Venres. 19.04.2024
El tiempo
Óscar de Souto
02:31
05/03/18

O polbo costamorteño

O polbo costamorteño
O polbo nunha lonxa da Costa da Morte O polbo nunha lonxa da Costa da Morte Os incidentes acontecidos en augas do Sahara poñen de moda os octopus galegos e, mais concretamente, o mellor de todos os polbos do mundo… que é, sen dúbida, o polbo costamorteño. A realidade e que todos eses pescadores furtivos marroquies pescando, (saqueando), con caldeiros amarrados a unha corda poden vender moi barato polbo de fondo areoso a dez euros o kilo, colapsando o mercado galego, mediante empresas distribuidoras galegas que o mercan legalmente. Tiran os prezos e fartan de cefalópodos, de menor calidade, este mercado salvaxe que xa nin entende de normas nin de procedencias. E o gobernallo galego e madrileño nada fan para frenar todo esto concientes de que a pesca do polbo en Galicia xa ten os seus días contados. A táctica de Rajoy é, a de sempre, agardar e non facer nada. As novas técnicas na cría do polbo en cautividade, piscifactorías, avanzou tanto que para o 2019 e/ou 2020 a pesca de cefalópodos salvaxes xa non será rentable e iso significa que unha gran parte da flota pesqueira costamorteña vai ter que reconvertirse ou ir para o desgüace. A derradeira estocada ao cerco vai ser este novo rexurdir do polbo de piscifactoría que sairá a moi pouco prezo e en cantidades nunca endexamáis vistas facéndose moi rápidamente co mercado mundial. Pero tamén avanza a cría en cautividade doutras moitas especies e eses novos avances veñen para quedar e para facerse cos mercados polo que tanto furtivos marroquies no sahara como as pesqueiras legales nosas, todos eles, teñen xa os días contados. A ciencia e as tecnoloxías modernas queren facerse co mar e conseguirano e, aquí, nós, na costa atlántica, como pobo mariñeiro que somos, seremos testemuñas obrigadas a presenciar o estrepitoso final da nosa forma de vida mariñeira e eses novos arrastreiros xigantes completamente robotizados peneirarán os océanos ata que só quede a auga e nada máis. A pesca con electricidade foi (de momento) paralizada no parlamento europeo mais a acuicultura e a pesca de arrastre hiper-moderna teñen vía libre para tomar por asalto as lonxas mundiais. Só unha unión de última hora dos armadores, patróns, redeiras/os e mariñeiros para esixir medidas urxentes poidera ser salvación de último segundo con algún tipo de distintivo de calidade para os nosos productos legais e salvaxes (cerco) ou axudas económicas ou algo similar. Mais a unión segue a ser escasa por estes lares. E así nos vai.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios