernos de acordo nos temas que deben redundar no ben común, pois moito mellor. Porque, señores, os futbolistas da costa son profesionais, PERO NON DO FUTBOL.

Outros artigo de Manuel Varela

Máis información

Máis novas

Fonte

Comentarios