Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Desexos

Amanece cunha cor especial que se expande viscosamente entre montañas ante o desexo xeralizado, máis ou menos estentóreo, de que a sorte veña disimuladamente a petar no tellado a modo de choiva torrencial ou de dulce orballo de cartos. Sociedade capitalista co diñeiro por desexo, anhelo e razón, creando a través dese interno comezón unha enerxía que se desprende baixo a pel entre chisporreteos eléctricos convertidos nunha nube que viaxa espasmódicamente tentando encontrar unha saída corporal. Liberdade vital, esponsoxa e etérea elevándose sobre o mundo terrenal ata o espacio interestelar onde se perde e anula na débil forma da incredulidade e falta de fé.

A maioría da xente ten medo de que se cumplan os seus soños, polo que ao mesmo tempo que os pide desexa estar sen eles consciente ou inconscientemente con ese sempiterno medo humán tan arraigado entre os galegos. Podes levar todo o paleolítico pateando os montes que así que atopes unha cova xa non saes, veuche o medo carallo. Como nos ilustraba neste senso a incomprendida filósofa española Tamara: no cambié, no cambié, no cambié, no cambié, no cambié, sigo siendo la misma pero ya no sufro por tu querer, no cambié, no cambié… incrible paradigma da realidade sentimental que nos atenaza a unha vida monótona onde a boa sorte e os sorrisos son menos reais pola falta de desexo deles; temor ao cambio aferrandose ao coñecido, a tranquilidade, a comodidade.

Ter fe nestas cousas é como rezar a un deus, deus que será máis grande e forte cantas máis persoas crean nel … a realidade futura construea a mentalidade presente. Todo é fruto da túa imaxinación, outro grande filósofo español, ñiianaránará hai que grande tamén este. E así é, pois querer e poder, pero se desexas dúas cousas que se interpoñen no camiño non obteras ningunha. De seguro que todos estamos a querer que nos toque hoxe a lotería e todos diremos, non, eu non quero que non me toque. Iso pensamos, pero sí que o desexamos, idiotas. Estamos a cavilar que: bo vai caer en Madrid, bo aquí nunca cae nada, bo eu non teño sorte con estas cousas pero vou comprar quinse désimos … e aí voa unha nube de desexos … a ver si me toca e bo nunca me toca nada … desexo anulado.

Os galegos son na súa maioría católicos e apostólicos ao chinchimoni. Hai que ir aljo a misa, ter uns cuantos santos a man, os laciños de cores no coche de non sei que historia, os allos contra os malos espíritus, cruceiros cada cen metros, auja bendita para todo lo nuevo, ramas de olivos polos armarios, velas por doquier, faserlle o caldo o cura, merda un jato nejro, etc. Con tanta devosión e tanta xente crendo xuntos como irmáns, ¿como carallo somos un pobo desafortunado? Porque se ben sube a nube enerxética do fervor unánime e dos desexos comúns lojo saen relámpajos cajandonos na virgen, en dios e en todolos santos e a tomar polo cú a nube. Porque a malfalados non nos jana nin o demo. Meu avó era moi jrande como persoa e tiña a súa linguaxe propia e particular soamente entendida polos atentos ollos e oídos de quen suscribe e cando se cajaba disía tal que así: me cajo ninjún dios … disiao moi rápido co ninjún afogado e disimulado para que parecese un home jalejo de pro, para que se entendera e se oira dos seus beizos o que todo fillo de boa familia tiña que desir … fantástico val! Porque en Galisia a un que dija, uy carambas é un mariquita, si de joooba e javita e si di disculpe usted é un sibarita, e tanta brabuconada irrita.

E curioso escoitarnos con atención: a ver sunormal que tamos esperando por ti carallo, cajón dios que lento es joder, hai que ter boa pasiensia contijo me cajo na virjen, veña vamos ostia!! A modo de saudo non está mal, e xa me ves explicandolle a aquela prima italiana que estaba alucinando, porque se entenden, que non pasaba nada, que eran os meus amijos, de verdad que son amijos, tranquila muller esto é normal. Como imos ter a axuda dun deus omnipotente, ha de estar ata a cona do eterno, continuo e atronante pitido nos oidos ao que seguro teñen definido no olimpo por ter a jaleja.

Fai pouco estaba de viaxe por terras españolas e nun día de mañá chamoume miña avoa… comprarás un décimo xa que andas por ahí a ver si nos toca. Onte pola mañá dinlle o décimo, mañán somos ricos abuela!!! Si oh, era boa que aquí non toca nada … ein?? Para que o compramos lo? Hai que telo meu neno. Vale, pero si non hai fé no veremos a lus abuela. E a miña superabuela soltoume un refrán, a sorte non hai que buscala, a sorte hai que esperala e cando chegue saber namorala. Xa me justaría que a sorte caerá de cú ensima miña, ajarrala fuerte e bueno, ejem.

¿Comprendédelo conto? Eche así e senon atrévanse a probalo nas súas casas, maiores, nenos e nenas … non teñades medo a dar cariñitos, a falar ben e a ser positivos que non nos morderemos por sorrir demais. Pois atrevédevos a probar con calqueira tontería, como por exemplo sair un día a tomar algo convencido de … hoxe vanme a invitar a unha copa … pensándoo de cando en vez, pero con convencemento e sendo positivos no afrontar a noite, e xa veredes como funciona … aínda que o convensemento cale tan fondo que marches sin pajar, pero funsionou ou non? Moitos estaredes a pensar que xa o prováchedes coa variante … hoxe vou foder … e que non funcionou. Xa o sei, xa o sei, xa o sei … pero tamén e certo que se ben nos sentínmos os mellores do mundo con tanta copa tamén levemos pegado as suelas do zapatao aljún pequeno rescollo que diga, bo, ponme outra oh, total… ou pode ser que a sorte a que lle tedes pejado o ollo tea desexando que non lle entres, que eso tamén fode o desexo.

Namorarse de la vida aunque a veces duelaaa …. porque vale moito máis a pena vivila con esa intesidade e inocencia tontuela que estar tan afurriñado e protestón. Os días caen un detrás doutro a unha velocidade da que só eres consciente cando te fas máis vello porque xa non eres tan rápido. Total, por probar.

Desexo que en esta mañá vos toque … a lotería mentres estades no baño, o teléfono cunha grata nova, no corasón pensamentos positivos, uns sorrisos entre compañías baratas, no hombro alguén querido mentres camiñades absortos, un bo cacho de chouriso no medio da tortilla, malo será … desexo que vos toque joan manuel serrat unha canción… “De vez en cuando la vida”, veña pa o spotify.

  • Xabier García (xabiergl[arroba]quepasanacosta.gal).

Rolling polas dunas

Fonte

Comentarios