Martes. 25.06.2024
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (VI): Formación Intelectual

Especial Domingo Antonio de Andrade (VI): Formación Intelectual

O Margarita Philosophica de Domingo Antonio de Andrade nunha edición do sec.XVI

Xunto co seu irmán Antonio cursou estudios eclesiásticos, acadando a prima tonsura, antes de matricularse na Universidade de Santiago.

Domingo Antonio o fará con quince anos, no ano 1654, na carreira de Artes, estudios que non seguirá xa que se matricula no ano seguinte no primeiro da carreira de Cánones.

Como curiosidade sinalar que no seu expediente de matrícula faise constar que ten un lunar junto a la naris, al lado izquierdo. En 1655 foi ingresado no Hospital Real de Santiago sen que poidamos saber a doenza en concreto pero debeu ser de certa importancia xa que non continuará os seus estudos.

A pesar da súa corta estadía na Universidade, Domingo Antonio de Andrade contará con coñecementos de filosofía e dereito canónico, dominando o castelán e, sobre todo, o latín, o que lle permite acceder ás publicacións estranxeiras.

Tamén debeu xogar un papel salientable na súa formación a amizade con Frai Manuel Pereira de Novaes, monxe benedictino en San Martiño Pinario, historiador e home moi culto e respetado.

Andradre contou cunha boa biblioteca persoal, ademáis de ter acceso os mellores libros nas bibliotecas da Universidade, Cabildo ou San Martiño Pinario.
A súa biblioteca persoal foi doada ó colexio dos xesuítas de Santiago pouco antes do seu falecemento. Trala expulsión desta Orde de España en 1767, os libros pasarían a formar parte da Biblioteca da Universidade, aínda que na actualidade non se conservan todos.

Ademais de libros de teoloxía, contaba con outros de xeografía, xeometría e matemáticas, arquitectura civil e militar. Salientar tamén a obra Margarita Philosophica, que abarca casi todos os campos do saber: gramática latina, lóxica, retórica, aritmética, música, xeometría, astronomía, astroloxía, filosofía natural e moral…
Escribiu a obra Excelencias, antigüedad y nobleza de la Arquitectura (1695), onde da testemuño do seu saber e na que defende a dignidade profesional e científica da arquitectura.

Tamén traballou nun tratado sobre artefactos militares que non se conserva. Pola correspondencia mantida no ano 1696 co Conde de Lemos sabemos dos seus experimentos para facer a escritura invisible así como unha bomba “química” destinada a provocar pestes e enfermidades nas liñas inimigas en caso de guerra. É outra faceta máis, a de inventor, da súa complexa personalidade.

  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

 

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

Comentarios