Os segredos soterrados nas areas do Esteiro do Anllóns
06:38 22/11/17

- 1/ a descomposición activa e máxica dos areais do esteiro;
- 2/ os compoñentes tóxicos e descoñecidos dos plásticos que usamos a cotío.
A descomposición activa e máxica dos areais do esteiro
Forzas naturais propias de este medio destruen a propia pedra e transfórmana en areas finas, areas que se moven, laxes que xorden das profundidades e otras que se esfuman literalmente. O radón, o metano, o fango, as presións da propia superficie do esteiro, as correntes do rio e do mar confluindo, os billóns de efectos químicos propios dun pantano, etc, etc, etc.... resumindo: os plásticos, refugallos, cordeis e porquerias varias son dixeridas pola ribeira e pasan a ser parte microscópica da mesma. Un 40 % destes restos mariños xa esta a dia de hoxe no interior de peixes, poliquetos, crustáceos e moluscos (especialmente os filtradores, como mexillóns, berberechos, percebes, ameixas, etc). Literalmente estamos inxerindo alimentos que conteñen unha parte desa porqueria que algún porco tirou o mar. E como o mar non é un basureiro temos que alzar a nosa voz para evitar a toda costa que dentro de moi poucos anos algún organismo institucional se vexa na obriga de prohibir o consumo de todos os productos que conteñan taxas elevadas destas sustancias. Mais definitivamente eso é o que ocurrirá se non o evitamos.Os compoñentes tóxicos e descoñecidos dos plásticos que usamos a cotío
De momento en españistán non é obrigatorio indicar os compoñentes cos que se fabrica unha botella de auga mineral, por poñer un exemplo. Mais son moitos os productos tóxicos e canceríxenos que integran a maioría dos plásticos que usamos de cote. Nalgunhas guarderías de alto nivel xa se estan incorporando xoguetes sen materiais nocivos (especialmente en paises do norte de Europa). No caso dos materiais plásticos que non teñen nada que ver co consumo humano, exemplo bolsas plásticas, redes ou tanzas, nestes e outros similares os compoñentes altamente tóxicos increméntanse. Algúns destes ingredientes segredos dos plásticos teñen a capacidade de modificar o adn, a variación hormonal do organismo ou son velenosos (como o Bisfenol A). Son cada vez máis numerosos os consumidores que xa non inxiren ningún alimento susceptible ou sospeitoso de conter estas sustancias. E sen entrar demasiado en materia e intentando que se entenda esta mensaxe creo que aínda estamos a tempo de facer saber a toda a veciñanza que todo canto tiramos o mar vainos causar danos moi graves para a saúde e danos moi graves para toda a comarca e con máis intensidade en varios sectores sectores moi estratéxicos, especialmente o sector marisqueiro ou a pesca do cerco. En resumen: como pobo mariñeiro que somos coidemos do noso mar e lembremos que o mar non é un basureiro. Verdescentemente,- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Vínculos indestrutibles.
- Turismofobia: Cando o turismo é negativo.
- Caso Dunas de Laxe.
- A esencia das novidades.
- 17 de maio: Crónica dunha gran desfeita.
- Peregrinos de Autopista.
- A nosa sangue celeste.
- Descende o paro na Costa Morta.
- A creatividade costeira… florece na primavera.
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán.
- O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana.
- Buscando tesouros na praia de Laxe.
- A morte da Costa da Morte.
- Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas.
- Unha de cal e unha de area.
- Obscenidade, sexo e poesía.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).