Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (III): Guía para visitar a exposición en Cee

Detalle dunha obra de Domingos de Andrade-Foto- Tino Viz
Detalle dunha obra de Domingos de Andrade-Foto- Tino Viz
Especial Domingo Antonio de Andrade (III): Guía para visitar a exposición en Cee

A Exposición "Domingo Antonio de Andrade (1639-1712). De Cee a Compostela. Vida e obra dun xenio", está condicionada polas características especiais da sala do Museo e polo feito de ter unha exposición previa de carácter permanente cos fondos da Fundación Fernando Blanco.

Así pois, adaptándonos ó espazo e vitrinas existentes, diseñamos unha exposición que combina o emprego de paneis explicativos con texto e imaxes, con vitrinas que acollen no seu interior diferentes obxectos: desde reproducións de documentos e planos ata libros sobre Andrade ou ferramentas semellantes ás que tería empregado nalguna ocasión para os seus traballos como mestre de escultura e arquitectura.

Tratamos tamén de seguir unha liña expositiva coherente, de cara a facilitar a comprensión dos contidos expostos, e por iso os diferentes paneis van numerados para que, seguindo a orde establecida, calquera persoa interesada en ver esta exposición, e tamén os escolares que se acheguen á mesma, poidan facerse unha idea máis ou menos aproximada da relevancia histórico-artística da figura de Domingo Antonio de Andrade.

Poderíamos establecer tres grandes apartados na exposición: unha primeira, desde o panel 1 ata o 6 no que se fai un percorrido pola vida de Andrade, incluíndo o contexto histórico da súa vila natal, a súa formación, a relación coa Costa da Morte e a influencia da súa obra.
Un segundo apartado, estaría integrado polos paneis do 7 ó 13, que se centra sobre todo na produción artística de Andrade, contextualizando a época barroca e diferenciando entre a súa faceta de entallador de retablos e a de arquitecto con obras na catedral e cidade de Santiago, así como as obras máis salientables fóra de Compostela.
Finalmente, un terceiro apartado está adicado á maneira de traballar a pedra e a madeira, nos paneis do 14 ó 17, así como na maqueta que recrea o traballo dos serrachíns.

A obra de Andrade é de tal magnitude, que non se pode pretender nunha exposición destas características facer un estudio exhaustivo da mesma pero sí unha primeira aproximación que nos permita certamente calibrar a súa valía. Por fortuna, a investigación histórica existente sobre a figura de Andrade medrou nos últimos anos de tal forma que hoxe temos xa unha visión bastante completa da súa obra e incluso contamos con certos datos de interese sobre o que foron algúns aspectos da súa vida diaria.

  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

Comentarios